Ver máis na Etiqueta Congresos Estatais de REGAU
Xunto con este panel presentaremos en Comunicacións, e dentro de Patrimonio, o vídeo da Camelia
Ver a xustificación teórica da Comunicación.
venres, 17 de xuño de 2016
xoves, 16 de xuño de 2016
luns, 6 de xuño de 2016
Xornada Atlántica - 2016
As Escolas Asociadas Unesco Galegas , tiveron a sorte, de celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño) en xornada de convivencia nun bosque cheo de secuoias. Organizáronse unhas actividades no chamado "Bosque de Colón", en Arís, preto da Escusa - Poio, Estas, 500, trouxéronas os americanos no ano 1992, para conmemorar o 500 aniversario do Descubrimento de América. Con xa 25 anos están feitas unhas "boas mozas". No 2006 estiveron a punto de padecer un dos grandes incendios de Poio, por sorte os veciños de Poio conseguiron atallalo.
Pola mañá comezamos pintándonos cada grupo, como actividades de presentación e integración , pois estabamos todos repartidos. Logo cada grupo fixo unha composición artística co material que había no contorno. Outros tamén fixemos unha xogo de pistas agochadas ou esparcidas pola contorna. Estas actividades foron , preto das secuoias, no merendeiro, nel atopamos carballos, castiñeiros, loureitos reais, érvedos, estraloques, falsa árnica, carpazas, dentes de león, e tamén, por que non, bosta de cabalo e silvas. Rematamos co intercambio de árbores entre as escolas. Nós agasallamos unha Camelia japónica `Caramuxiña´(ver listado de Viveiros Moreira) que lle tocou ó CEIP Márcos da Portela, e a nós agasalláronos cunha "Secuoia" o IES Seoane. Ás 13: 30 h os CEIP Manuel Vidal Portela e Campolongo marcharon. Os demais continuarón ata ás 16: 30 h máis ou menos e continuaron coa programación, que foi a de xantar e logo ver e xogar coa intervención artística que fixeron os maiores pola mañán. Esta foi organizadas polo alumnado do IES Pedra da Auga . Fixeron unha intervención artística con cordas tecendo primeiro en sentido horizontal entre as secuoias; As redes que conectan as secuoias (simbolizando aos pobos de América) son collidas polos nenos e profesores (simbolizando aos pobos desta beira do Atlántico); logo en sentido vertical con forma de teas de araña típicas, presentes a ambos lados do Atlántico, como metáfora do desexo de atrapar a esencia e o espíritu desta xornada para que perdure no bosque e nas nosas conciencias. Remataron explicándonos a finalidades desta obra efímera e agasalláronos cun cómic feito para a ocasión, "Atlantiña".
Ver máis fotos
xoves, 2 de xuño de 2016
Legumízate - 2016 Ano Internacional das Legumes
Escolas que colaboraron o conto: CEIP Parada de Campañó / CEP Campolongo / CEIP Plurilingüe San Benito de Lérez / EEI Verducido / CEP Marcos da Portela.
Este luns 23 de maio teremos o Contacontos que nos vai presentar esta historia e algunha do maís do seu peto.
Artigos relacionados: "2016 Ano Internacional dos legumes"
Como nos organizamos?
Ver fotos dos Contacontos Enrique Mauricio e Carlos Taboada
Artigos relacionados: "2016 Ano Internacional dos legumes"
Como nos organizamos?
Ver fotos dos Contacontos Enrique Mauricio e Carlos Taboada
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)