domingo, 3 de novembro de 2019

Equilibrista con garfos

Para facer o experimento necesitamos un tapón de cortiza, dous garfos iguais, un ovo (mellor cocido), unha pelota, un  palito e unha botella. En primeiro lugar cravamos os dous garfos no lateral dun tapón de cortiza coidando que teñan o mesmo ángulo respecto a a vertical que pasa polo centro do tapón (ver vídeo). Logo baleiramos lixeiramente a base do tapón de cortiza. Se se sostén o tapón de cortiza pola base cun dedo podemos ver que se mantén en equilibrio estable. No vídeo temos outros exemplos de equilibrio estable sobre unha botella utilizando un ovo, unha pelota pequena e un  palito de madeira.
Explicación
Grazas aos dous garfos lógrase desprazar o centro de gravidade do conxunto por baixo do punto de apoio logrando un equilibrio estable.

Ningún comentario:

Publicar un comentario