Na 1ª circular podemos ver:
Propostas do Proxecto "La Ruta del Olivo"
Novo Proxecto Deportivo "O deporte tamén xoga. Un proxecto compartido"
Continuamos co Patrimonio Rural: Traballando os alimentos saudables.
Continua o Proxecto: "Coñecer a rede a través de Poemas do Mundo" e "A Ruta do Esclavo"
Outros : Proxecto Atlántico ....
Amosando publicacións coa etiqueta Propostas 2013 b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Propostas 2013 b>. Amosar todas as publicacións
sábado, 7 de decembro de 2013
sábado, 12 de outubro de 2013
Eu teño un soño - M. Luther King
I have a dream (Eu teño un soño)
Neste ano, 2013, moitos medios de comunicación recordan que pasaron 50 anos (1963) dende que Martin Luther King manifestara dende o Monumento a Lincoln de Washington e ante 250 mil persoas un SOÑO que segue a ser moi actual: a igualdade no acceso ós dereitos civís, ó traballo, á liberdade.
A frase cambiaría para sempre as relacións raciais nos Estados Unidos de América e perviviu no imaxinario colectivo como un dos máis fermosos discursos na historia política do país.
A aquel pastor baptista que vivira a discriminación en carne propia concederonlle o Premio Nobel da Paz en 1964. Porque a súa principal arma sempre fora esa: a resistencia pacífica e a palabra fronte ós que propugnaban o "ollo por ollo" e a violencia.
Cinco anos despois dese esperanzador discurso que hoxe fai medio século, o 4 de abril de 1968, Luther King foi asasinado por un francotirador que lle disparou á cabeza. Tiña só 39 anos. Pero os seus soños continúan vixentes. El mesmo o dicía: "a nosa xeración non se lamentará das obras e das palabras das malas persoas, senón do silencio das boas persoas.
mércores, 9 de outubro de 2013
Irene Sendler
As Escolas Asociadas da UNESCO da Galiza traballamos conxuntamente para o XXVI Congreso Estatal da Rede PEA, xunto con outros, o tema de Irene Sendler, dentro do Holocauto Nazi. o traballo aportado polo CEIP Campolongo feito por Iago B. H.(6ºA)
60 Aniversario da Rede PEA con Poemas do Mundo (Yogote)
Manual de Ramsard
2013 Ano Internacional da Auga
O libro das máquinas
Mural da Camelia
Mural Morteiro
Mural Enredos
Mural Teatro
Mural da Quinua
Mural da Radio
Manual de Ramsard
2013 Ano Internacional da Auga
O libro das máquinas
Mural da Camelia
Mural Morteiro
Mural Enredos
Mural Teatro
Mural da Quinua
Mural da Radio
Etiquetas:
CEIP Isidora Riestra,
CEP Campolongo,
Congresos Estatais,
Cultura de Paz,
IES Pazo da Mercé,
IES Pedra da Auga,
IES Seoane,
Persoeiros UNESCO,
Propostas 2013,
Traballos
Frases de Luther Martin King
Fai 50 anos, en 1963, este persoeiro, Premio Nobel da Paz en 1964, fixo un discurso, coñecido como "Eu teño un soño", con moita transcendencia na loita dos Dereitos Humanos. Aquí deixamos algunhas das súas frases célebres:
1- "Se soubese que o mundo rematara mañá, eu, hoxe aínda, plantaría unha árbore".
2- "Se axudo a unha soa persoa a ter esperanza, a miña vida non sería en balde".
3- "Aprendemos a voar como os paxaros, a nadar como os peixes; pero non aprendemos a sinxela arte de vivir como irmáns".
4- "Nada no mundo é máis perigoso que a ignorancia sincera e a estupidez con conciencia".
5- "Ninguén se nos montará enriba se non dobramos as costas".
6- "Se o home non descubriu nada polo que morrer, non é digno de vivir".
7- "Nada se esquece máis amodo que unha ofensa; e nada máis rápido que un favor".
8- "A violencia crea máis problemas sociais que os que resolve".
9- "Unha nación que gasta máis diñeiro en armamento militar que en programas sociais achégase á morte
espiritual".
10- "Nada que un home faga o envilece máis que o permitirse caer tan baixo como para odiar a alguén".
Artigo relacionado: "Eu teño un soño"
sábado, 28 de setembro de 2013
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







