O venres pasado 20 de febreiro celebramos no IES Pazo da Mercé de As Neves (Pontevedra) unha nova xuntanza das Escolas Galegas Asociadas á UNESCO. Puntos máis importantes:
1. Xuntanza en Porto.
Despois de ver como ían evolucionando os traballos deste curso, concretamos o de que escolas se apuntaban a unha pequena xornada o día 20 de marzo en Porto (Portugal) para relanzar o Proxecto Atlántico.2- Encontro das Escolas
Púxose unha data (16 de abril, ) para un encontro das escolas galegas nunha praia para traballar entre outros o tema da reciclaxe. Cada escola pode levar máximo 50 alumnos. A segunda opción será o 28 de abril (no caso de que non se poidera facer na primeira por algunha razón especial)
3- Concurso Imaxina o Atlántico.
Proposta para levar conxuntamente este ano 2015 ó vindeiro Congreso Estatal que se celebrará na Liña da Concepción en Cadiz. O concurso é totalmente aberto ós diferentes aspectos que se poidan traballar na escola: contos, poesía , debuxo, fotografía, manualidades ...
Moi ben Nito, só hai que modificar a xornada de Porto que é o 20 de marzo, xa que as escolas portuguesas o sábado non poden. Ou sexa que queda reducida a xornada do venres 2o de marzo. Saúdos
ResponderEliminar