mércores, 17 de decembro de 2014

venres, 28 de novembro de 2014

UNESCO elixe o "Cante alentejano" como Património Imaterial da Humanidade

Ler máis na wikipedia

Método Montesori


Presume de Galego

Campaña na valoración da lingua propia  grabando o alumnado galegofalante (un minuto).  Como participar?
" Existimos os e as galegofalantes de menos de 60 anos, incluso de menos de 40, e de 30. De feito, case ningún chegamos aos 18! Se entras aquí  (imaxe) podes comprobar que desde os 3 anos xa falamos moi ben! Porque a nós tamén nos gusta mimar o noso ego, presumir do ben que falamos, da fonética marabillosa que nos sae da gorxa! Por iso, queremos compartir a nosa fala. De aquí e de acolá. Desde Ortegal ao Miño, desde Fisterra ata os Ancares, desde A Coruña a Vigo... Falamos de calquera tema en menos dun minuto e ti podes escoitarnos e/ou xuntar a túa voz coa nosa!"  Ler máis 

xoves, 27 de novembro de 2014

Auga dura e auga branda

REUNIÓN ESCOLAS UNESCO

Ola a todas e todos:
Teremos unha  reunión para o xoves 11 de decembro ás 18.00 horas no CEIP Isidora Riestra, despois teremos un pequeno convite para celebrar a chegada das vacacións e o noso traballo.
ORDE DO DÍA:
1.- Desenvolvemento das actividades propostas.
2.- Información da Xornada de Patrimonio
3.- Posibilidade de facer as xornadas do proxecto Atlántico
4.- Palestina
5.- Colaboración entre as escolas
6.- Rolda  de preguntas
Un saúdo

domingo, 5 de outubro de 2014

1ª Xuntanza Galega da Rede PEA UNESCO do Curso 2014-15 - Propostas de traballo


Primeira xuntanza de contacto para ver os temas que se poden abordar neste curso 2014-15 na Rede de Escolas Galegas Asociadas á UNESCO (18-10-2014).
 Entre outros, recordouse, dentro do grupo de traballo "Cultura de Paz" que o ano 2014 segue sendo, proclamado pola ONU, Ano Internacional de Palestina e que non se está visualizando moito a nivel de medios (ver artigo relaciona no blogue) .  Posible evento:   Organizar para o 29 de novembro, Día Internacional do pobo palestino, un encontro na “Ágora de Paz” entre as escolas galegas e palestinas coa axuda técnica das Universidades de Gaza e Cisjordania. https://sites.google.com/site/palestine2014yogote/   ou neste blogue na etiqueta "Palestina"
Como persoeiro a traballar dentro tamén de Cultua de Paz,  sempre entre outros  que cada escola queira traballar, escolleuse a   Caddy Adzuba,    unha abogada, periodista, locutora e activista polos dereitos da muller, a infancia e a liberdade de prensa no Congo .
Dentro do apartado de Desenvolvemento Sostible  , traballaranse diversos temas, dos cales algúns irán englobados nun proxecto conxunto denominado "Luces do Atlántico" , aproveitando que será  o ano 2015  Ano Internacional da Luz e Ano Internacioal do solo,   Dentro destes incluiremos en especial, os problemas que carrexa utilizar mal o  plástico.  Posible evento: 
- Celebrar una xornada conxunta nunha praia (na primavera), coordinada polos estudantes de Ciencias do Deporte, e que xirara ao redor de: o lixo do mar, xogos populares ou cooperativos, merenda saudable ..
- En  patrimonio a coordinadora estatal aconséllanos e mándannos información para traballar o "Patrimonio e o turismo sustentable"
Outros temas que se aconsellan dende a Coordinadora Estatal pódense ver na 1ª Circular  do curso 2014-15  e na 2ª circular do 30 de setembro  . Nesta 2ª atópase o proxecto a proposta de Brasil chamado "Cantando polo mundo"   ( Velo na circular  

Todo isto levarase para debater nos "Grupos Unesco" das Escolas Asociadas, onde este ano temos o pracer de contar tamén coa Facultade de Educación da Universidade de Vigo (en Pontevedra)

Ver acta da xuntanza


Proxecto Cantando polo Mundo

O Proxecto Cantando polo Mundo, desenvolvido polo Colexio Magno  (Brasil)e aberto ás Escolas Asociadas da UNESCO.

O proxecto ten como obxectivo ampliar a aprendizaxe dos xogos das diferentes culturas, e o repertorio musical e cultural destes, de maneira que os alumnos poidan coñecelos por medio do intercambio entre escolas de diferentes países.
Suxerimos algunhas accións específicas:

Gravación dun video co grupo de alumnos elixido, cantando e realizando un xogo popular co obxectivo de presentalo ao noso grupo de alumnos de Brasil. En resposta, o noso grupo tamén presentará un xogo típico do noso país.
A comunicación online entre os alumnos, por medio do Skype ou doutro medio dixital, para establecer sesións de integración en vivo entre eles, co fin de debater sobre diferentes aspectos das culturas dos grupos participantes.
A comunicación entre profesores, coordinadores e directores, para intercambiar sobre os aspectos pedagóxicos de cada xogo presentado e o desenvolvemento de cada traballo.
As producións finais serán publicadas nun sitio creado para esta finalidade, de forma que todo poida ser compartido entre as escolas e os países participantes.

A integración das nosas manifestacións folclóricas como tema de proxectos e vivencias na escola é moi significativa. Ofrécenos a posibilidade dun traballo de musicalización a través das mais variadas referencias culturais. Moitas características da cultura popular, como rituais de bailes e músicas forman parte do cotián escolar.
Desexamos que a súa escola poida participar neste proxecto que no seu contexto máis amplo está encravado na educación dunha cidadanía global, que é o principal obxectivo definido pola rede
internacional do PEA para a próxima década.

RESUMO 

1. Elixa un grupo de estudantes entre as idades de 6 a 8.

2. Elixa un xogo con canto que é popular no seu país e apropiado para o grupo de idade indicado. Neste caso, os xogos con expresións musicais e corporais poden ser elixidos sen ningún problema

3. Gravar un video de presentación do grupo que realiza o xogo dun xeito espontáneo. O vídeo pódese producir dun xeito máis afeccionado, utilizando os medios técnicos dispoñibles na escola (por exemplo: o uso dunha cámara e / ou o teléfono móbil).

4. O profesor e / ou os estudantes poden presentar datos interesantes sobre o xogo elixido: características pedagóxicas, tales como os instrumentos musicais, os aspectos culturais, asi como citar temas importantes na rexión na que se realiza o xogo, etc.

5. O video debe ser enviado ao Colexio Magno, en Brasil, que se encargará de analizar e promover os "socios" entre as escolas interesadas no proxecto.

6. A nosa intención é formar un grupo de intercambio de aprendizaxe dos xogos dos distintos países, apreciar e compartir as nosas experiencias musicais, e, polo tanto, o fortalecemento da cidadanía e o respecto de cada país pola diversidade cultural.

7. Unha vez que a escola manifesta o seu interese e participación no proxecto, enviarase o primeiro video producido cos nosos estudantes aquí, en Brasil.

Se ten algunha pregunta ou inquietude, por favor non dubide en contactar connosco: Beto
Schkolnick/ Music Area Coordinator/ Colégio Magno / Mágico de Oz: mivota @ colmagno.com.br (o correo aquí non  é o correcto, preguntarlle a Nito ).