Este xoves 21 de xaneiro celebrouse no CEIP Isidora Riestra (Poio) a 3ª Xuntanza da REGAU (Rede de Escolas Galegas Asociadas Unesco), grupo este, galego, da Rede PEA UNESCO).
As escolas presentes foron: Facultade de Educación UVIGO, CMUS (Conservatorio de Música de Pontevedra), IES Luís Seoane, IES Pedra da Auga, IES Pazo da Mercé, Colexio Eduardo Pondal de Cangas, CEIP Isidora Riestra, CEP Marcos da Portela, CEIP San Benito de Lérez e CEP Campolongo.
Os puntos que se trataron foron os seguintes:

Respecto ó vindeiro "VI Congreso Galego da REGAU", que se celebrará os días 25 e 26 de Febreiro de 2016 no Pazo da Cultura de Pontevedra:
1- Acollida dos nenos e nenas do Colexio Eduardo Pondal (Cangas)
2- UD sobre as Pontes
3- Hostel para os IES+Profes
4- Aclaración sobre as Presentacións, xa que non teñen por que estar finalizadas
5- O material terá que levalo cada escola participante.
6- Reparto dos encargados dos 5 Obradoiros - O de Mediación pola UVIGO - O de Relatividade polo IES Pedra da Auga - O de Presentacións polo CEP Campolongo - O do Atlántico polo IES Seoane e o IES Isidora Riestra - O das Pontes (con guías do Concello de Pontevedra) polo profesorado participante rotando.
7- Presentación do Programa. (Axiña o poremos no blog)
Quedouse para o 5 de Febreiro, como última data para confirmar a asistencia ó Congreso e presentar as idades dos nenos e nenas participantes para poder organizar os grupos e os obradoiros.
Nito a verdade é que no teu colexio terían que valorarte máis polo ben que traballas e con rapidez. Grazas
ResponderEliminar