domingo, 23 de febreiro de 2014

Concertos Didácticos no CMUS Manuel Quiroga

O CMUS Manuel Quiroga  , escola galega  da Rede PEA UNESCO   está xa a organizar os concertos didácticos deste ano. As datas serán o 23, 24 e 25 de abril, en horario de 10 ou 11:30 h (dúas sesions por dia).
 O tema deste ano será "West Side Story" con musica en directo a cargo dos profesores do centro e con monicreques a cargo da compañia Viravolta. 

Está destinado para alumnado de primaria, de 1º a 6º.

As peticións seran atendidas por orden de chegada ata cubrir o aforo maximo.

Todos aqueles interesados en participar enviade a petición a : cmus.pontevedra@edu.xunta.es  indicando a escola, o numero e o curso dos alumnos/as, e a  hora e dia elexido.


venres, 7 de febreiro de 2014

WWF premia a Bolivia pola designación do humedal protexido máis grande do mundo

WWF premia a Bolivia. Os "Llanos de Moxos"  son agora a maior área de humedais de importancia internacional dentro da Convención de Ramsar sobre os Humedais, un tratado intergubernamental de acción nacional e cooperación internacional para a conservación e o uso sostenible dos humedales e os seus recursos.

mércores, 5 de febreiro de 2014

Vídeo do Encontro "Ágora de Paz" das Escolas Asociadas Unesco - 2014


No vídeo, gravado no CEP Campolongo, está recollido o 1º Encontro virtual da "Ágora de Paz", coas presentacións das diferentes Escolas Asociadas Unesco, unha de Euskadi, outra de Principado de Andorra, outra de Sevilla ... e varias galegas, IES Pedra da Auga, IES Pazo da Mercé, IES Seoane, CEIP Isidora Riestra, CEP Campolongo ...
Todas fixemos un resumo do traballado nas Escolas no DENIP  (Día Escolar da Non Violencia e da Paz). Este ano estivo centrado na figura do recente falecido Nelson Mandela.

Ver algunhas das fotos do CEP Campolongo.

Ver a gravación enteira ofrecida pola Universidade de Vigo 

2014-Ano de Palestina (ONU)

A ONU ven de declarar o 2014 como Ano Internacional de Solidariedade con Palestina 
 Agora que estamos lembrando o legado de Nelson Mandela, non estaría de mais lembrar aquela frase na que di: " A nosa liberdade será incompleta sen a liberdade dos palestinos".

Gravación do encontro Ágora de Paz 2014

Clicando na imaxe poderás ver o evento enteiro da Ágora de Paz virtual que se celebrou o 30 de xaneiro de 2014 entre varias Escolas Asociadas Unesco de varias comunidades. A gravación é integra, por iso veranse tamén os fallos de son e de sincronización que houbo no acto.
A minutaxe é a seguinte, máis ou menos:

domingo, 2 de febreiro de 2014

Novos Encontros virtuais para o 21 de marzo

Despois da recente xornada virtual na "webvinar" creada para a UNESCO, pola Universidade de Vigo, xa se están quentando os motores para outra con máis amplas espectativas de participación. 
Clica na seguinte ligazón para ver os encontros que se ofrecen para esta vindeira xornada o Día Mundial da Poesía - 21 de Marzo

Día Mundial dos Humidais

Hoxe, día 2 de febreiro, Día da Candelaria, e tamén Día Mundial dos Humidais, a Asociación Vaipolorío organizou unha  saída  informativa e reivindicativa de protección dos humidais, neste caso das brañas (terreo húmido que pode ser prado ou monte baixo)  que temos polo río "Ghafos".
Falouse do Convenio de Ramsar, das distintas zonas do río que son brañas todo ano, das que son esporádicas dependendo do tempo. Do perigo que corren  estos espazos pola falta de concienciación dos especuladores. Da importancia das pozas ou "charcas" pola moita vida  que nela teñen.

venres, 31 de xaneiro de 2014

DENIP 2014 - Peace Indaba


Este ano tivemos dous actos moi diferentes para celebrar o DENIP (Día Escolar da Non Violencia e a Paz), un deles foi onte, no patio da Escola, cantando e bailando a preciosa canción "Alegría" do Circo do Sol, e outro hoxe, nunha denominada "Webvinar"  compartindo experiencias da Paz con outros centros de diferentes Escolas Asociadas Unesco, como o Isidora Riestra de Poio, os IES de Pedra da Auga de Ponteareas, o do Pazo da Mercé das Neves, o IES Seoane de Monteporreiro, e outras non galegas, como a de S. Félix de Cantalicio de Ikastexea, Bizkaia, ou a Escola Andorrana de Segona Ensenyança de Santa Colona, ou o CEIP son Serra, de Sa Vileta en Palma de Mallorca.

xoves, 30 de xaneiro de 2014

Webvinar para espectadores (ver e chatear)

Clicando na imaxe e poñendo un nome de invitado, por exemplo Campolongo-6ºA, ou Cabanas 1º .... Poderás acceder como invitado e ver que se está a facer nesa "webvinar" se está activada. Este venres de 12:00 h a 13:00 h estaremos conectados varios centros falando sobre o DENIP (Día Escolar da Non Violencia e a Paz).  Para acceder como "Presentador" existe outra entrada.

DENIP 2014

Ver  fotos
Este xoves 30 de xaneiro celebramos o noso DENIP (Día Escolar da Non Violencia e a Paz). Tivemos sorte porque practicamente estivo chovendo toda a semana, por non dicir todo o que levamos de inverno.
Puidemos cantar e bailar a canción "Alegría"  do Circo do Sol, adaptada e preparada por Misi, a profe de música. Entre a canción e a coreografía algúns grupos recitaron con axuda dos xestos de Yogote algunhas das citas de Nelson Mandela.

luns, 27 de xaneiro de 2014

sábado, 18 de xaneiro de 2014

Peace Indaba

O CEP Campolongo, xunto con outros, tanto da Galiza como doutros da península,  está participando neste proxecto  Peace Indaba (palabra prestada do Zulu, que significa “Encontro”  e é ampliamente utilizada nas actividades abertas nun grupo, tanto de discusión ou de proxectos conxuntos). Neste caso utilizarase como foro de discusión sobre aspectos da paz no mundo.
O 1º “Peace Indaba” coincidirá co "Día Mundial da Poesía" o 21 de marzo deste ano 2014 e tamén co Día Internacional pola eliminación da Discriminación Racial, que foi establecido este conmemorando a Masacre de Sharpeville. E este ano estará centrado no recente falecido Premio Nobel da Paz Nelson Mandela,  unha das figuras referentes na cultura de Paz.

A nosa 1ª actividade EN GRUPO CON OUTRAS ESCOLAS vaise intentar facer o VENRES 31 de xaneiro,   de 12:00 h -13:00 , un día despois do DENIP 

Ver proceso de como está organizando a actividade

De todas as citas a traballar de Nelson Mandela, o venres 31 de xaneiro, nós temos adxudica na WEBVINAR  , unha sobre as linguas. Temos outras que se nomearán  pero non se farán en yogote por falta de tempo ó ser varios os centros participantes.

Máis información en :   Ágora de Paz

Ver vídeo do encontro

"Ninguén nace odiando a outra persona pola súa cor da pel, ou a súa orixe ou a súa relixión"


O alumnado de 5ºC homenaxeando a Nelson Mandela cunha das súas citas e coa linguaxe de signos internacional "Yogote":
"Ninguén nace odiando a outra persona pola súa cor da pel, ou a súa orixe ou a súa relixión"


xoves, 2 de xaneiro de 2014

A hora 11


Reflexións de cousas que están a pasar relacionados coa sostenibilidade do medio onde vivimos.