Actividade feita para homenaxear a Rosa Parks, persoeira elixida polas Escolas Asociadas Galegas Unesco no DENEP deste curso 2020-21. Se queres facer ben os xogos primeiro sería mellor ler a súa biografía (versión longa) ou ver esta presentación (versión curta) . Outro xogo sobre Rosa Park telo neste Brincaletras .
O DENEP (Día Escolar da Non-violencia E a Paz) é unha xornada educativa non gobernamental fundada en España en 1964 polo poeta e pacifista mallorquino Llorenç Vidal como punto de partída e de apoio para unha educación non-violenta e pacificadora de carácter permanente e practícase o 30 de xaneiro de cada ano, no aniversario da morte do Mahatma Gandhi. Nos países nos que o 30 de xaneiro coincide con período de vacacións pódese practícar o 30 de marzo ou algún dos días próximos.
Cando en 1998 a ONU proclamou o Decenio Internacional para unha Cultura da Paz (2001-2010) o DENEP levaba xa 36 anos practicándose en centros educativos dos distintos niveis de todo o mundo.
HIMNO Irmáns das estrelas
Irmáns das estrelas, letra de Llorenç Vidal e música de Andreu Bennàssar, é o himno do DENEP. Existen, entre outros idiomas, unha versión catalá-balear do mesmo autor, unha en eúscaro realizada por Martín Goenaga Irastorza, unha en interlingua feita por Waldson Pinheiro e unha en galaico-portugués.
O "Día Escolar da Non-violencia e a Paz" ( DENEP), que é difundido internacionalmente, é unha actividade pedagóxica que pode ser aplicada por centros educativos dos distintos niveis, profesores e estudantes de todas as crenzas e ideoloxías que respecten os dereitos humanos.
En valenciano-catalán: DENIP(Dia Escolar de la No-violència I la Pau). En castelánDENYP(Día Escolar de la No-violencia Y la Paz). (Ver máis)