Os Obxectivos do Desenvolvemento Sustentable (ODS) constitúen unha axenda (ata 2030), para o desenvolvemento sustentable de carácter universal, unha axenda "das persoas, polas persoas e para as persoas", elaborada coa participación activa da UNESCO.
Neste contexto, a UNESCO destacará e reafirmará a importancia de:
- a educación de calidade e inclusiva para todos e para conseguir o desenvolvemento sustentable. O Desenvolvemento Sustentable comeza na escola
- a protección do patrimonio cultural e a loita contra o tráfico ilícito de bens culturais,
- resolver os problemas educativos nas áreas de ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas que afronta o mundo hoxe en día,
- investir na mocidade e o acceso á educación para loitar contra o extremismo violento,
- o papel da liberdade de expresión e o acceso á información e o coñecemento no desenvolvemento sustentable, e
- a igualdade de xénero e a emancipación das mulleres no desenvolvemento sustentable e unha paz duradeira
Ningún comentario:
Publicar un comentario