venres, 31 de xaneiro de 2014

DENIP 2014 - Peace Indaba


Este ano tivemos dous actos moi diferentes para celebrar o DENIP (Día Escolar da Non Violencia e a Paz), un deles foi onte, no patio da Escola, cantando e bailando a preciosa canción "Alegría" do Circo do Sol, e outro hoxe, nunha denominada "Webvinar"  compartindo experiencias da Paz con outros centros de diferentes Escolas Asociadas Unesco, como o Isidora Riestra de Poio, os IES de Pedra da Auga de Ponteareas, o do Pazo da Mercé das Neves, o IES Seoane de Monteporreiro, e outras non galegas, como a de S. Félix de Cantalicio de Ikastexea, Bizkaia, ou a Escola Andorrana de Segona Ensenyança de Santa Colona, ou o CEIP son Serra, de Sa Vileta en Palma de Mallorca.

xoves, 30 de xaneiro de 2014

Webvinar para espectadores (ver e chatear)

Clicando na imaxe e poñendo un nome de invitado, por exemplo Campolongo-6ºA, ou Cabanas 1º .... Poderás acceder como invitado e ver que se está a facer nesa "webvinar" se está activada. Este venres de 12:00 h a 13:00 h estaremos conectados varios centros falando sobre o DENIP (Día Escolar da Non Violencia e a Paz).  Para acceder como "Presentador" existe outra entrada.

DENIP 2014

Ver  fotos
Este xoves 30 de xaneiro celebramos o noso DENIP (Día Escolar da Non Violencia e a Paz). Tivemos sorte porque practicamente estivo chovendo toda a semana, por non dicir todo o que levamos de inverno.
Puidemos cantar e bailar a canción "Alegría"  do Circo do Sol, adaptada e preparada por Misi, a profe de música. Entre a canción e a coreografía algúns grupos recitaron con axuda dos xestos de Yogote algunhas das citas de Nelson Mandela.

luns, 27 de xaneiro de 2014

sábado, 18 de xaneiro de 2014

Peace Indaba

O CEP Campolongo, xunto con outros, tanto da Galiza como doutros da península,  está participando neste proxecto  Peace Indaba (palabra prestada do Zulu, que significa “Encontro”  e é ampliamente utilizada nas actividades abertas nun grupo, tanto de discusión ou de proxectos conxuntos). Neste caso utilizarase como foro de discusión sobre aspectos da paz no mundo.
O 1º “Peace Indaba” coincidirá co "Día Mundial da Poesía" o 21 de marzo deste ano 2014 e tamén co Día Internacional pola eliminación da Discriminación Racial, que foi establecido este conmemorando a Masacre de Sharpeville. E este ano estará centrado no recente falecido Premio Nobel da Paz Nelson Mandela,  unha das figuras referentes na cultura de Paz.

A nosa 1ª actividade EN GRUPO CON OUTRAS ESCOLAS vaise intentar facer o VENRES 31 de xaneiro,   de 12:00 h -13:00 , un día despois do DENIP 

Ver proceso de como está organizando a actividade

De todas as citas a traballar de Nelson Mandela, o venres 31 de xaneiro, nós temos adxudica na WEBVINAR  , unha sobre as linguas. Temos outras que se nomearán  pero non se farán en yogote por falta de tempo ó ser varios os centros participantes.

Máis información en :   Ágora de Paz

Ver vídeo do encontro

"Ninguén nace odiando a outra persona pola súa cor da pel, ou a súa orixe ou a súa relixión"


O alumnado de 5ºC homenaxeando a Nelson Mandela cunha das súas citas e coa linguaxe de signos internacional "Yogote":
"Ninguén nace odiando a outra persona pola súa cor da pel, ou a súa orixe ou a súa relixión"


xoves, 2 de xaneiro de 2014

A hora 11


Reflexións de cousas que están a pasar relacionados coa sostenibilidade do medio onde vivimos.