xoves, 28 de novembro de 2013
mércores, 27 de novembro de 2013
Submarinos
Experimento presentado no V Congreso Galego da Rede PEA Unesco polo IES Pedra da Auga de Ponteareas (Pontevedra)
Ver máis experimentos
Invisibles
Experimento presentado no V Congreso Galego da Rede PEA Unesco polo IES Pedra da Auga de Pontevedra.
Ver máis experimentos.
3º Día do V Congreso Galego das Escolas Asociadas Unesco
Clicando na imaxe entrarás e verás as fotos do V Congreso Galego das Escolas Asociadas Unesco.
Agora xa hai fotos dos tres días, 25, 26, e 27 de Novembro de 2013.
Sobre o terceiro día comentar que tivemos que esperar, algúns, un pouco a que se ensaiara a presentación das Conclusións do Congreso e a Lectura do Manifesto. Logo, cando chegaron as autoridades para clausurar o acto, interviron os grupos de Yogote xestualizando varias linguas: Francés, Alemán, Ruso, Árabe ....., de seguido as as pandereteiras para rematar coas lecturas antes comentadas e a entrega dos diplomas para todos os congresitas.
martes, 26 de novembro de 2013
O grupo de Campolongo no V Congreso Galego da Rede PEA UNESCO
Aquí están os rapaces de Campolongo xunto cos alumnos de acollida doutros centros , IES Pazo da Mercé das Neves e IES Pedra da Auga de Ponteareas.
2º Día do V Congreso Galego da Rede PEA UNESCO
Hoxe comezamos coa "Xincana do Patrimonio do Centro Histórico de Pontevedra". Que frío facía!!! Fomos capeando o temporal, foi unha pena, de todos xeitos traballamos un montón para cubrir moitas das actividades que nos pediron. Colaboraron un montón os maiores doutros centros. Unha experiencia moi bonita a pesar do frío das primeiras horas, onde o vento ás veces quería recordarnos que xa temos o inverno enriba.
Pola tarde xa foi máis doada que a de onde, os rapaces xa se movían con máis soltura polo Pazo de Cultura. Os experimentos "xa botaban fume" e os xogos non paraban.
Mañá xa temos a clausura, xa remataou o traballo, leremos as conclusións e despedirémonos dos nosos compañeiros de traballo destas xornadas.
As fotos de hoxe están metidas coas de onte, pois hoxe foron bastantes menos as que se fixeron, para non repetir moito.
Ver o grupo de Campolongo
As fotos de hoxe están metidas coas de onte, pois hoxe foron bastantes menos as que se fixeron, para non repetir moito.
luns, 25 de novembro de 2013
Fotos e comentarios do V Congreso Galego da Rede PEA UNESCO
Clica na imaxe para ver as fotos do 1º día (25 de novembro de 2013)
A primeira xornada foi moi intensa. Tivemos que montar todo a contrarreloxo pois os taboleiros dos os experimentos chegaron ás 09:00 h.
Despois do acto inagural, onde un grupo do IES Seoane nos deleitou cun par de cancións, presentaron o acto diferentes personalidades.
Rematamos a xornada matutina cun paseo pola Illa das Esculturas e xogando no parque que alí preto se encontra para ir xantar logo ó comedor do CEIP Manuel Vidal Portela.
Pola tarde xa comezaron os experimentos e os obradoiros, palilleiras, yogote, pandereteiras, e xogos de mesa (xadrez e muíño). Este último sustituiu ó de vídeo-matón que estaba previsto pero que houbo problemas para poñelo a andar.
Ás 19:00 h tivemos un apagón repentino de electricidade que fixo que adiantáramos o final da xornada.
Mañá comezaremos cun paseo polo Centro Histórico da nosa cidade facendo a Xincana do Patrimonio que temos preparada.

luns, 18 de novembro de 2013
domingo, 17 de novembro de 2013
sábado, 16 de novembro de 2013
venres, 15 de novembro de 2013
xoves, 14 de novembro de 2013
mércores, 13 de novembro de 2013
8- Cal é o nome da rúa que non indica que estamos a 20 m de altitude?
Paseando por unha das rúas, dentro do que era a cidade vella de Pontevedra (intra muros), atopamos esta placa que nos indica que estamos a 20 m de altitude con respecto ó nivel do mar ... de Alicante ¿?.
7- De que edificio estamos a falar?
Estamos a falar dun edificio que está pola zona vella de Pontevedra, e tal e como dí o texto forma parte do Museo de Pontevedra.
martes, 12 de novembro de 2013
5- Cuartel dos Carabineiros
4- Roteiro dos Museos
Este ben pode ser un bonito percorrido para ver curiosidades da zona vella de Pontevedra, e sobre todo coñecer que edificios conforman o actual Museo de Pontevedra. Faino e pon os números onde lles corresponda segundo o mapa.
3- Ordena as familias que ten este escudo
Na zona vella, nunha praza moi coñecido, atópase este escudo. Es quen de ordenar as 9 familias que se atopan nel?
venres, 8 de novembro de 2013
venres, 1 de novembro de 2013
Listado de alumn@s do CEP Campolongo que irán o V Congreso Galego da Rede PEA-UNESCO
Despois de facer o sorteo este pasado mércores 30 de outubro no Salón de Actos da Escola, con todos os alumnos que presentaron a solicitude e algúns dos mestres da escola (Carmela, Maite, Alicia, Nito...) xa temos os 20 alumn@s que nos representarán no V Congreso Galego da Rede PEA UNESCO
O único criterio de selección acordado, xa antes do sorteo, polo profesorado representante das Escolas Unesco do noso centro (Maite de 1º A, Esther de 1ºD, Cecilia de 3ºB, María de 3ºC, Carmela de 4ºD, Xavier de 5ºC e Nito de E. Física, de 3º, 5º e 6º) , foi escoller un alumno por aula. Algúns tiveron a sorte de ser os únicos que presentaron a solicitude e por elo xa non entraron no sorteo, estos foron os alumnos de 1º C, 5ºC, 6ºA.

Comentar que nun principio estaban asignadas 22 prazas como excepcionalide de ter 22 unidades no centro, pero como fallaron dúas (2ºD e 4ºC), quedamos nas 20 prazas como as demais escolas.
Dos 20 alumnos seleccionados no sorteo , 11 deles teñen tamén a posibilidade de ter nenos de acollida.
Proximamente enviaráselles unha circular ós pais para comunicar oficialmente a selección do seu fillo/a .
Tamén se enviará ós pais que aceptaron a acollida dun neno unesco de fora de Pontevedra, outra circular para confirmar se continúa podendo acoller, sobre todos aqueles que o seu fillo/a non foi seleccionado para ir o congreso.
Ver listado de todos os que se presentaron ó sorteo.

Onde debe ir cada envase?
Clicando na imaxe irás á páxina web de Ecoembalajes España, S.A. (Ecoembes). Esta é aunha organización sen ánimo de lucro que xestiona a recuperación e a reciclaxe dos envases de plástico, as latas e os briks (colector amarelo) e os envases de cartón e papel (colector azul) en toda España.
O seu modelo de xestión, está baseado na innovación, a sustentabilidade e a procura da eficiencia ambiental e económica.
Na páxina principal, a esquerda atoparás un sitio ( Onde vai cada envase? ) para poder elexir un tipo de envase e en que colector de lixo tiralo.
Ver tamén Material Didáctico.
Na páxina principal, a esquerda atoparás un sitio ( Onde vai cada envase? ) para poder elexir un tipo de envase e en que colector de lixo tiralo.
Ver tamén Material Didáctico.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)