domingo, 10 de novembro de 2019

Un globo que non explota

Material:
- Un chisqueiro
- Unha vela
- Un par de globos
- Auga

Montaxe:
- Enchemos dous globos, un con aire e outro con auga.
- Acendemos a vela co chisqueiro.
- Se achegamos o globo cheo de aire á chama explota inmediatamente.
- Se achegamos o globo cheo de auga á chama vemos que non explota.

Explicación:
Ao achegar o globo cheo de auga á chama sobe a temperatura do globo e da auga. Pero ao chegar a 100 º C a auga absorbe moita enerxía (necesaria para o cambio de estado) e non deixa que a temperatura suba, impedindo que o globo se quente e explote.

Ningún comentario:

Publicar un comentario