sábado, 7 de decembro de 2013

Nelson Mandela


"Atesourei o ideal dunha sociedade libre e democrática, na que as persoas poidan vivir xuntas en harmonía e con igualdade de oportunidades. É un ideal polo que estou disposto a morrer» Nelson Mandela

Madiba  - 'avó venerable', como lle coñecían en Sudáfrica,  foi combativo toda a súa vida. Nado negro nun país dominado por brancos que practicaban a exclusión racial. E non estaba disposto a aceptalo.

27 anos da súa vida consumíronse tralos muros de cárceres sudafricanas.

O seu pecado-  Plantar cara ao réxime do Apartheid

A pesar do illamento ao que quixeron sometelo, Mandela tomou as rendas do seu destino e as do seu país.

A coherencia de Nelson Mandela  converterono nunha lenda política viva. Outros, como o Che Guevara, Mahatma Gandhi ou Martin Luther King, foron admirados por levar os seus ideais ata as últimas consecuencias, pero os seus asasinatos contribuíron ao mito, deixando á súa vez a incógnita de si sucumbisen ao poder. No caso de Mandela non hai espazo para a dúbida.

Bono (U2): «Non é só un presidente para Sudáfrica, non só para África; é un presidente para os que aman a liberdade.

A pesar dos logros alcanzados, un dos seus agoiros aínda están a acontecer:

«Pasarán moitos anos para superar os efectos destas leis racistas»

Máis artigos relacionados:

- Ver Frases de Nelson Mandela

- Ver Cronoloxía ata a súa retirada da política.

Un home sobre a area. Discurso que tiña Mandela na prisión que o animaba a seguir vivindo.

- Discurso sobre os "Sprinboks" na  película "Invictus"

- Documental "O xogador nº 16"


Ningún comentario:

Publicar un comentario