sábado, 23 de xaneiro de 2021

DENEP

Logo do DENEP
 O DENEP (Día Escolar da Non-violencia E a Paz) ​  é unha xornada educativa non gobernamental fundada en España en 1964 polo poeta e pacifista mallorquino  Llorenç Vidal como punto de  partída e de apoio para unha educación non-violenta e  pacificadora de carácter permanente e practícase o 30 de xaneiro de cada ano, no aniversario da morte do  Mahatma  Gandhi. Nos países nos que o 30 de xaneiro coincide con período de vacacións pódese  practícar o 30 de marzo ou algún dos días próximos. 

Cando en 1998 a ONU proclamou o Decenio Internacional para unha Cultura da Paz (2001-2010) o  DENEP levaba xa 36 anos practicándose en centros educativos dos distintos niveis de todo o mundo.


HIMNO
Irmáns das estrelas
Irmáns das estrelas, letra de  Llorenç Vidal e música de Andreu  Bennàssar, é o himno do  DENEP. Existen, entre outros idiomas, unha versión catalá-balear do mesmo autor, unha en eúscaro realizada por Martín  Goenaga  Irastorza, unha en  interlingua feita por  Waldson Pinheiro e unha en galaico-portugués. 

O "Día Escolar da Non-violencia e a Paz" ( DENEP), que é difundido internacionalmente, é unha actividade pedagóxica que pode ser aplicada por centros educativos dos distintos niveis, profesores e estudantes de todas as crenzas e ideoloxías que respecten os dereitos humanos.

En valenciano-catalán:  DENIP (Dia Escolar de la No-violència I la Pau). En castelán DENYP (Día Escolar de la No-violencia Y la Paz).   (Ver máis)


"IRMANS DAS ESTRELAS"
  (Ver a partitura)

Somos irmáns das estrelas,
destas  montañas do mar,
de todos os seres vivos,
dámonos para cantar as mans nosas,
 escolantes de amor.
Non violencia e paz,
non violencia e paz.

Sen diferenzas de raza
de lingua nin de opinión,
nunha aperta tenra,
dámonos co corazón nosos peitos,
coa forza do amor.
Non violencia e paz,
non violencia e paz.

Os defensores da vida
sen armas para matar,
os cidadáns deste mundo
dámonos para espallarnos,
o alento mensaxeiro de amor.
Non violencia e paz,
non violencia e paz.

Ningún comentario:

Publicar un comentario