domingo, 29 de setembro de 2013
sábado, 28 de setembro de 2013
26 de setembro, Día das Lingúas Europeas - Xoga e aprende
O Consello de Europa festexa o 26 de setembro como Día Europeo das Linguas, co obxectivo de promover a diversidade lingüística de Europa e fomentar o plurilingüismo entre os seus cidadáns.
Un ano máis, desde que se instaurou esta celebración en 2001, os 47 estados que compoñen o Consello de Europa animan a cidadanía europea a festexar esta riqueza cultural e a participar nalgún dos moitos eventos que se celebran con este motivo.
Xoga e aprende
Ver tamén Carta Europea das Linguas Minoritarias
Xoga e aprende
Ver tamén Carta Europea das Linguas Minoritarias
XXVI Congreso Estatal no 2013 das Escolas Asociadas á UNESCO en Alcoy e Orihuela
Se entras no albúm picasa poderás ver unha selección de fotos comentadas do XXVI Congreso Estatal das Escolas Asociadas Unesco.
Ver todas as fotos feitas polo mestres do CEIP Campolongo.
Ver fotos no Blogue Estatal do Congreso.
Ver traballo de Campolongo Irene Sendler
Ver traballo da Auga e dos Lavadoiros dentro de Patrimonio Rural.
Escoitar os poemas de Yogote que se recitaron na Casa-museo do poeta Miguel Hernández en Orihuela.
Ver enlace do artigo no Blogue Estatal das Escolas Asociadas
Artigos relacionados:
Figuras controvertidas nos tempos que corren.
Costumes da Idade Media.
venres, 27 de setembro de 2013
domingo, 22 de setembro de 2013
Cales son os Dereitos humanos ?
A Declaración Universal dos Dereitos
Humanos, é unha declaración
adoptada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas (1948) sobre os dereitos
humanos básicos.
A Declaración Universal do Dereitos Humanos é o documento traducido a máis linguas no mundo, pois no 2004 fora traducido a máis de 330.
xoves, 19 de setembro de 2013
Economía Verde e Agricultura Familiar
A Agricultura como sector produtivo é importante para a Economía Verde e a Economía Verde o é para á Agricultura .
Esta relación é tanto máis clara si nos centramos no modelo de Agricultura Familiar-AF- que o Foro Rural Mundial defende e promueve xunto con 365 organizacións agrarias e de desenvolvemento de máis de 60 países en 5 continentes.
Cando se fala de Economía Verde faise coa convicción de que esta representa unha forma adecuada para abordar os grandes retos actuais, como son a erradicación da pobreza, a degradación medioambiental, así como o desenvolvemento económico e a xeración de emprego.
En todos estes aspectos existe unha forte vinculación coa Agricultura Familiar.
A Agricultura Familiar é un modelo produtivo baseado no vínculo que existe entre unha familia e a parcela de terra, a miúdo pequena ou mediana, que traballa para obter a súa renda principal, de forma sostible e respetuosa co medio. Cando se fala de AF asúmense conceptos como autosuficiencia e “auto-resilencia”, que fan clara alusión á súa capacidade para adaptarse con eficacia aos cambios medio ambientais e económicos.
A Agricultura Familiar representa un sector de valor estratéxico debido á súa función económica, social e ambiental que son os tres compoñentes do desenvolvemento sostenible.
Na actualidade hai 1.500 millóns de homes e mulleres agricultores traballando en 404 millóns explotacións de pequeno tamaño de menos de 2 hectáreas (IAASTD 2009), 410 millóns recollendo as colleitas ocultas dos bosques e sabanas (ETC 2009), entre 100 e 200 millóns son pastores (Convention on Biological Diversity 2010), 100 millóns son mariñeiros artesanais (Kura et a o. 2004); e 370 millóns pertencen a comunidades indíxenas (IFAD 2009) dos que a gran maioría están vinculados á agricultura. Ademais, 800 millóns de persoas cultivan hortos urbanos (World Watch Institute 2007). Estes datos deixan patentes a importancia e a presenza da AF no mundo.
Os homes e mulleres dedicados á agricultura familiar producen o 70% dos alimentos do mundo. A Agricultura Familiar é a base da produción sostible de alimentos co obxectivo final de alcanzar a seguridade e a soberanía alimentarias, da xestión sostible da terra e da súa biodiversidade, así como da preservación da importante herdanza sociocultural das comunidades rurais e das nacións.
Atendendo aos tres alicerces do Desenvolvemento Sostible, a AF é clave para:
SOCIALMENTE:
- Mellora do nivel de vida das comunicacións rurais
- Xustiza social e equidade de xénero.
- Preservación e desenrolo da herdanza socio-cultural das comunidades.
- Incorporacións de aspectos xeneracionais.
- Xestión de bens comúns.
- Participación política e social dos produtores.
ECONÓMICAMENTE:
- Produción sostible dos alimentos
- Garantía da seguridade e soberanía alimentaria.
- Fonte importante de ingresos e empregos verdes.
- Fortalecemento do mercado local e rexional.
- Resistencia á crise por diversificación.
- Desenrolo de servizos complementarios (educación, sanidade, etc)
AMBIENTALMENTE:
-Xestión sostible do territorio, dos recursos naturais e dos bens comúns (solo, auga, sementes, bosques…)
- Preservación da biodiversidade e da diversidade xenética (variedades autóctonas)
- Resiliencia ante o cambio climático.
- Recuperación e desenvolvemento de técnicas adaptadas.
Precisamos a agricultura industrial?
Tamén conta como se reparte o que cultivamos, a pesar de ter un problema tan grande de fame no mundo.
2014 Ano Internacional da Agricultura Familiar
O Ano Internacional da Agricultura Familiar 2014 é unha iniciativa promovida polo Foro Rural Mundial e apoiada por máis de 360 organizacións civís e campesiñas de todos os continentes. A súa celebración a nivel mundial, declarada pola Asemblea Xeral da ONU, pretende converterse nunha ferramenta para a promoción de políticas activas a favor do desenvolvemento sostenible dos sistemas agrarios baseados na unidade familiar campesiña, comunal, indíxena, cooperativa, e pesqueira.
Todo iso desde a perspectiva da loita eficaz contra a pobreza e a fame, así como da procura dun medio rural baseado no respecto ao medio e á biodiversidade.
As Escolas Asociadas Unesco propoñen traballar o tema dentro dos seus diferentes ámbitos:
- Sostenibilidade : agricultura orgánica, tipos de cultivos, reparto dos mesmos, viabilidade no século XXI, conservar a biodiversidade, cambio climático, agricultura industrial , pesticidas, ,
- Cultura de paz : alimento para todos, erradicación da pobreza, muller e agricultura familiar, economía verde e agricultura familiar, ....
- Patrimonio : A nosa horta, os nosos produtos, trebellos e ferramentas, fraseoloxía, cantigas ...)
NOTA. Dicir, que algúns dos artigos que están nas ligazóns traballan os tres ámbitos.
NOTA. Dicir, que algúns dos artigos que están nas ligazóns traballan os tres ámbitos.
mércores, 18 de setembro de 2013
Que é a Unesco ?
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO fundouse o 4 de novembro de 1946, despois da II Guerra Mundial, co obxectivo de contribuir á paz e á seguridade no mundo mediante a educación, a ciencia, a cultura e as comunicacións.
Adícase, entre outras tarefas, a orientar ós pobos nunha xestión máis eficaz do seu propio desenrrolo a través dos recursos naturais e os valores culturais, coa finalidade de obter o maior proveito posible da modernización, sen que por iso perdan a identidade e a diversidade culturais.
Na educación, este organismo asigna prioridade ó logro da educación elemental adaptada ás necesidades actuais. Colabora coa formación de docentes, planificadores e vivenda, administradores educacionais e alenta a construción de escolas e a dotación do equipo necesario para o seu funcionamento.
As actividades culturais buscan a salvagarda do patrimonio cultural mediante o estímulo da creación, a creatividade e a preservación das entidades culturais e tradicións orais, así como a promoción dos libros e da lectura.
En materia de información, a UNESCO promociona a libre circulación de ideas por medios audiovisuais, fomenta a liberdade de prensa e a independencia, o pluralismo e a diversidade dos medios de información, a través do Programa Internacional para a Promoción da Comunicación.
Críticas: Dende a súa creación tivo e está a ter moitas críticas pois como dí o refrán "Nunca chove a gusto de todos". Unha das últimas máis polémicas foi a de incluir a Palestina como estado membro da UNESCO.
Patrimonio da Humanidade
Premios: De Artesanía, De Ciencias, Cidades pola Paz, José Martí, De Música, De Cultura Árabe ....
Atlas de linguas en perigo
Escolas Asociadas
Memoria do mundo
Máis
Premios: De Artesanía, De Ciencias, Cidades pola Paz, José Martí, De Música, De Cultura Árabe ....
Atlas de linguas en perigo
Escolas Asociadas
Memoria do mundo
Máis
martes, 17 de setembro de 2013
Pontevedra acollerá en novembro deste ano o V Encontro Galego da Rede PEA UNESCO
Pontevedra acollerá o "V Encontro Galego das Escolas Asociadas Unesco" do 25 ó 27 de novembro de 2013 (Ver tamén , Que é unha Escola Asociada Unesco ?)
O congreso traerá a Pontevedra "entre 150 e 200 alumnos" e docentes de toda Galicia, das diferentes etapas educativas que van desde a Educación Infantil a segundo de Bacharelato. Cada centro aportará entre 15-20 alumn@s.
En Pontevedra, os centros asociados ás Escolas Unesco son sete: Cabanas de Salcedo, San Benito de Lérez, Manuel Vidal Portela, Manuel Vidal Portela, Campolongo, Luis Seoane de Monte Porreiro e o conservatorio Manuel Quiroga, así como o Isidora Riestra de Poio, como o máis preto a nosa cidade.
Entre varias das actividades que se farán nos tres días, música, teatro, obradoiros ... haberá tamén unha ximnana pola distintas rúas e prazas para coñecer o patrimonio histórico da cidade.
Ver nova na prensa.
Ver video do IV Congreso das Escolas Asociadas
Artigo relacionado: Que é a UNESCO ?
Ligazóns de interese
2- Traballos relacionados coas E. A. Unesco dentro do blogue de Normalización Lingüística do CEP Campolongo.
3- Unesco no CEP Campolongo
4- Unesco en Milprimaveras (Curso 2011-12)
5- Yogote en Ghafos Campolongo.
6- Yogote en E. Física Campolongo
7- Yogote en Worldpoems
8 - Dereitos humanos
Que é unha Escola Asociada Unesco?
"Xa que as guerras nacen na mente dos homes, é na mente dos homes e das mulleres onde deben erixirse os baluartes da paz"
(Preámbulo da Constitución da UNESCO).
Creada en 1953, a Rede de Escolas Asociadas da UNESCO (PEA), comúnmente coñecida como Escolas Asociadas da UNESCO, é unha rede mundial de 9566 institucións educativas en 180 países.
As entidades que a integran -que van desde centros de ensino preescolar, primaria e secundaria ata escolas de formación profesional e institutos de capacitación de docentes- traballan en prol da comprensión internacional, a paz, o diálogo intercultural, o desenvolvemento sostenible e a posta en práctica da educación de calidade.
Este ano 2013 estase a celebrar o su 60º Aniversario. (Ver artigo relacionado)
Ver máis en Milprimaveras
Ver traballo de Xermán, alumno do CEP Campolongo, durante o curso 2012-13
Ver máis en Milprimaveras
Ver traballo de Xermán, alumno do CEP Campolongo, durante o curso 2012-13
Xeoparque Villuercas Ibores
Desde o punto de vista xeográfico, a rexión das Villuercas constitúe unha cadea montañosa illada situada no sureste da provincia de Cáceres (Estremadura, España), limita ao norte polo río Teixo e ao sur polo río Guadiana, e ao leste e ao oeste coas penillanuras da Jara e Trujillo, respectivamente. O pico máis alto desta cordillera é coñecido como "A Villuerca" (1601 m), e dálle nome á zona. Ofrece unha magnífica vista que inclúe o famoso Monasterio de Guadalupe.
Ver xeositios do Parque.
Que é un xeoparque?
Un Xeoparque global é unha zona protexida que conta cun patrimonio xeológico de importancia internacional, e que cumpre así mesmo con criterios de unidade e estética. Este patrimonio é utilizado para promover o desenvolvemento sostenible das comunidades locais establecidas no lugar.
Un Xeoparque Europeo é un territorio que inclúe un patrimonio xeológico particular e unha estratexia de desenvolvemento territorial sostenible apoiada nun programa europeo de promoción do desenvolvemento. Debe ter límites ben definidos e un área suficientemente grande para un verdadeiro desenvolvemento económico do territorio. Un Xeoparque Europeo debe conter un certo número de xeositios de importancia particular en términos da súa calidade científica, rareza, valor estético ou valor educativo. A maioría dos puntos de interese presentes no territorio dun Geoparque europeo deben ser parte do patrimonio geológico, pero o seu interese pode ser tamén arqueológico, ecolóxico, histórico ou cultural.
A foto da imaxe é do Xeoparque do País Vasco
Onde se atopan os xeoparques?
A foto da imaxe é do Xeoparque do País Vasco
Onde se atopan os xeoparques?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)