domingo, 24 de xaneiro de 2016
sábado, 23 de xaneiro de 2016
As Patronas mexicanas
Desde fai máis de vinte anos as PATRONAS MEXICANAS axudan a persoas que atravesan América de Sur a Norte na procura dun mundo mellor. No ano 2013 reciben o Premio de DEREITOS HUMANOS. E no 2015 foron candidatos ou nominados para o "Premio Princesa Asturias para la concordia "
Proposta de actividades das escolas galegas da Rede PEA UNESCO:
1ª) Recoller noticias ou información sobre os movementos migratorios.
2ª) Seleccionar a información e analizala.
3ª) Reflexionar sobre como nos afecta este problema.
4º) Investigar que accións se están a levar a cabo e se son efectivas.
5º) Facer un listado de persoas que ao longo da historia destacaron pola súa implicación nesta temática.
5º) Enlazar o tema cos Dereitos Humanos: Investigando que é un dereito, cales son e en que medida se cumpren e cando se estableceron e para que?
6º) Descubrir se no noso país vímonos nunha situación similar á que se está producindo neste momento. Colaboración das familias.
7º) Elaboración de distintos materiais para estruturar os datos recollidos.
Ver nova na RTVE
Ver Proxecto REGAU proposto polo CEIP Isidora Riestra (Xustifación, Obxectivos)
Ver frase escollida para o DENEP 2016 no CEP Campolongo en YOGOTE

Rede PEA UNESCO (Plan de Escolas Asociadas Unesco)
Creada en 1953, a Rede do Plan de Escolas Asociadas da UNESCO (redPEA), que se denomina habitualmente Escolas Asociadas da UNESCO, é unha rede mundial constituída por máis de 9000 institucións educativas de 180 países.
A Rede foi creada co obxectivo de traducir os ideais e prioridades da UNESCO en acción concreta a nivel educativo e co paso do tempo aumentou considerablemente a visibilidade da Organización.
A RedPEA busca calidade na educación, en consonancia cos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) e o Marco de Acción de Dakar (Foro Mundial sobre a Educación, Senegal, 2000).
As actividades da RedPEA conxúganse para fortalecer os catro alicerces da aprendizaxe:
aprender a coñecer
aprender a facer
aprender a ser
aprender a vivir xuntos
como se manifesta no Informe á UNESCO da Comisión Internacional sobre a Educación para o Século XXI, presidida por Jacques Delors (1996).
As entidades que a integran -que van desde centros de ensino preescolar, primaria e secundaria ata escolas de formación profesional e institutos de capacitación de docentes- laboran en prol da comprensión internacional, a paz, o diálogo intercultural, o desenvolvemento sustentable e a posta en práctica da educación de calidade.
A Rede é útil para tomarlle o pulso á realidade, sensible ao que sucede no mundo. Tamén a Rede é un referente, preocupada por introducir novas propostas na aula, ao redor das catro liñas temáticas:
1-O papel do sistema das Nacións Unidas,
2-A educación con miras ao desenvolvemento sustentable
3- A paz e os dereitos humanos
4- Aprendizaxe intercultural.
A Rede facilita o irmandamento entre escolas, no ámbito nacional, rexional e internacional e impulsa o compromiso a longo prazo das escolas fronte aos grandes temas globais.
A RedPEA promove o pensamento crítico, a aprendizaxe interactiva, a comunicación, o respecto mutuo e a solidariedade entre estudantes e docentes.
A RedPEA reforza o rol da UNESCO como catalizador da cooperación rexional e inter rexional, estimulando actividades conxuntas, proxectos e campañas entre os propios membros da rede e entre estes e a comunidade. A rede ademais identifica, experimenta e informa acerca de prácticas e materiais educativos innovadores, co obxectivo de facelas accesibles a todos.
3ª Xuntanza da REGAU do Curso 2015-16
Este xoves 21 de xaneiro celebrouse no CEIP Isidora Riestra (Poio) a 3ª Xuntanza da REGAU (Rede de Escolas Galegas Asociadas Unesco), grupo este, galego, da Rede PEA UNESCO).
As escolas presentes foron: Facultade de Educación UVIGO, CMUS (Conservatorio de Música de Pontevedra), IES Luís Seoane, IES Pedra da Auga, IES Pazo da Mercé, Colexio Eduardo Pondal de Cangas, CEIP Isidora Riestra, CEP Marcos da Portela, CEIP San Benito de Lérez e CEP Campolongo.
Os puntos que se trataron foron os seguintes:

Respecto ó vindeiro "VI Congreso Galego da REGAU", que se celebrará os días 25 e 26 de Febreiro de 2016 no Pazo da Cultura de Pontevedra:
1- Acollida dos nenos e nenas do Colexio Eduardo Pondal (Cangas)
2- UD sobre as Pontes
3- Hostel para os IES+Profes
4- Aclaración sobre as Presentacións, xa que non teñen por que estar finalizadas
5- O material terá que levalo cada escola participante.
6- Reparto dos encargados dos 5 Obradoiros - O de Mediación pola UVIGO - O de Relatividade polo IES Pedra da Auga - O de Presentacións polo CEP Campolongo - O do Atlántico polo IES Seoane e o IES Isidora Riestra - O das Pontes (con guías do Concello de Pontevedra) polo profesorado participante rotando.
7- Presentación do Programa. (Axiña o poremos no blog)
Quedouse para o 5 de Febreiro, como última data para confirmar a asistencia ó Congreso e presentar as idades dos nenos e nenas participantes para poder organizar os grupos e os obradoiros.
venres, 22 de xaneiro de 2016
As Patronas Mexicanas (Yogote)
As Patronas Mexicanas levan 20 anos axudando ós emigrantes que intentan chegar a EEUU no tren coñecido como a BESTIA.
Máis na Etiqueta deste Blog: Patronas Mexicanas
Máis na Etiqueta deste Blog: Patronas Mexicanas
mércores, 20 de xaneiro de 2016
domingo, 17 de xaneiro de 2016
sábado, 16 de xaneiro de 2016
venres, 15 de xaneiro de 2016
Preámbulo en Yogote da Carta da ONU - 70 Aniversario
Ver a Carta das Nacións Unidas completa (En Inglés) (En Español)
Artigos relacionados:
Citas da mensaxe do Secretario Xeral da ONU
Frase do Secretario no 70 Aniversaro da ONU (En Yogote e en varias linguas)
Unha celebración amarga
Máis artigos na Etiqueta 70 Aniversario da ONU
luns, 11 de xaneiro de 2016
domingo, 10 de xaneiro de 2016
Concurso Escolar sobre os Dereitos Humanos
Co fin de promover o coñecemento dos dereitos humanos entre os escolares españois, a Defensora do Pobo e a ONG Globalización dos Dereitos Humanos convocan o XIII Concurso Escolar de debuxos Defensor do Pobo 2015-16.
O prazo de entrega remata o 31 de marzo.
Ver as bases
Ver cales son Os Dereitos Humanos. (Na páxina da ONU)
sábado, 9 de xaneiro de 2016
xoves, 7 de xaneiro de 2016
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)