Hoxe, día 2 de febreiro, Día da Candelaria, e tamén Día Mundial dos Humidais, a Asociación Vaipolorío organizou unha saída informativa e reivindicativa de protección dos humidais, neste caso das brañas (terreo húmido que pode ser prado ou monte baixo) que temos polo río "Ghafos".
Falouse do Convenio de Ramsar, das distintas zonas do río que son brañas todo ano, das que son esporádicas dependendo do tempo. Do perigo que corren estos espazos pola falta de concienciación dos especuladores. Da importancia das pozas ou "charcas" pola moita vida que nela teñen.


