domingo, 3 de novembro de 2019

Lata equilibrista

Para facer o experimento necesitamos unha lata de refresco, auga e area.
En primeiro lugar poñemos unha lata de refresco baleira verticalmente sobre a mesa. Se se inclina lixeiramente a lata e se solta recupera a vertical. Pero se aumentamos a inclinación a lata termina envorcando. Cun pouco de auga (ou area) a lata permanece en equilibrio sen caer cunha inclinación pronunciada. 
Explicación 
Con auga ou area baixamos o centro de gravidade e lógrase un equilibrio sorprendente ao inclinar a lata. A tendencia do centro de gravidade a recuperar a posición máis baixa é o que permite á lata manterse en equilibrio cunha inclinación pronunciada. Coa lata inclinada e en equilibrio, ao tocar a lata e variar lixeiramente a inclinación sobe o centro de gravidade e a lata recupera a posición orixinal para manter o centro de gravidade máis baixo

Ningún comentario:

Publicar un comentario