O 2016 é o ano marcado como o Ano Internacional do Entendemento Global, todo isto co obxectivo de mostrar desde unha visión científica os estilos de vida máis sustentables. Unha iniciativa que está a ser apoiada polo Consello Internacional para a Ciencia, o Consello Internacional de Ciencias Sociais e o Consello Internacional de Filosofía e Ciencias Humanas.
Preténdese facer fincapé no vínculo entre as accións cotiás, locais e problemas globais como o cambio climático e a seguridade alimentaria. ?Cada día no ano 2016, o IYGU destacará un cambio nunha actividade cotiá que foi cientificamente demostrado para ser máis sustentable que a práctica actual?, di o comunicado.
Máis
Ningún comentario:
Publicar un comentario