Para facer este experimento necesitamos un colador metálico, un anaco de tea e un par de chisqueiros.
1 Se acendemos un chisqueiro e colocamos encima un colador metálico vemos que a chama non pode atravesar o coador.
2 Se deixamos saír o gas do chisqueiro e colocamos encima o colador podemos acender o gas que atravesa o colador con outro chisqueiro. Neste caso a chama parece atravesar o metal.
3 Podemos repetir o experimento deixando saír o gas desde debaixo dun anaco de tea que estea ben estirado. Neste caso a chama parece danzar sobre a tea.
Explicación
A alta condutividade térmica do metal impide á chama atravesar o colador.
O gas si atravesa o coador metálico (ou a tea) e logo podemos acender o gas con outro chisqueiro. No caso da tea é moi importante mover o chisqueiro (e a chama) para evitar que prenda a tea.
Ningún comentario:
Publicar un comentario