O IES Pazo da Mercé , coa temática de
Sostenibilidade , falou do proxecto sobre o
"Os incendios e as súas consecuencias". Puxeron como obxectivo mellorar a concienza da
conservación da natureza.
O IES Luís Seoane presentaron dous traballos , un sobre a "
Igualdade de xénero" e outro sobre o "
Patrimonio Mundial".
No primeiro, nas investigacións que fixeron atoparon aínda no século XXI, bastantes descompensacións en diferentes ámbitos do traballo.
No segundo insistiron na necesidade de conservar o patrimonio para que as seguintes xeracións poideran desfrutar del.
O Colexio Eduardo Pondal trouxo cinco obras
representadas con títeres con
diferentes temáticas e cos guións elaborados polo propio alumnado. Valorouse en especial o
diálogo e a representación dos rapaces participando en todo o proceso das obras.
O CEIP Isidora Riestra apostou pola Solidaridade, homenaxeando ás Patroas Mexicanas, mulleres estas que levan máis de 20 anos axudando ós emigrantes que intentan buscar unha nova vida en Norte América.
O CEP Campolongo presentou tres traballos
do ámbito da Sostenibilidade, da conservación do medio,
dos animais, uns xa extintos e outros moitos que hai en perigo de extinción, e por último das consecuencias do
desxeo do Ártico.
O CEIP San Bieito de Lérez, deleitounos cun
fermoso proxecto da "Discrimación contra a raza xitana", pois o dicionario da RAE fala desta
en tono ofensivo nunha das súas acepcións, aspecto este que non se pode consentir por ser totalmente inxusto, pois
trapaceros " Que con astucias, falsedades y mentiras procura engañar a alguien en un asunto"
hainos en todas as razas.