"Unha noite na eira do trigo" cantada polo alumnado do IES Seoane, acompañados dos Titititeiros de Poio, en homenaxe a Graciela e Maridée da Escola José Hernández de Bos Aires de Arxentina, polo ben que acolleron ó IES Seoane cando alí foron .
Unha noite na eira do trigo
Ó refrexo do branco luar
Unha nena choraba sin trégolas
Os desdés dun ingrato galán.
I a coitada entre queixas decía:
Xa no mundo non teño a ninguén,
Vou morrer e non ven os meus ollos,
Os olliños do meu doce ben.
Os seus ecos de melencolía,
Camiñaban nas alas do vento
I o lamento repetía
Vou morrer e non vén o meu ben.
Lonxe dela de pé sobre a popa
Dun aleve negreiro vapor
Emigrando camiño de américa
Vai o probe e infeliz amador.
I ó mirar as xentís anduriñas
Cara a terra que deixa cruzar
Quen puidera dar volta pensaba
Quen puidera convosco voar.
Mais as aves e o buque fuxían,
Sin ouir seus amargos lamentos,
Só os ventos repetían,
Quen puidera convosco voar.
Noites craras de aromas e lúa,
Desde entón que tristeza en vós hai
Pros que viron chorar unha nena,
Pros que viron un barco marchar.
Dun amor celestial verdadeiro,
Quedou soio de bágoas a proba
Unha cova nun outeiro
I un cadavre no fondo do mar..
Ningún comentario:
Publicar un comentario