xoves, 19 de setembro de 2013

Economía Verde e Agricultura Familiar

A Agricultura como sector produtivo é importante para a Economía Verde e a Economía Verde o  é para á Agricultura . 

Esta relación é tanto máis clara si nos centramos no modelo de Agricultura Familiar-AF- que o Foro Rural Mundial defende e promueve xunto con 365 organizacións agrarias e de desenvolvemento de máis de 60 países en 5 continentes. 

Cando se fala de Economía Verde faise coa convicción de que esta representa unha forma adecuada para abordar os grandes retos actuais, como son a erradicación da pobreza, a degradación medioambiental, así como o desenvolvemento económico e a xeración de emprego
En todos estes aspectos existe unha forte  vinculación coa Agricultura Familiar. 

A Agricultura Familiar é un modelo produtivo baseado no vínculo que existe entre unha familia e a parcela de terra, a miúdo pequena ou mediana, que traballa para obter a súa renda principal, de forma sostible e respetuosa co medio. Cando se fala de AF asúmense conceptos como autosuficiencia e “auto-resilencia”, que fan clara alusión á súa capacidade para adaptarse con eficacia aos cambios medio ambientais e económicos. 

A Agricultura Familiar representa un sector de valor estratéxico debido á súa función económica, social e ambiental que son os tres compoñentes do desenvolvemento sostenible. 

Na actualidade hai 1.500 millóns de homes e mulleres agricultores traballando en 404 millóns explotacións de pequeno tamaño de menos de 2 hectáreas (IAASTD 2009), 410 millóns recollendo as colleitas ocultas dos bosques e sabanas (ETC 2009), entre 100 e 200 millóns son pastores (Convention on Biological Diversity  2010), 100 millóns son mariñeiros artesanais (Kura et a o. 2004); e 370 millóns pertencen a comunidades indíxenas (IFAD 2009) dos que a gran maioría están vinculados á agricultura. Ademais, 800 millóns de persoas cultivan hortos urbanos (World Watch Institute 2007). Estes datos deixan patentes a importancia e a presenza da AF no mundo.

Os homes e mulleres dedicados á agricultura familiar producen o 70% dos alimentos do mundo. A Agricultura Familiar é a base da produción sostible de alimentos co obxectivo final de alcanzar a seguridade e a soberanía alimentarias, da xestión sostible da terra e da súa biodiversidade, así como da preservación da importante herdanza sociocultural das comunidades rurais e das nacións. 

Atendendo aos tres alicerces do Desenvolvemento Sostible, a AF é clave para:

SOCIALMENTE:

- Mellora do nivel de vida das comunicacións rurais
- Xustiza social e equidade de xénero.
- Preservación e desenrolo da herdanza socio-cultural das comunidades.
- Incorporacións de aspectos xeneracionais.
- Xestión de bens comúns.
- Participación política e social dos produtores.

ECONÓMICAMENTE:

- Produción sostible dos alimentos
- Garantía da seguridade e soberanía alimentaria.
- Fonte importante de ingresos e empregos verdes.
- Fortalecemento do mercado local e rexional.
- Resistencia á crise por diversificación.
- Desenrolo de servizos complementarios (educación, sanidade, etc)

AMBIENTALMENTE:

-Xestión sostible do territorio, dos recursos naturais e dos bens comúns (solo, auga, sementes, bosques…)
- Preservación da biodiversidade e da diversidade xenética (variedades autóctonas)
- Resiliencia ante o cambio climático.
- Recuperación e desenvolvemento de técnicas adaptadas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario