Para facer o noso experimento necesitamos auga, un tubiño pequeno de cristal (por exemplo un frasco de mostra de perfume) e unha probeta ou un vaso de tubo.
En primeiro lugar enchemos de auga a probeta e logo botamos algo de auga no tubiño de cristal. Colocamos o tubiño boca a baixo na probeta procurando que quede flotando case enteiramente afundido. Se logo aplicamos a palma da man á boca da probeta e exercemos presión o tubiño afundirase e ao retirar a man o tubito regresará á superficie.
Explicación
Ao colocar a palma da man sobre a boca da probeta incrementamos a presión que, polo Principio de Pascal, transmítese pola auga a todos os puntos do fluído. A auga é incompresible pero o aire atrapado no tubiño se se pode comprimir. Por tanto, co incremento de presión diminúe o volume do aire atrapado no tubiño, entra máis auga e aumenta o peso. Finalmente o tubiño afúndese.
Se retiramos a palma da man diminúe a presión e o aire atrapado no interior do tubiño recupera o seu volume orixinal desaloxando algo de auga do tubiño. Agora diminúe o peso e o tubiño regresa á superficie.
Ningún comentario:
Publicar un comentario