A xornada fixémola no CEIP Manuel Vidal Portela. Entre outras cousas comentouse :
- A data límite para apuntarse as escolas ó Congreso é a do 16 de marzo.
- Os traballos que se están a facer nas diferentes escolas.
- A data límite para apuntarse as escolas ó Congreso é a do 16 de marzo.
- Os traballos que se están a facer nas diferentes escolas.
- Como novidade este ano o formato das presentacións no Congreso vai a ser diferente, podendo todos os participantes presenciar todos os traballos das diferentes temáticas traballadas na Rede ( Patrimonio , Cultura de Paz e Desenvovemento Sostible).
- As Escolas Galegas repetiremos tamén o formato de entrega dos traballos, expoñendo conxuntamente as temáticas xeneralizadas deste curso, como son cuestión relacionadas coa Agricultura Familiar, con Nelson Mandela e con Rosalía de Castro.
- Que tanto o Concello de Pontevedra, como o de Poio e a Xunta están dispostos a colaborar como patricinadores no Congreso.
- Que se está pendente doutros patrocinadores, como poden ser a Diputación de Pontevedra ....
- O Hotel de acollida para os visitantes será o Rías Baixas, que ten as súas limitacións de espazo nos comedores.
- Que teremos dúas visitas guiadas sobre o Patrimonio, unha por Pontevedra e outra por Poio (Combarro).
- Que a última visita de Patrimonio será a Lugo.
- Que se concertará un xuntanza para as ANPAS das Escolas Asociadas Galegas, o próximo 27 de marzo, as 16:30 h, no IES Seoane, para informar do Congreso e ver as súas posibilidades de colaboración no mesmo.

- Rematouse a xuntanza coa organización da Ágora de Paz en Yogote para o Día da Poesía, que se celebrará este 24 de marzo, pola mañá, en inglés (escolas de Europa, Asia e África) e pola tarde, as linguas latinas (escolas europeas e americanas).
Ningún comentario:
Publicar un comentario