sábado, 2 de novembro de 2019

Capilaridade nas plantas

Para realizar o noso experimento necesitamos un vaso con auga,  colorante vermello e un  apio con algunhas follas.
Procedemento
Botamos un pouco de auga no vaso cunhas pingas do  colorante. Con medio vaso de auga é suficiente
Cortamos a parte inferior do talo e logo metémolo no vaso.
Esperamos unhas 24 horas
Transcorrido ese tempo vemos que as follas do  apio tínguense de cor vermella. Se practicamos un corte na parte superior do  apio veremos uns puntos vermellos na zona de corte.
Explicación
As plantas absorben auga e outras substancias do chan a través da raíz. Ditas substancias son transportadas ata as follas por uns vasos condutores por capilaridade.
A capilaridade é un fenómeno físico que permite a un líquido ascender por un  tubiño moi fino ata unha certa altura. Cando o líquido sobe polo  tubiño é debido a que as forzas de adhesión das moléculas do líquido coas paredes do  tubito son superiores ás forzas  intermoleculares de cohesión do líquido. A altura que pode lograr o líquido nun capilar está limitada polo propio peso do líquido.
A capilaridade non é o único mecanismo responsable do transporte de auga nas plantas. A  transpiración vexetal na superficie das follas axuda a desprazar a auga e outras substancias polas plantas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario