venres, 31 de xaneiro de 2014

DENIP 2014 - Peace Indaba


Este ano tivemos dous actos moi diferentes para celebrar o DENIP (Día Escolar da Non Violencia e a Paz), un deles foi onte, no patio da Escola, cantando e bailando a preciosa canción "Alegría" do Circo do Sol, e outro hoxe, nunha denominada "Webvinar"  compartindo experiencias da Paz con outros centros de diferentes Escolas Asociadas Unesco, como o Isidora Riestra de Poio, os IES de Pedra da Auga de Ponteareas, o do Pazo da Mercé das Neves, o IES Seoane de Monteporreiro, e outras non galegas, como a de S. Félix de Cantalicio de Ikastexea, Bizkaia, ou a Escola Andorrana de Segona Ensenyança de Santa Colona, ou o CEIP son Serra, de Sa Vileta en Palma de Mallorca.
 Para ser primeira que facemos esta actividade virtual pensamos que a valoración foi moi positiva, xa que foron moitos os alumnos implicados. Houbo algún problema de axusten de son, sobre todo, que coidamos nunha vindeira nova conexión serán solventados.
Esperamos e desexamos, agora que temos xa unha experiencia que o número de participantes sexa maior, tanto nas escolas como do alumnado participando nas actividades.

Ver algunhas fotos do evento  do CEP Campolongo  (aínda faltan por subir algunhas)

Artigo relacionado na Escola Asociada IES Pedra da Auga (Ponteareas). 

Ningún comentario:

Publicar un comentario