O vinagre ten multitude de usos; ademais de aliño, serve como conservante de alimentos, como repelente de mosquitos, de artigo de limpeza, debido ao seu carácter ácido, reacciona co carbonato cálcico polo que tamén é usado para a limpeza de cal en pequenos electrodomésticos como cafeteiras. Grazas a este carácter ácido e a súa facilidade para adquirilo puidemos facer un experimento entre a relación da reacción química e corrente eléctrica:
O obxecto da electroquímica é estudar a relación entre as reaccións químicas e as correntes eléctricas ás que estas reaccións poden dar lugar en determinadas circunstancias, así como a conversión de enerxía química en enerxía eléctrica e viceversa.
As pilas caseiras funcionan a partir dunha reacción química que produce unha corrente eléctrica.
O vinagre, normalmente, é ácido acético máis auga. Este provén do alcohol dun viño grazas á fermentación dunhas bacterias que lle gustan o osixeno para vivir ( os biólogos chámanas bacterias aeróbicas). Canto máis calidade teña o viño, mellor será o vinagre. Hai moitos tipos de vinagres; de tipo industrial, de alcohol, de Xerez.....
No vídeo podemos ver como o alumnado de 6º elaboraron varios circuítos, en especial o feito con vinagre.
Artigos relacionados co 2015 Ano Internacional da Luz
Ningún comentario:
Publicar un comentario