sábado, 2 de novembro de 2019

Pompas de xabón electrizadas

Lámpada de lava caseira

Para realizar o experimento necesitamos auga, aceite,  colorante, un vaso longo e unhas pastillas  efervescentes. No vaso poñemos auga e aceite na proporción 1:3 (aproximadamente). Logo engadimos o  colorante (por exemplo unhas pingas de tinta). Por último, deixamos caer un par de pastillas  efervescentes. Inmediatamente prodúcese un desprendemento de gases e unhas burbullas que ascenden e descenden no interior do aceite.
Explicación
A pastilla  efervescente disólvese en auga desprendendo dióxido de carbono.
As burbullas do gas ascenden arrastrando auga á superficie do aceite. Alí despréndese o gas e a auga, máis densa que o aceite, descende. O proceso repítese e prodúcese un movemento ascendente e descendente no interior o aceite.

Inflar un globo con levadura e azucre

venres, 1 de novembro de 2019

Volcán submarino

Ler explicación

Flotar o no flotar . . . Esa é a cuestión

Ler a explicación

Vibracion e ondas nunha copa

A carta incombustible

Refracción e lápis quebrado.

Ver en outro vídeo con máis explicacións

Para realizar o noso experimento necesitamos un vaso, auga, aceite Johnson, alcol e un  pauciño.

En primeiro lugar enchemos medio vaso con auga e logo metemos o  pauciño. Ao desprazar o  pauciño parece romper.

Logo repetimos o experimento deixando sobre a auga unha capa de aceite Johnson e outra capa de alcol. Os resultado son parecidos.

O aceite Johnson impide que a auga e o alcol se mesturen. O alcol déixase caer con coidado polas paredes do vaso para impedir que entre en contacto coa auga.

Explicación
A auga é máis densa e permanece no fondo do vaso. O aceite é menos denso e flota sobre a auga sen mesturarse (son líquidos  inmiscibles). O alcol é o menos denso dos tres líquidos e permanece sobre o aceite sen mesturarse,

A luz desvíase ao cambiar de medio ( refracción da luz) e por ese motivo o  pauciño parece crebado. A  refracción prodúcese se a luz incide  oblicuamente sobre a superficie de separación dos dous medios e orixínase polo cambio de velocidade de propagación da luz ao pasar dun medio a outro (por exemplo da auga ao aire).

domingo, 16 de decembro de 2018

Día Internacionas dos Dereitos Humanos

O alumnado de 3º, preparou unha versión en Galego da Banda Sonora do filme de debuxos animados "El Extraordinario Viaje De Lucius Dumb”
Na canción participan: Bebe, cira, Enrique Fernández, Gabriel Echave, Gene García, Mili Vizcaíno, Miriam Solís, Modesto Peña “Tato”, Nacho Campillo y Ulises Fernández.

De seguido podedes ver os vídeos co resultado final, esperamos que vos gusten...











Graciñas  a teacher Silvia polas orixinais pancartas e a Pachú pola  gravación e montaxe final; 
e por suposto a todo o alumnado participante!!

Desplastifícate

Traballos feito por Catalina F. V. e Sofía T. R. (6ºD)

xoves, 12 de abril de 2018

Desplastifícate


Dende a área de EF e dentro das Escolas Unesco, realizamos este pequeno vídeo con algúns consellos e ideas que axuden a non utilizar tanto o plástico no noso día a día ...
A continuación podedes ver o vídeo...


Moitas grazas ao alumnado de 3ºA e a súa profe Esther por colaborar nesta campaña.... 

e xa sabes DESPLASTIFÍCATE...

domingo, 4 de febreiro de 2018

Calendarios UNESCO

En colaboración coa UNESCO,  Panasonic publica o Calendario do Patrimonio Mundial desde 1995 como parte dos seus esforzos para conservar os tesouros valiosos e  irreemplazables que posúe o mundo. Os sitios do Patrimonio Mundial son lugares naturais e culturais identificados pola UNESCO tras adoptar, durante a Conferencia Xeral de 1972, a "Convención sobre a Protección do Patrimonio Mundial Cultural e Natural". Actualmente un total de 1073 lugares (832 culturais, 206 naturais e 35 mixtos) atópanse inscritos na Lista do Patrimonio Mundial.
Co fin de chegar a un público máis numeroso, incluíndo a Rede de Escolas Asociadas á UNESCO ( redPEA) formada por ata 9.000 escolas en 180 países, e dar a coñecer a importancia dos sitios,  Panasonic estableceu esta versión Web en 2010 coa axuda da UNESCO.

Neste sitio, hai máis información sobre cada sitio do patrimonio e pódese familiarizar con eles mentres toma parte nun sinxelo xogo.

Con esta contribución,  Panasonic desexa axudar á conservación do patrimonio  invaluable da humanidade. En colaboración coa UNESCO, os plans para o futuro inclúen agregar máis contido.

Este calendario web realizado grazas á colaboración de  Panasonic e a UNESCO atópase dispoñible en inglés, xaponés, francés, español e chinés.   Ver calendario 2018  - Ver calendario 2017

"Poema ao NON" de Gloria Fuertes en Yogote no DENEP (Día Escolar da Non Violencia e a Paz)

Nas aulas

No patio

Ver fotos  - Ver poema e manifesto  - Ver fotos na páxina web do cole

mércores, 10 de xaneiro de 2018

Novo espazo nas redes sociais adicado á UNESCO


O alumnado participante nos proxectos de Escola Asociada ven de crear un novo espazo na rede. Podes acceder a través destes enlaces:


Blogger                                  Instagram



domingo, 7 de maio de 2017

"Cadros vivos" - Traballando o patrimonio

Traballos de Expresión Corporal sobre cadros de pinturas máis ou menos coñecidas que son patrimonio da humanidade.

venres, 5 de maio de 2017