sábado, 7 de decembro de 2013

Carta Internacional de Educación Física e Deporte

A Conferencia Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, reunida en Parides na súa 20.a reunión, o día 21 de novembro de 1978 (...) 

Proclama a presente Carta Internacional, a fin de poñer o desenvolvemento da educación física e o deporte ao servizo do progreso humano, favorecer o seu desenvolvemento e exhortar aos gobernos, as organizacións non gobernamentais competentes, os educadores, as familias e os propios individuos a inspirarse nela, difundila e poñela en práctica. 

Artigo primeiro. A práctica da educación física e o deporte é un dereito fundamental para todos 

Artigo 2. A educación física e o deporte constitúen un elemento esencial da educación permanente dentro do sistema global de educación 

Artigo 3. Os programas de educación física e deporte deben responder ás necesidades individuais e sociais 

Artigo 4. O ensino, o encadramento e a administración da educación física e o deporte deben confiarse a un persoal cualificado 

Artigo 5. Pura a educación física e o deporte son indispensables instalacións e materiais adecuados 

Artigo 6. A investigación e a avaliación son elementos indispensables do desenvolvemento da educación física e o deporte 

Artigo 7. A información e a documentación contribúen a promover a educación física e o deporte 

Artigo 8. Os medios de comunicación de masas deberían exercer unha influencia positiva na educación física e o deporte 

Artigo 9. As institucións nacionais desempeñan un papel primordial na educación física e o deporte 

Artigo 10. A cooperación internacional é unha das condicións previas do desenvolvemento universal e equilibrado da educación física e o deporte

Ver ligazón na páxina

Ningún comentario:

Publicar un comentario