Na 1ª circular podemos ver:
Propostas do Proxecto "La Ruta del Olivo"
Novo Proxecto Deportivo "O deporte tamén xoga. Un proxecto compartido"
Continuamos co Patrimonio Rural: Traballando os alimentos saudables.
Continua o Proxecto: "Coñecer a rede a través de Poemas do Mundo" e "A Ruta do Esclavo"
Outros : Proxecto Atlántico ....
sábado, 7 de decembro de 2013
O deporte tamén xoga: un proxecto com-partido
Este ano, no Congreso Estatal, en Alcoy-Orihuela, naceu un novo Proxecto Deportivo
Titulo: O deporte tamén xoga: un proxecto com-partido
XUSTIFICACIÓN.
O deporte hoxe en día ten unha dimensión social que excede o ámbito dos estadios ou lugares onde se practica. Esta realidade proporciónanos dúas perspectivas do mesmo ben distintas: Por unha banda a actividade física e o deporte proporcionan as bases para un desenvolvemento equilibrado a nivel social e educativo. Por outro, no deporte concéntranse feitos como rivalidades entre afeccionados, dopaxe, gamberrismo extremo, amaño de partidos, apostas, comercialización, Ás veces cunha presenza moi desigual nos medios de comunicación, o que provoca un sesgo de opinión e, o que é peor, de obxectivos e metas na aprendizaxe deportiva.
Este auxe espectacular que alcanzou o deporte e a súa popularidade en todos os ámbitos aumenta a importancia da súa función educativa e fai que ás escolas da RedPEA nos preocupe difundir as mensaxes e ideais establecidos na Carta Internacional da Educación Física e o Deporte, que foi adoptada pola Conferencia Xeral da UNESCO en 1978, no transcurso do seu 20ª reunión.
DESTINATARIOS. Alumnos e alumnas dos centros educativos participantes, Primaria, Secundaria e outros, da Rede de Escolas Asociadas da UNESCO de España.
TEMPORALIZACIÓN. A posta en marcha deste proxecto realizarase durante os dous próximos cursos. A súa continuidade, en canto a tempo e obxectivos, virá determinada polo conseguido nesta primeira fase.
CONTIDOS : Tradicionais: xogos populares, cancións, celebracións autóctonas, Paz: actividades deportivas en torno ao día da paz, carreiras ou competicións solidarias, festas, Sostenibilidade: actividades anti consumo, elaboración e reciclado de material deportivo, aproveitamento do medio natural. Competicións: modalidades de competicións que desenvolven valores propios da Rede, que relacionan centros dentro da mesma, Colaboracións: entre os centros da Rede ou destes con outras institucións. Outros.
PROPOSTA DE TRABALLO . Os centros que desexen participar de forma activa, comunicarano á coordinación estatal , autonómica e ao coordinador do proxecto: Antonio Serrano famisemo@terra.com Esta comunicación incluirá, ademais dos datos do centro, o nome do responsable da participación así como un correo electrónico para o contacto. Cada centro decidirá que contidos traballará e poñerá en común cos demais debendo comunicalo na inscrición e, elaborará algún tipo de material que permita a súa posta en común no próximo encontro. Ao longo do curso, os centros participantes poden enviar ao coordinador as actividades que desexen para ser incluídas no catálogo de actividades que se irá elaborando e no que se incluirán despois todas as presentadas nos encontros. Os centros que desexen organizar algún tipo de competición ou actividade deportiva con outros centros poden solicitalo ao coordinador que fará chegar a súa solicitude a todos os centros participantes.
METODOLOXÍA . Activa e participativa. Contacto directo a través de Internet. Participación nos encontros onde o contacto será directo e permitirá a comunicación de actividades de forma interactiva.
AVALIACIÓN. O proxecto avaliarase , en primeiro lugar pola súa participación. Os centros participantes incluirán un apartado específico co desenvolvemento e valoración da actividade na súa memoria anual. Este apartado será reenviado á coordinación que elaborará a memoria específica do proxecto.
Ver a 1ª Circular Coordinadora Estatal onde está o Proxecto

Carta Internacional de Educación Física e Deporte
A Conferencia Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, reunida en Parides na súa 20.a reunión, o día 21 de novembro de 1978 (...)
Proclama a presente Carta Internacional, a fin de poñer o desenvolvemento da educación física e o deporte ao servizo do progreso humano, favorecer o seu desenvolvemento e exhortar aos gobernos, as organizacións non gobernamentais competentes, os educadores, as familias e os propios individuos a inspirarse nela, difundila e poñela en práctica.
Artigo primeiro. A práctica da educación física e o deporte é un dereito fundamental para todos
Artigo 2. A educación física e o deporte constitúen un elemento esencial da educación permanente dentro do sistema global de educación
Artigo 3. Os programas de educación física e deporte deben responder ás necesidades individuais e sociais
Artigo 4. O ensino, o encadramento e a administración da educación física e o deporte deben confiarse a un persoal cualificado
Artigo 5. Pura a educación física e o deporte son indispensables instalacións e materiais adecuados
Artigo 6. A investigación e a avaliación son elementos indispensables do desenvolvemento da educación física e o deporte
Artigo 7. A información e a documentación contribúen a promover a educación física e o deporte
Artigo 8. Os medios de comunicación de masas deberían exercer unha influencia positiva na educación física e o deporte
Artigo 9. As institucións nacionais desempeñan un papel primordial na educación física e o deporte
Artigo 10. A cooperación internacional é unha das condicións previas do desenvolvemento universal e equilibrado da educación física e o deporte
Ver ligazón na páxina

venres, 6 de decembro de 2013
O V Congreso Galego da Rede PEA UNESCO na Prensa e na Rede
* Pontevedra conmemora "60 anos educando en liberdade" das escolas asociadas á UNESCO (Pontevedra Viva)
* Malabares e cancións para celebrar os 60 anos da rede de escolas asociadas á Unesco (Diario de Pontevedra)
* Catorce centros galegos asociados da Unesco reúnense na cidade (La Voz de Galicia)
* A Consellería de Cultura e Educación participa na inauguración do V encontro galego de Escolas Asociadas da UNESCO (Consellería de Educación)
* 150 alumnos participan de la "educación en libertad" de la red Unesco (Faro de Vigo)
* Un "soplo de aire fresco" de 60 años (Faro de Vigo)
* As doce escolas galegas asociadas á Unesco intercambiarán experiencias en Pontevedra (Pontevedra Viva)
* Recorte de prensa ...
* Primeiras xuntanzas para organizar o V Congreso Galego das Escolas Asociadas Unesco (Unescolongo)
* Programa - Vº Congreso Galego Escolas Asociadas á UNESCO (Unescolongo)
* Ver fotos
Ver experimentos
Vídeo do IES Pazo da Mercé

xoves, 5 de decembro de 2013
Carrusel de chocolate e gasosa
Experimento presentado polo IES Pazo da Mercé durante o "V Congreso Galego das Escolas Asociadas Unesco"
Líquido en chanzos
Traballando a densidade. A fórmula para calcular a densaidad dun líquido : p= m/v (p=densidade)
Ver vídeo sobre a explicación da densidade.
Experimento feito polo IES Pazo da Mercé no "V Congreso das Escolas Galegas Asociadas Unesco"
Bola ingrávida
Un dos experimento feito polo IES Pazo da Mercé durante o "V Congreso das Escolas Asociadas Unesco".
Recordamos que: a auga é máis densa que o aceite e este máis denso que ao alcohol. Por isto o aceite flota sobre a auga e o alcohol sobre o aceite
mércores, 4 de decembro de 2013
Falsos coquiños
Un dos experimentos de cociña presentados polo CEP Marcos da Portela de Monteporreiro durante o "V Congreso das Escolas Asociadas Unesco"
Descomposición de cores
Un dos experimento presentado polo CEP Marcos da Portela no "V Congreso Galego das Escolas Asociadas Unesco"
martes, 3 de decembro de 2013
xoves, 28 de novembro de 2013
mércores, 27 de novembro de 2013
Submarinos
Experimento presentado no V Congreso Galego da Rede PEA Unesco polo IES Pedra da Auga de Ponteareas (Pontevedra)
Ver máis experimentos
Invisibles
Experimento presentado no V Congreso Galego da Rede PEA Unesco polo IES Pedra da Auga de Pontevedra.
Ver máis experimentos.
3º Día do V Congreso Galego das Escolas Asociadas Unesco
Clicando na imaxe entrarás e verás as fotos do V Congreso Galego das Escolas Asociadas Unesco.
Agora xa hai fotos dos tres días, 25, 26, e 27 de Novembro de 2013.
Sobre o terceiro día comentar que tivemos que esperar, algúns, un pouco a que se ensaiara a presentación das Conclusións do Congreso e a Lectura do Manifesto. Logo, cando chegaron as autoridades para clausurar o acto, interviron os grupos de Yogote xestualizando varias linguas: Francés, Alemán, Ruso, Árabe ....., de seguido as as pandereteiras para rematar coas lecturas antes comentadas e a entrega dos diplomas para todos os congresitas.
martes, 26 de novembro de 2013
O grupo de Campolongo no V Congreso Galego da Rede PEA UNESCO
Aquí están os rapaces de Campolongo xunto cos alumnos de acollida doutros centros , IES Pazo da Mercé das Neves e IES Pedra da Auga de Ponteareas.
2º Día do V Congreso Galego da Rede PEA UNESCO
Hoxe comezamos coa "Xincana do Patrimonio do Centro Histórico de Pontevedra". Que frío facía!!! Fomos capeando o temporal, foi unha pena, de todos xeitos traballamos un montón para cubrir moitas das actividades que nos pediron. Colaboraron un montón os maiores doutros centros. Unha experiencia moi bonita a pesar do frío das primeiras horas, onde o vento ás veces quería recordarnos que xa temos o inverno enriba.
Pola tarde xa foi máis doada que a de onde, os rapaces xa se movían con máis soltura polo Pazo de Cultura. Os experimentos "xa botaban fume" e os xogos non paraban.
Mañá xa temos a clausura, xa remataou o traballo, leremos as conclusións e despedirémonos dos nosos compañeiros de traballo destas xornadas.
As fotos de hoxe están metidas coas de onte, pois hoxe foron bastantes menos as que se fixeron, para non repetir moito.
Ver o grupo de Campolongo
As fotos de hoxe están metidas coas de onte, pois hoxe foron bastantes menos as que se fixeron, para non repetir moito.
luns, 25 de novembro de 2013
Fotos e comentarios do V Congreso Galego da Rede PEA UNESCO
Clica na imaxe para ver as fotos do 1º día (25 de novembro de 2013)
A primeira xornada foi moi intensa. Tivemos que montar todo a contrarreloxo pois os taboleiros dos os experimentos chegaron ás 09:00 h.
Despois do acto inagural, onde un grupo do IES Seoane nos deleitou cun par de cancións, presentaron o acto diferentes personalidades.
Rematamos a xornada matutina cun paseo pola Illa das Esculturas e xogando no parque que alí preto se encontra para ir xantar logo ó comedor do CEIP Manuel Vidal Portela.
Pola tarde xa comezaron os experimentos e os obradoiros, palilleiras, yogote, pandereteiras, e xogos de mesa (xadrez e muíño). Este último sustituiu ó de vídeo-matón que estaba previsto pero que houbo problemas para poñelo a andar.
Ás 19:00 h tivemos un apagón repentino de electricidade que fixo que adiantáramos o final da xornada.
Mañá comezaremos cun paseo polo Centro Histórico da nosa cidade facendo a Xincana do Patrimonio que temos preparada.

luns, 18 de novembro de 2013
domingo, 17 de novembro de 2013
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)