xoves, 25 de setembro de 2014

2015 Ano Internacional do Solo

A 68ª sesión da Asemblea Xeral da ONU declara 2015 Ano Internacional dos solos (A/RES/68/232). A Organización da Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) foi encargada de implementar o Ano Internacional dos solos 2015 (AIS) no marco da Alianza Mundial polo Chan e en colaboración cos gobernos e a secretaría da Convención das Nacións Unidas de Loita contra a Desertización (CNULD). O AIS 2015 ten como obxectivo aumentar a concienciación e a comprensión da importancia do solo para a seguridade alimentaria e as funcións ecosistémicas esenciais. O sitio web do AIS é a principal plataforma para compartir información e recursos relevantes con diferentes socios. O sitio actualizarase proximamente. Invitámolo a volver visitalo para máis información. 
 Os obxectivos específicos do Ano Internacional dos solos 2015 son os seguintes:
Conseguir a plena concienciación da sociedade civil e os responsables da toma de decisións sobre a profunda importancia do chan para a vida humana; Educar o público sobre o papel crucial que desempeña o chan na seguridade alimentaria, a adaptación e a mitigación do cambio climático, os servizos ecosistémicos esenciais, a mitigación da pobreza e o desenvolvemento sostible; Apoiar políticas e accións eficaces para o manexo sostible e a protección dos recursos do chan; Promover investimentos en actividades de manexo sostible da terra para desenvolver e manter chans saudables para os diferentes usuarios da terra e grupos de poboación; Fortalecer iniciativas en relación co proceso dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a axenda post-2015; Promover unha mellora rápida da capacidade para a recompilación de información sobre o chan e a supervisión a todos os niveis (mundial, rexional e nacional).

Ver tamén 2015 Ano Internacional da Luz

2015 Ano Internacional da Luz

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou na súa LXVIII sesión o ano 2015 como Ano Internacional da Luz e das Tecnoloxías baseadas na Luz. A devandita resolución conta co copatrocinio de 35 países entre os que se encontra España. Os obxectivos do Ano Internacional da Luz e das Tecnoloxías baseadas na Luz son: . Mellorar a comprensión pública de como a luz e as súas tecnoloxías relacionadas afectan á vida cotiá e son esenciais para o futuro desenvolvemento da Humanidade. . Desenvolver a capacidade educativa mediante actividades orientadas á difusión da cultura científica entre os mozos en todo o mundo. . Aumentar a cooperación internacional. . Difundir os descubrimentos dos séculos XIX e XX que demostraron a importancia fundamental da luz na ciencia e o desenvolvemento científico. . Destacar a importancia da investigación e fomentar vocacións científicas no ámbito da luz e as súas aplicacións. . Promover a importancia da tecnoloxía de iluminación no desenvolvemento sostible e na mellora da calidade de vida nos países en vías de desenvolvemento. . Dar a coñecer a profunda relación que existe entre a luz, a arte e a cultura, así como fortalecer o papel das tecnoloxías ópticas na preservación do patrimonio cultural. . Conseguir que os logros e obxectivos anteriores perduren no tempo máis alá de 2015.
Ver tamén 2015 Ano Internacional do solo

mércores, 24 de setembro de 2014

Lecturas recomendadas de Astronomía


Octupuses and Allies @ school


A escola italiana "Liceo Scientifico D Carlo La Mura" (Salerno, Italia), que participou nas videoconferencias do curso pasado, ten un traballo interesante sobre  un cefalópodo, o "pulpi" (polvo). Esta en italiano, e algunha parte en francés e inglés. 
Esta escola invita a outras Escolas Asociadas UNESCO a partillar con eles sobre estes animais para concienciar á todos sobre a importancia na conservación destos animais e en xeral do Medio.

Ver o traballo en PDF

Os interesados poden comunicarse coa escola ou falar con Xavier Prado para poñerse en contacto.

luns, 22 de setembro de 2014

Libro - "El hilo de la memoria"

O libro vainos contando, dende o principio e cunha voz moi persoal, a historia dos conflitos entre os palestinos e o Estado de Israel. Dende a expulsión dos seus territorios en 1948 ata o levantamento do actual muro de separación.

Libro - "La limpizaza étnica de Palestina" de Ilan Pappé

 Ilan Pappé.  Historiador xudeu. Por tal   reiteradas ameazas de morte, tivo que fuxir de Israel e exilarse en Inglaterra, onde traballa como profesor na Universidade de Exeter.

Ver un resumo

Caddy Adzuba en yogote-2015


Clica na imaxe para entrar nun espazo adicado a esta loitadora dos dereitos humanos.

Artigo relacionado

domingo, 21 de setembro de 2014

Sen a liberdade de Palestina a nosa é incompleta


"Voces de Gaza" coa Cadena Ser


Clicando na imaxe poderás escoitar os programas de radio que a Cadena Ser fixo dende Gaza no Ano Internacional de Solidaridade con Palestina (2014)

"Nós ensinamos vida, señor"




A periodista palestina  Rafeef Ziadah escribiu , en resposta a unha pregunta dun  periodista:  
 " Escribín este poema cando as bombas estaban a caer en Gaza e eu era a voceira de prensa para a coalición facendo moito traballo de organización. Quedabámonos espertos ata as seis da mañá perfeccionando cada clip de son e ao final, como saben, moitos palestinos cánsanse e acaban pronunciando os " P. " como "B" así é como nos convertemos en "balestinos" ao final do día, así que estiven a practicar os meus "pes" toda a noite e á mañá seguinte, un dos xornalistas preguntoume:

" Non cres que todo estaría ben se simplemente deixasen de ensinar aos seus fillos a odiar? "

Non insultei a persoa. Fun moi educada, pero escribín este poema como resposta a este tipo de preguntas que a nós, os palestinos, sempre nos fan.

Hoxe o meu corpo foi un masacre televisivo.
Hoxe o meu corpo foi un masacre televisivo que tivo que adaptarse a clips de son e limitación de palabras.
Hoxe o meu corpo foi un masacre televisivo que tivo que adaptarse a clips de son e limitación de palabras o suficientemente enchidas con estatísticas, contadores, medidas, respostas para as que tiven que perfeccionar o meu inglés e aprendín as miñas resolucións das Nacións Unidas.
Pero aínda así, el preguntoume: "Srta. Ziadah, non pensa que todo se arranxaría se deixasen de ensinar tanto odio aos seus nenos? "

Pausa.

Busquei dentro de min a fortaleza para ser paciente, pero a paciencia non está na punta da miña lingua mentres as bombas caen sobre Gaza.

A paciencia simplemente escapou de min.

Pausa.

Sorriso.

Nós ensinamos vida, señor.
(Raffeef, recorda sorrir)

Pausa.

Nós ensinamos vida, señor.
Nós, os palestinos, ensinamos vida despois de que eles ocupasen o último ceo.
Nós ensinamos vida despois de que eles constrúan os seus asentamentos e os seus muros do Apartheid despois do último ceo.
Nós ensinamos vida, señor.
Pero hoxe o meu corpo foi un masacre televisivo fabricado para adaptarse a clips de son e limitación de palabras.

"Pero, dános tan só unha historia, unha historia humana. Sabes, isto non é política. Nós tan só queremos falalo á xente sobre ti e a túa xente, así que, dános unha historia humana.
Non menciones  as palabras "apartheid" e "ocupación", isto non é política. Tes que axudarme como xornalista a axudarche a contar a túa historia, a cal non é unha historia política,".

Hoxe o meu corpo foi un masacre televisivo

" Que hai se nos dás a historia dunha muller en Gaza que necesita medicación?
Que hai acerca de ti?
Tes os ósos suficientemente rotos para cubrir o teu fillo, entregarme ao teu morto e darme a lista dos seus nomes nun límite de 1200 palabras? "

Hoxe o meu corpo foi un masacre televisivo fabricado para adaptarse a clips de son e limitación de palabras e movido por aqueles insensibles ao sangue de terroristas.
Pero eles sénteno.
Sénteno polo asedio sobre Gaza.
Así que lles dí as resolucións das Nacións Unidas e as estatísticas,
E condenámolo,
E lamentámolo,
E rexeitámolo.
Estes non son dous bandos iguais: ocupante e ocupado,
e un centenar de mortos,
dous centenares de mortos,
e un millar de mortos
e entre medio deste crime de guerra e masacre, construín palabras
e un sorriso non exótico,
sorriso non terrorista,
e recontei e recontei,
un centenar de mortos,
dous centenares de mortos,
un millar de mortos,
Hai alguén aí fóra?
Haberá alguén que escoite?
Desexaría poder plañir sobre os seus corpos
Desexaría simplemente poder correr alí a cada campo de refuxiados e soster cada neno,
tapalos os oídos para que non tivesen que escoitar o son das bombas polo resto das súas vidas
como eu fago.

Hoxe o meu corpo foi un masacre televisivo,

E déixenme dicir que non hai nada que as súas resolucións das Nacións Unidas fixesen xamais sobre isto.
E ningún clip de son,
ningún clip de son que faga, non importa que bo inglés teña,
Ningún clip de son
Ningún clip de son
Ningún clip de son
Ningún clip de son
devolveralles a vida,
Ningún clip de son,
arranxará isto.

Nós ensinamos vida, señor
Nós ensinamos vida, señor
Nós, os palestinos, erguémonos cada mañá para ensinalo ao resto do mundo
Vida, señor."

Ver os poemas editados nun CD de Rafeef Ziadah

Páxina con documentación sobre Palestina

2014 Ano Internacional de Solidaridade con Palestina

Palestina-yogote-2014


Clicando na imaxe poderás entrar na páxina web "Palestinayogote2014", con vídeos, cancións , documentos ....

Artigo relacionado

2014 Ano Internacional de  Solidaridade con Palestina



xoves, 18 de setembro de 2014

Caddy Adzuba



Caddy Adzuba  Premio Príncipe de Asturias á Concordia 2014 e Premio Internacional de Periodismo Julio Anguita Parrado 2009, realiza un labor arriscado e profundamente comprometido cos valores da paz e a defensa dos dereitos humanos. 
Nace en Bukavu, República Democrática do Congo, en 1981. Licenciada en Dereito pola Universidade Oficial de Bukavu e membro fundadora da rede Un Altofalante para o Silencio -proxecto da Fundación Euroárabe-, Caddy Adzuba exerce o periodismo en Raio Okapi, emisora da Misión de Nacións Unidas na República Democrática do Congo -MONUC-, que emite en todo o territorio deste país. Adzuba é membro da Asociación de Mulleres de Medios de Comunicación do Leste de Congo, grazas á cal se realizaron distintas alegacións á Corte Penal Internacional e ao Senado dos Estados Unidos, denunciando a violencia sexual que sofren as mulleres de República Democrática do Congo, un país que vive en guerra dende 1996 e no que se cifra unha media de corenta violacións diarias a mulleres dende o inicio do conflito. 
 Na traxectoria profesional de Caddy Adzuba, Premio Internacional de Periodismo Julio Anguita Parrado 2009, destaca o seu compromiso na defensa dos dereitos humanos e a construción da paz dende o seu labor como xornalista nun dos conflitos máis atroces do mundo, e a súa denuncia da violencia que se exerce contra as mulleres, da utilización das nenas e nenos como soldados e da defensa da liberdade de expresión. En 2014, Caddy Adzuba recibe o Premio Príncipe de Asturias á Concordia, recoñecendo así a súa loita pola liberdade de prensa, a reconstrución da paz e os dereitos humanos, especialmente os da infancia e as mulleres en zonas de conflito. A súa denuncia, a través do periodismo, das torturas e violacións das que son vítimas as mulleres e as nenas congolesas e o seu traballo pola reinserción destas mulleres nunha sociedade na que son repudiadas, por este feito.

VI Edición do Xadrez na Rúa



Este venres 19 de setembro, ás 17:00 h celebrarase na Praza da Ferraría a VI Edición  do Xadrez na Rúa. Lembramos que a esta xornada lúdica poden asistir tod@s  os que queiran aínda que non saiban xogar moi ben, pois haberá xente dabondo para que xoguen e aprendan.

Ver fotos do evento

Nova na prensa

Ver a V Edición no 2013

Ver a  1ª Edición  como traballo presentado nas Escolas Asociadas Unesco

Artigo relacionado  "Proyecto Ajedrez Educativo en Cantabria"

xoves, 11 de setembro de 2014

1ª Circular Rede PEA UNESCO Curso 2014-115

https://docs.google.com/document/d/1qsnqaKN0TEdpsSPSj_4qomwZDZ-w9txq-MsYro_We5A/edit?usp=sharing

1ª Xuntanza Escolas Galegas Asociadas Unesco Curso 14-15

1ª Xuntanza  de inicio de curso  2013-14:
Xoves, 18 de setembro ás 17.00 horas no IES Luís Seoane de Monte Porreiro.  A partir de aquí comezaremos o roteiro por todas as escolas.

ORDE DO DÍA:
- Avalición do XXVII Encontro
- Propostas de traballo conxuntas
- Realización dunhas xornadas do Proxecto Atlántico e datas consensuadas coas e cos colegas portugueses
- 2015: Ano Internacional da Luz : propostas posibles
- Benvida aos compañeiros e compañeiras da Facultade de Educación
- Posibilidade de xornadas compartidas entre as diferentes escolas
- Rogos e preguntas