xoves, 14 de novembro de 2019

Encender unha candea a distancia

Para facer o noso experimento necesitamos unha candea e uns mistos.
Primeiro acendemos a candea cun misto, logo apagamos a candea soprando e, finalmente, achegamos rapidamente outro misto aceso. Vemos que a vela se acende “a distancia”, sen que a chama do misto toque a mecha da vela.
Explicación
Vexamos paso a paso o que sucede ao acender unha candea:
1 Achegamos unha chama á mecha da candea.
2 A calor da chama funde a cera da candea.
3 A cera  derretida ascende pola mecha
4 Ao chegar á chama do misto a cera transfórmase en gas
5 Estes gases, ao mesturarse co osíxeno do aire, entran en combustión liberando luz e calor.
6 A partir de aí o propio calor da chama segue o proceso e xa non é necesaria a chama do misto.

Se apagamos a candea dun  soplido, algo de cera gasosa queda rodeando a mecha da candea e é posible que prendan eses gases aproximando unha chama. Neste caso non é necesario que a chama toque a mecha para acender a candea.

Ningún comentario:

Publicar un comentario