Primeira parte
1 Enchemos un dos vasos con auga
2 Noutro vaso poñemos unha disolución concentrada de auga e alcol.
3 E no terceiro vaso poñemos unha disolución concentrada de auga e sal.
4 Logo metemos os tres vasos no conxelador e esperamos unha hora.
Sacamos os tres vasos do conxelador e vemos que o vaso con auga está conxelado, o vaso con auga e sal está parcialmente conxelado e o vaso con auga e alcol permanece en estado líquido.
Segunda parte
1 Enchemos un dos vasos con auga
2 Noutro vaso poñemos auga e unhas pingas de alcol.
3 E no terceiro vaso poñemos unha mestura concentrada de auga e alcol.
4 Logo metemos os tres vasos no conxelador e esperamos unha hora.
Sacamos os tres vasos do conxelador e vemos que o vaso con auga está conxelado, o vaso coa mestura diluída de auga e alcol está parcialmente conxelado e o vaso coa mestura concentrada de auga e alcol permanece en estado líquido.
Explicación
Ao mesturar sal ou alcol con auga prodúcese un descenso da temperatura de fusión. Coñécese como descenso crioscópico á diminución que experimenta a temperatura de fusión dunha disolución respecto a a temperatura de fusión da auga pura (0 º C).
Na primeira parte do experimento vemos que a auga non se conxela ao engadir sal ou alcol. Con axuda dun termómetro podemos ver que a mestura permanece en estado líquido por baixo dos 0º C.
Por outra banda, a magnitude do descenso crioscópico (o descenso da temperatura de fusión) depende da concentración da disolución.
Na segunda parte do experimento vemos que a mestura concentrada permanece en estado líquido pero a mestura diluída está parcialmente conxelada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario