domingo, 3 de novembro de 2019

Ingravidez aparente

Para facer o  experimento necesitamos unha copa e unha bóla pequena.
Procedemento
Deixa unha bóla pequena nunha superficie horizontal. Coloca encima da bóla unha copa boca abaixo.
Suxeita a copa pola base e feixe virar  velozmente a copa. Levanta a copa cando a bóla empeza a virar no interior da copa. Vemos que a bóla sobe polas paredes da copa e continúa virando sen caerse. 
Explicación
Cando a bóla vira rapidamente no interior da copa tende a afastarse cara ao exterior pola forza  centrífuga.  Centrífuga quere dicir que “foxe do centro”.  En realidade a forza  centrífuga non é unha verdadeira forza e os seus efectos son causados pola inercia, é dicir, a tendencia do obxecto que se move a conservar a dirección e a velocidade do seu movemento
Se a bóla vira coa suficiente velocidade é capaz de subir polas paredes da copa logrando un estado  de ingravidez ou peso aparente cero. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario