Se clicas na imaxe e poderás ver un dosier sobre o turismo : tipos, efectos positivos e negativos, patrimonio mundial e turismo sostible, educación en patrimonio,...
O resumo final do dosier é:
" Sempre defendemos a educación sobre o patrimonio a vivencia directa sobre este. Hai que potenciar as visitas aos lugares do patrimonio. Facer interesante a visita a un sitio cultural ou natural require dunha coidadosa e metódica preparación. Unha xira apropiadamente organizada pode inspirar o estudante a comprometerse a apoiar medidas de longo prazo a favor da súa protección e conservación.
Tamén se debe animar os nosos alumnos a que participen en campañas de restauración de edificios patrimoniais ou de escavación en zonas arqueolóxicas. É importante que os mozos reflexionen sobre a eventual contribución que eles, como futuros responsables de decisións, poderán facer á administración dos sitios do patrimonio.
O turismo non pode existir sen a cultura, xa que ela é precisamente unha das principais motivacións para viaxar. O turismo pode representar unha escola para o desenvolvemento da tolerancia, na que todos podemos encontrar un mundo, que sendo único é á vez moi diverso.
O turismo sostible é unha industria que intenta causar o menor impacto posible sobre o medio, o ámbito e a cultura local, á vez que axuda a xerar riqueza, traballo e ferramentas para protexer e conservar recursos e ecosistemas locais. Polo tanto, falamos de responsabilidade ecolóxica e cultural, que ten incidencia non nada máis sobre os aspectos ambientais, senón tamén sobre aspectos económicos e sociais. Por todo iso hase de facer un uso óptimo dos recursos ambientais, respectando e conservando os procesos biolóxicos e o patrimonio. E hase de respectar e preservar a autenticidade sociocultural das comunidades, todo promovendo a educación, o entendemento e a tolerancia intercultural.
"Rien ne sert de gagner a lune se on se peut garder a terre"
FRANÇOIS MAURIAC
Ningún comentario:
Publicar un comentario