domingo, 10 de novembro de 2019

O cabalo máxico

Para facer o experimento necesitamos un  cabaliño de madeira pequeno, unha caixa de cartón, unha lámina de cristal e unha lámpada. Colocamos sobre unha mesa a lámina de cristal en posición vertical. Detrás da lámina poñemos a caixa de cartón apoiada sobre unha das súas caras e pegada á lámina de cristal. É importante para o éxito do experimento que o interior da caixa de cartón teña pouca luz. Se colocamos o noso  cabaliño de xoguete fronte á lámina de cristal vemos que outro  cabaliño idéntico ocupa o interior da caixa. Se movemos fronte ao cristal o  caballito de madeira que está sobre a mesa vemos que o segundo  caballito,  o que está dentro da caixa, repite os movementos do primeiro. Pero se iluminamos fortemente o interior da caixa cun foco vemos que, por encantamento,  desaparece o segundo  cabaliño.
Explicación
Cando a luz procedente do  cabaliño de xoguete chega á lámina de cristal parte da luz transmítese, outra parte reflíctese e unha terceira parte é absorbida polo cristal e transformada en calor. Nun cristal dos que temos en casa a maior parte da luz é transmitida e unha pequena parte é reflectida.
Se se ilumina o  cabaliño de xoguete e mantense con pouca luz a parte posterior da lámina de cristal vemos que aumenta a luz reflectida e apréciase mellor a imaxe do  cabaliño. Pero se se ilumina cun foco potente detrás da lámina de cristal xa non será posible apreciar con nitidez a imaxe do  cabaliño.  Modificando a intensidade da luz a ambos os dous lados da lámina de cristal podemos regular ao noso gusto a cantidade de luz reflectida e transmitida.
Seguro que agora comprendemos o papel tan importante que xoga a luz nalgúns dos trucos que realizan os ilusionistas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario