sábado, 7 de decembro de 2013

O deporte tamén xoga: un proxecto com-partido

Este ano, no Congreso Estatal, en Alcoy-Orihuela, naceu un novo Proxecto Deportivo 

Titulo: O  deporte tamén xoga: un proxecto com-partido

XUSTIFICACIÓN.
O deporte hoxe en día ten unha dimensión social que excede o ámbito dos estadios ou lugares onde se practica. Esta realidade proporciónanos dúas perspectivas do mesmo ben distintas:  Por unha banda a actividade física e o deporte proporcionan as bases para un desenvolvemento equilibrado a nivel social e educativo.  Por outro, no deporte concéntranse feitos como rivalidades entre afeccionados, dopaxe, gamberrismo  extremo, amaño de partidos, apostas, comercialización, Ás veces cunha presenza moi desigual nos medios de comunicación, o que provoca un sesgo de opinión e, o que é peor, de obxectivos e metas na aprendizaxe deportiva.
Este auxe espectacular que alcanzou o deporte e a súa popularidade en todos os ámbitos aumenta a importancia da súa función educativa e fai que ás escolas da RedPEA  nos preocupe  difundir as mensaxes e ideais establecidos na Carta Internacional da Educación Física e o Deporte, que foi adoptada pola Conferencia Xeral da UNESCO en 1978, no transcurso do seu 20ª reunión.

DESTINATARIOS. Alumnos e alumnas dos centros educativos participantes, Primaria, Secundaria e outros, da Rede de Escolas Asociadas da UNESCO de España.

TEMPORALIZACIÓN.  A posta en marcha deste proxecto realizarase durante os dous próximos cursos. A súa continuidade, en canto a tempo e obxectivos, virá determinada polo conseguido nesta primeira fase.

 CONTIDOS :  Tradicionais: xogos populares, cancións, celebracións autóctonas,  Paz: actividades deportivas en torno ao día da paz, carreiras ou competicións solidarias, festas, Sostenibilidade: actividades anti consumo, elaboración e reciclado de material deportivo, aproveitamento do medio natural.  Competicións: modalidades de competicións que desenvolven valores propios da Rede, que relacionan centros dentro da mesma, Colaboracións: entre os centros da Rede ou destes con outras institucións. Outros.

PROPOSTA DE TRABALLO . Os centros que desexen participar de forma activa, comunicarano á coordinación estatal , autonómica e ao coordinador do proxecto: Antonio Serrano famisemo@terra.com  Esta comunicación incluirá, ademais dos datos do centro, o nome do responsable da participación así como un correo electrónico para o contacto.  Cada centro decidirá que contidos traballará e poñerá en común cos demais debendo comunicalo na inscrición e, elaborará algún tipo de material que permita a súa posta en común no próximo encontro.  Ao longo do curso, os centros participantes poden enviar ao coordinador as actividades que desexen para ser incluídas no catálogo de actividades que se irá elaborando e no que se incluirán despois todas as presentadas nos encontros.  Os centros que desexen organizar algún tipo de competición ou actividade deportiva con outros centros poden solicitalo ao coordinador que fará chegar a súa solicitude a todos os centros participantes.

METODOLOXÍA . Activa e participativa.  Contacto directo a través de Internet.  Participación nos encontros onde o contacto será directo e permitirá a comunicación de actividades de forma interactiva.

AVALIACIÓN.   O proxecto  avaliarase , en primeiro lugar pola súa participación.  Os centros participantes incluirán un apartado específico co desenvolvemento e valoración da actividade na súa memoria anual.  Este apartado será reenviado á coordinación que elaborará a memoria específica do proxecto.

Ver a 1ª Circular Coordinadora Estatal onde está o Proxecto

Ningún comentario:

Publicar un comentario