luns, 16 de xaneiro de 2017
mércores, 11 de xaneiro de 2017
Fatima Mernessi - Proposta para traballar o Día da Paz 2017 nas Escolas Asociadas Unesco da Galiza
Fátima Mernessi |
(Fátima ou Fatema Mernissi; Fes, 1940) Escritora marroquí, unha das voces máis relevantes da intelectualidade do mundo árabe e unha autoridade mundial en estudos coránicos. Fátima Mernissi naceu en 1940 nun harén. Pertencía a unha familia acomodada, dona de grandes extensións de terra e fiel ás tradicións. (Ver Citas) - (Discurso da Entrega do Premio Principe de Asturias ás Letras 2013)
A infancia de Mernissi son recordos dun patio cadrado rodeado de columnas de mármore e azulexos e cunha fonte no centro. Catro enormes salóns abríanse a este espazo: o da súa familia, o da avoa paterna, o dos seus tíos e os seus sete primos e, por último, a sala onde os homes comían, escoitaban as noticias na radio, pechaban negocios e xogaban ás cartas. No piso superior habitaban as tías divorciadas e viúvas cos seus fillos. Todas as xanelas abríanse ao patio. Ningunha daba á rúa.
Nesta ampla vivenda pechada ao exterior non había eunucos nin escravos nin belas mulleres reclinadas voluptuosamente: o harén imperial otomán que chegou a Occidente a través da pintura e as películas desapareceu en 1909. No seu lugar quedou o harén doméstico como o que Fátima Mernissi viviu na súa infancia e describiu máis tarde en "Sueños en el Umbral". "Memorias dunha nena do harén " (1994), foi a súa única obra narrativa e unha das máis aclamadas pola crítica internacional.
Filla e neta de mulleres analfabetas, Fátima Mernissi falou só árabe ata os vinte anos. Decidida a traspasar, entre outras, a barreira do idioma, non só aprendeu varias linguas senón que case nunca escribiu na propia. Ata a guerra do golfo Pérsico, en 1991, escribiu en francés. Desde entón, cun sentido pragmático, falou en inglés.
Mernissi licenciouse en ciencias políticas en Marrocos e proseguiu os seus estudos cunha bolsa na Universidade da Sorbona, en París. Máis tarde, obtivo o doutoramento en socioloxía na Universidade de Brandeis (Estados Unidos) e, de volta ao seu país, pasou a exercer de profesora na Universidade de Mohamed V de Rabat e dedicouse á investigación no Centre Universitaire da Recherche Scientifique da capital marroquí. Tamén nesa cidade dirixía un Taller de Escritura.
Defensora dos dereitos da muller
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)