Alumnado de 5ºB do CEP Campolongo homenaxeando a Nelson Mandela con signos de Yogote durante o curso 2013-14
venres, 17 de xaneiro de 2014
xoves, 16 de xaneiro de 2014
"Sempre semella imposible ata que se fai"
mércores, 15 de xaneiro de 2014
A educación é a arma máis poderosa que un pode usar para cambiar o mundo
A maior gloria na vida non consiste en non caer nunca senón en levantarse cada vez que caemos
luns, 13 de xaneiro de 2014
"Se un fala cun home nunha lingua que el comprende, éntralle na cabeza, pero si un fala na súa lingua, éntralle no corazón"
O alumnado de 6ºA expresando en yogote (código de signos internacional) unha das citas escollidas para este curso 2013-14, para homenaxear a Nelson Mandela. Cita sobre as linguas:
sábado, 11 de xaneiro de 2014
mércores, 8 de xaneiro de 2014
xoves, 2 de xaneiro de 2014
A hora 11
Reflexións de cousas que están a pasar relacionados coa sostenibilidade do medio onde vivimos.
venres, 27 de decembro de 2013
"Hay unha luz" para "Amigos de Calcuta"
Escoitando esta canción podes axudar a ONG "Amigos de Calcuta" que está traballando para que as nenas da India poidan ter unha vida cunha mínima dignidade sacándoas do mundo da prostitución .
Entrar na páxina web "Amigos de Calcuta" . O seu fundador é o oriundo do sur da India Xavier Raj
domingo, 22 de decembro de 2013
18 de Xullo - Día Mundial de Nelson Mandela
Da Internacional de Nelson Mandela (wikipedia) - 18 de xullo - Páxina das Nacións Unidas
Nelson Mandela
Documental da súa vida - History Channel
Películas - Invictus
Ver máis na ligazón da 3ª Circular Estatal da Rede PEA
Máis na categoría deste blogue Nelson Mandela
Citas de Nelson Mandela
Mandela Yogote (Frases)
Vídeo do Encontro Virtual "Peace Indaba"
3ª Circular Estatal da Rede PEA UNESCO
Ver máis na categoría deste blogue "Nelson Mandela".
Artigo Relacionado: 18 de xullo, Día internacional de Nelson Mandela
sábado, 21 de decembro de 2013
Non des as costas - Loita contra a discriminación
O ano 2013 deixou unha emisión filatélica conxunta entre as Américas e a Península Ibérica, na que estes continentes e países se solidarízan coa Loita contra a Discriminación, emitindo un selo que leva por título "Non des as costas". Clica na imaxe para saber máis.
venres, 20 de decembro de 2013
25 Herbas Aromáticas
Aquí temos 25 das herbas aromáticas máis coñecidas das moitas que hai hoxe en día polas nosas terras.
martes, 10 de decembro de 2013
Que é a Declaración e Programa da Acción de Viena ?
A Conferencia Mundial de Dereitos Humanos celebrada en Viena en 1993 é un fito na historia das Nacións Unidas.
A aprobación da Declaración e o Programa de Acción de Viena foi de gran axuda para os nosos esforzos encamiñados a lograr a observancia dos principios da Carta das Nacións Unidas e da Declaración Universal de Dereitos Humanos.
Os 7.000 participantes na Conferencia superaron importantes diferenzas para elaborar un documento final convincente que puxese de relevo o carácter indivisible e interdependente dos dereitos económicos, sociais, culturais, civís e políticos, que se reforzan mutuamente.
A Declaración e o Programa de Acción de Viena reforzaron importantes principios, entre eles a universalidade dos dereitos humanos e a obrigación dos Estados de acatalos. Ademais, proclamou inequivocamente os dereitos da muller e subliñou a necesidade de combater a impunidade, inclusive mediante a creación dunha corte penal internacional permanente.
A promoción e protección dos dereitos confirmouse como un elemento central da identidade e o propósito das Nacións Unidas, o que levou a adoptar a crucial decisión de establecer o cargo de Alto Comisionado para os Dereitos Humanos. Cada vez que eses dereitos se violan ou son ameazados, a voz do Alto Comisionado levántase coherente, clara e resoante en favor da dignidade e a rendición de contas.
A Conferencia de Viena foi un importante fito na loita da humanidade polos dereitos humanos universais. Pero aínda queda un longo camiño por percorrer para converter os principios en realidade. En demasiados lugares, e para demasiadas persoas, os dereitos humanos e o imperio da lei non pasan de ser quimeras.
Só cando a dignidade e a igualdade de dereitos inherentes de todos os membros da familia humana sexan verdadeiramente respectados poderemos confiar na existencia de liberdade, xustiza e paz neste mundo.
Con ocasión da conmemoración do vixésimo aniversario da Declaración e o Programa de Acción de Viena redobremos os nosos esforzos para cumprir a responsabilidade colectiva de promover e protexer os dereitos e a dignidade de todas as persoas en todo o mundo.
BAN Ki-moon
Secretario General de las Naciones Unidas
Ver toda a Declaración e Programa de Acción de Viena

Etiquetas:
Cultura de Paz,
Preguntas
Localización:
Europa
domingo, 8 de decembro de 2013
Revista para as familias do alumnado
A CGEDNL (Coordinadora Galega de Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística) leva xa algúns anos traballando e defendendo o noso máis preciado patrimonio inmaterial, a lingua. Deixamos aquí a ligazón dunha das ferramentas que utiliza, a revista Ollos de Aula, onde se pode visualizar temas de interés relacionados co ensino.
Ver tamén a outra revista da CGEDNL con temas máis desenvolvidos, "A letra miúda"
sábado, 7 de decembro de 2013
Nelson Mandela
"Atesourei o ideal dunha sociedade libre e democrática, na que as persoas poidan vivir xuntas en harmonía e con igualdade de oportunidades. É un ideal polo que estou disposto a morrer» Nelson Mandela
Madiba - 'avó venerable', como lle coñecían en Sudáfrica, foi combativo toda a súa vida. Nado negro nun país dominado por brancos que practicaban a exclusión racial. E non estaba disposto a aceptalo.
27 anos da súa vida consumíronse tralos muros de cárceres sudafricanas.
O seu pecado- Plantar cara ao réxime do Apartheid.
A pesar do illamento ao que quixeron sometelo, Mandela tomou as rendas do seu destino e as do seu país.

A coherencia de Nelson Mandela converterono nunha lenda política viva. Outros, como o Che Guevara, Mahatma Gandhi ou Martin Luther King, foron admirados por levar os seus ideais ata as últimas consecuencias, pero os seus asasinatos contribuíron ao mito, deixando á súa vez a incógnita de si sucumbisen ao poder. No caso de Mandela non hai espazo para a dúbida.
Bono (U2): «Non é só un presidente para Sudáfrica, non só para África; é un presidente para os que aman a liberdade.
A pesar dos logros alcanzados, un dos seus agoiros aínda están a acontecer:
«Pasarán moitos anos para superar os efectos destas leis racistas»
Máis artigos relacionados:
- Ver Frases de Nelson Mandela
- Ver Cronoloxía ata a súa retirada da política.
- Un home sobre a area. Discurso que tiña Mandela na prisión que o animaba a seguir vivindo.
- Discurso sobre os "Sprinboks" na película "Invictus"
- Documental "O xogador nº 16"

Martin Luther King
Traballo feito por Ainhoa e Gabriel A.V. no 50º Aniversario do Discurso "Eu teño un soño" (I have a dream) de Martin Luther King
1ª Circular Coordinadora Estatal Rede PEA Unesco - Curso 2013-14
Na 1ª circular podemos ver:
Propostas do Proxecto "La Ruta del Olivo"
Novo Proxecto Deportivo "O deporte tamén xoga. Un proxecto compartido"
Continuamos co Patrimonio Rural: Traballando os alimentos saudables.
Continua o Proxecto: "Coñecer a rede a través de Poemas do Mundo" e "A Ruta do Esclavo"
Outros : Proxecto Atlántico ....

O deporte tamén xoga: un proxecto com-partido
Este ano, no Congreso Estatal, en Alcoy-Orihuela, naceu un novo Proxecto Deportivo
Titulo: O deporte tamén xoga: un proxecto com-partido
XUSTIFICACIÓN.
O deporte hoxe en día ten unha dimensión social que excede o ámbito dos estadios ou lugares onde se practica. Esta realidade proporciónanos dúas perspectivas do mesmo ben distintas: Por unha banda a actividade física e o deporte proporcionan as bases para un desenvolvemento equilibrado a nivel social e educativo. Por outro, no deporte concéntranse feitos como rivalidades entre afeccionados, dopaxe, gamberrismo extremo, amaño de partidos, apostas, comercialización, Ás veces cunha presenza moi desigual nos medios de comunicación, o que provoca un sesgo de opinión e, o que é peor, de obxectivos e metas na aprendizaxe deportiva.
Este auxe espectacular que alcanzou o deporte e a súa popularidade en todos os ámbitos aumenta a importancia da súa función educativa e fai que ás escolas da RedPEA nos preocupe difundir as mensaxes e ideais establecidos na Carta Internacional da Educación Física e o Deporte, que foi adoptada pola Conferencia Xeral da UNESCO en 1978, no transcurso do seu 20ª reunión.
DESTINATARIOS. Alumnos e alumnas dos centros educativos participantes, Primaria, Secundaria e outros, da Rede de Escolas Asociadas da UNESCO de España.
TEMPORALIZACIÓN. A posta en marcha deste proxecto realizarase durante os dous próximos cursos. A súa continuidade, en canto a tempo e obxectivos, virá determinada polo conseguido nesta primeira fase.
CONTIDOS : Tradicionais: xogos populares, cancións, celebracións autóctonas, Paz: actividades deportivas en torno ao día da paz, carreiras ou competicións solidarias, festas, Sostenibilidade: actividades anti consumo, elaboración e reciclado de material deportivo, aproveitamento do medio natural. Competicións: modalidades de competicións que desenvolven valores propios da Rede, que relacionan centros dentro da mesma, Colaboracións: entre os centros da Rede ou destes con outras institucións. Outros.
PROPOSTA DE TRABALLO . Os centros que desexen participar de forma activa, comunicarano á coordinación estatal , autonómica e ao coordinador do proxecto: Antonio Serrano famisemo@terra.com Esta comunicación incluirá, ademais dos datos do centro, o nome do responsable da participación así como un correo electrónico para o contacto. Cada centro decidirá que contidos traballará e poñerá en común cos demais debendo comunicalo na inscrición e, elaborará algún tipo de material que permita a súa posta en común no próximo encontro. Ao longo do curso, os centros participantes poden enviar ao coordinador as actividades que desexen para ser incluídas no catálogo de actividades que se irá elaborando e no que se incluirán despois todas as presentadas nos encontros. Os centros que desexen organizar algún tipo de competición ou actividade deportiva con outros centros poden solicitalo ao coordinador que fará chegar a súa solicitude a todos os centros participantes.
METODOLOXÍA . Activa e participativa. Contacto directo a través de Internet. Participación nos encontros onde o contacto será directo e permitirá a comunicación de actividades de forma interactiva.
AVALIACIÓN. O proxecto avaliarase , en primeiro lugar pola súa participación. Os centros participantes incluirán un apartado específico co desenvolvemento e valoración da actividade na súa memoria anual. Este apartado será reenviado á coordinación que elaborará a memoria específica do proxecto.
Ver a 1ª Circular Coordinadora Estatal onde está o Proxecto

Carta Internacional de Educación Física e Deporte
A Conferencia Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, reunida en Parides na súa 20.a reunión, o día 21 de novembro de 1978 (...)
Proclama a presente Carta Internacional, a fin de poñer o desenvolvemento da educación física e o deporte ao servizo do progreso humano, favorecer o seu desenvolvemento e exhortar aos gobernos, as organizacións non gobernamentais competentes, os educadores, as familias e os propios individuos a inspirarse nela, difundila e poñela en práctica.
Artigo primeiro. A práctica da educación física e o deporte é un dereito fundamental para todos
Artigo 2. A educación física e o deporte constitúen un elemento esencial da educación permanente dentro do sistema global de educación
Artigo 3. Os programas de educación física e deporte deben responder ás necesidades individuais e sociais
Artigo 4. O ensino, o encadramento e a administración da educación física e o deporte deben confiarse a un persoal cualificado
Artigo 5. Pura a educación física e o deporte son indispensables instalacións e materiais adecuados
Artigo 6. A investigación e a avaliación son elementos indispensables do desenvolvemento da educación física e o deporte
Artigo 7. A información e a documentación contribúen a promover a educación física e o deporte
Artigo 8. Os medios de comunicación de masas deberían exercer unha influencia positiva na educación física e o deporte
Artigo 9. As institucións nacionais desempeñan un papel primordial na educación física e o deporte
Artigo 10. A cooperación internacional é unha das condicións previas do desenvolvemento universal e equilibrado da educación física e o deporte
Ver ligazón na páxina

venres, 6 de decembro de 2013
O V Congreso Galego da Rede PEA UNESCO na Prensa e na Rede
* Pontevedra conmemora "60 anos educando en liberdade" das escolas asociadas á UNESCO (Pontevedra Viva)
* Malabares e cancións para celebrar os 60 anos da rede de escolas asociadas á Unesco (Diario de Pontevedra)
* Catorce centros galegos asociados da Unesco reúnense na cidade (La Voz de Galicia)
* A Consellería de Cultura e Educación participa na inauguración do V encontro galego de Escolas Asociadas da UNESCO (Consellería de Educación)
* 150 alumnos participan de la "educación en libertad" de la red Unesco (Faro de Vigo)
* Un "soplo de aire fresco" de 60 años (Faro de Vigo)
* As doce escolas galegas asociadas á Unesco intercambiarán experiencias en Pontevedra (Pontevedra Viva)
* Recorte de prensa ...
* Primeiras xuntanzas para organizar o V Congreso Galego das Escolas Asociadas Unesco (Unescolongo)
* Programa - Vº Congreso Galego Escolas Asociadas á UNESCO (Unescolongo)
* Ver fotos
Ver experimentos
Vídeo do IES Pazo da Mercé

xoves, 5 de decembro de 2013
Carrusel de chocolate e gasosa
Experimento presentado polo IES Pazo da Mercé durante o "V Congreso Galego das Escolas Asociadas Unesco"
Líquido en chanzos
Traballando a densidade. A fórmula para calcular a densaidad dun líquido : p= m/v (p=densidade)
Ver vídeo sobre a explicación da densidade.
Experimento feito polo IES Pazo da Mercé no "V Congreso das Escolas Galegas Asociadas Unesco"
Bola ingrávida
Un dos experimento feito polo IES Pazo da Mercé durante o "V Congreso das Escolas Asociadas Unesco".
Recordamos que: a auga é máis densa que o aceite e este máis denso que ao alcohol. Por isto o aceite flota sobre a auga e o alcohol sobre o aceite
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)