mércores, 22 de abril de 2015
domingo, 19 de abril de 2015
venres, 10 de abril de 2015
As máquinas (inventos)
Traballos de máquinas feitos coa colaboración das familias. Moitas delas relacionadas coa luz e cos inventores que fixeron posible ter moitas das comodidades que temos neste século XXI
Clica na segunda imaxe para ver todas.
xoves, 9 de abril de 2015
Circuíto eléctrico con vinagre
O vinagre ten multitude de usos; ademais de aliño, serve como conservante de alimentos, como repelente de mosquitos, de artigo de limpeza, debido ao seu carácter ácido, reacciona co carbonato cálcico polo que tamén é usado para a limpeza de cal en pequenos electrodomésticos como cafeteiras. Grazas a este carácter ácido e a súa facilidade para adquirilo puidemos facer un experimento entre a relación da reacción química e corrente eléctrica:
O obxecto da electroquímica é estudar a relación entre as reaccións químicas e as correntes eléctricas ás que estas reaccións poden dar lugar en determinadas circunstancias, así como a conversión de enerxía química en enerxía eléctrica e viceversa.
As pilas caseiras funcionan a partir dunha reacción química que produce unha corrente eléctrica.
O vinagre, normalmente, é ácido acético máis auga. Este provén do alcohol dun viño grazas á fermentación dunhas bacterias que lle gustan o osixeno para vivir ( os biólogos chámanas bacterias aeróbicas). Canto máis calidade teña o viño, mellor será o vinagre. Hai moitos tipos de vinagres; de tipo industrial, de alcohol, de Xerez.....
No vídeo podemos ver como o alumnado de 6º elaboraron varios circuítos, en especial o feito con vinagre.
Artigos relacionados co 2015 Ano Internacional da Luz
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)