sábado, 2 de novembro de 2019

Fantasma atrapado nunha botella

Para facer o  experimento necesitamos unha botella de plástico con auga, unha luva de látex, tesoirasrotulador permanente e unha  arandela metálica do tamaño dos dedos da luva.

Recortamos un dos dedos da nosa luva, decoramos o dedo co  rotulador  e logo metemos a  arandela metálica  na parte inferior. Pódese substituír a  arandela por outro  contrapeso.

Logo metemos o dedo na botella de plástico chea de auga. Para que o experimento funcione correctamente é necesario que quede algo de aire atrapado no dedo e que flote na auga pero practicamente mergullado. Finalmente tápase a botella co tapón.

Cando apertamos a botella obsérvase que o dedo se afunde ata chegar ao fondo. Se deixamos de apertar a botella o dedo ascende á superficie.

Explicación
Antes de presionar a botella, o dedo co peso flota debido a que o seu peso queda contrarrestado pola forza de empuxe exercida pola auga (principio de  Arquímedes). Ao apertar a botella comprímese o aire atrapado na parte superior da botella e no interior do dedo. Entra auga no interior do dedo, polo que se produce un aumento do peso e o dedo afúndese. Ao deixar de apertar a botella a auga sae do dedo que perde peso e ascende á superficie.

Para variar o seu peso e modificar a  flotabilidad, os submarinos están equipados con tanques de lastre que poden encherse con auga tomada do exterior ou aire a presión. Para mergullarse os submarinos abren os tanques de lastre que se enchen completamente de auga. Para emerxer énchense os tanques con aire a presión que despraza a auga.

Ningún comentario:

Publicar un comentario