As Escolas Asociados á Unesco Galegas, veñen de participar nunhas Xornadas de Mediación nas Escolas. Engadimos aquí unha parte do texto resumo do tratado que a Universidade de Vigo publica na súa páxina web: "Contribuír, a través da formación en resolución de conflitos, a construír nas escolas “contextos de paz” é o propósito central das Xornadas de Mediación Escolar que na tarde deste xoves achegaron ata a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte a máis de 50 profesores e profesoras de diferentes niveis educativos. Dirixidas polo profesor Aquilino Alonso, as xornadas Construíndo contextos de paz tiñan nese senso o propósito de contribuír á concienciación e formación dos profesionais do ensino nun ámbito como o da mediación que, como lembrou na conferencia de apertura a profesora da USC Mercedes Novo pode resultar unha valiosa ferramenta para o alumnado á hora de afrontar posibles situacións de acoso escolar... " Ler máis
Ningún comentario:
Publicar un comentario