sábado, 23 de xaneiro de 2016

As Patronas mexicanas


Desde fai máis de vinte anos as PATRONAS MEXICANAS axudan a persoas que atravesan América de Sur a Norte na procura dun mundo mellor. No ano 2013 reciben o Premio de DEREITOS HUMANOS. E no 2015 foron candidatos ou nominados para o  "Premio Princesa Asturias para la concordia "
Proposta de actividades das escolas galegas da Rede PEA UNESCO:
1ª) Recoller noticias ou información sobre os movementos migratorios.
2ª) Seleccionar a información e analizala.
3ª) Reflexionar sobre como nos afecta este problema.
4º) Investigar que accións se están  a levar a cabo e se son efectivas.
5º) Facer un listado de persoas que ao longo da historia destacaron pola súa implicación nesta temática.
5º) Enlazar o tema cos Dereitos Humanos: Investigando que é un dereito, cales son e en que medida se cumpren e cando se estableceron e para que?
6º) Descubrir se no noso país vímonos nunha situación similar á que se está producindo neste momento. Colaboración das familias.
7º) Elaboración de distintos materiais para estruturar os datos recollidos.

Ver nova na  RTVE

Ver Proxecto REGAU  proposto polo CEIP Isidora Riestra  (Xustifación, Obxectivos)

Ver frase escollida para o DENEP 2016 no CEP Campolongo en YOGOTE

Rede PEA UNESCO (Plan de Escolas Asociadas Unesco)

Creada en 1953, a Rede do Plan de Escolas Asociadas da UNESCO (redPEA), que se denomina habitualmente Escolas Asociadas da UNESCO, é unha rede mundial constituída por máis de 9000 institucións educativas de 180 países.

A Rede foi creada co obxectivo de traducir os ideais e prioridades da UNESCO en acción concreta a nivel educativo e co paso do tempo aumentou considerablemente a visibilidade da Organización.
 A RedPEA busca calidade na educación, en consonancia cos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) e o Marco de Acción de Dakar (Foro Mundial sobre a Educación, Senegal, 2000).

As actividades da RedPEA conxúganse para fortalecer os catro alicerces da aprendizaxe:

aprender a coñecer
aprender a facer
aprender a ser
aprender a vivir xuntos

como se manifesta no Informe á UNESCO da Comisión Internacional sobre a Educación para o Século XXI, presidida por Jacques Delors (1996).

As entidades que a integran -que van desde centros de ensino preescolar, primaria e secundaria ata escolas de formación profesional e institutos de capacitación de docentes- laboran en prol da comprensión internacional, a paz, o diálogo intercultural, o desenvolvemento sustentable e a posta en práctica da educación de calidade.

A Rede é útil para tomarlle o pulso á realidade, sensible ao que sucede no mundo. Tamén a Rede é un referente, preocupada por introducir novas propostas na aula, ao redor das catro liñas temáticas:
 1-O papel do sistema das Nacións Unidas,
 2-A educación con miras ao desenvolvemento sustentable
3- A paz e os dereitos humanos 
4-  Aprendizaxe intercultural. 

A Rede facilita o irmandamento entre escolas, no ámbito nacional, rexional e internacional e impulsa o compromiso a longo prazo das escolas fronte aos grandes temas globais.

A RedPEA promove o pensamento crítico, a aprendizaxe interactiva, a comunicación, o respecto mutuo e a solidariedade entre estudantes e docentes.

 A RedPEA reforza o rol da UNESCO como catalizador da cooperación rexional e inter rexional, estimulando actividades conxuntas, proxectos e campañas entre os propios membros da rede e entre estes e a comunidade. A rede ademais identifica, experimenta e informa acerca de prácticas e materiais educativos innovadores, co obxectivo de facelas accesibles a todos.

3ª Xuntanza da REGAU do Curso 2015-16

Este xoves 21 de xaneiro  celebrouse no CEIP Isidora Riestra (Poio)  a 3ª Xuntanza da REGAU (Rede de Escolas Galegas Asociadas Unesco), grupo este,  galego,  da Rede PEA UNESCO).
As escolas presentes  foron: Facultade de Educación UVIGO, CMUS (Conservatorio de Música de Pontevedra),  IES Luís  Seoane, IES Pedra da Auga, IES Pazo da Mercé, Colexio Eduardo Pondal de Cangas, CEIP Isidora Riestra, CEP Marcos da Portela, CEIP San Benito de Lérez e CEP Campolongo.
  Os puntos que se  trataron foron os seguintes:

Respecto ó vindeiro "VI Congreso Galego da REGAU", que se celebrará os días 25 e 26 de Febreiro de 2016 no Pazo da Cultura de Pontevedra:

1- Acollida dos nenos e nenas do Colexio  Eduardo Pondal (Cangas)
2- UD sobre as Pontes
3- Hostel para os IES+Profes
4- Aclaración sobre as Presentacións, xa que non teñen por que estar finalizadas
5- O material terá que levalo cada escola participante.
6- Reparto dos encargados dos 5 Obradoiros  -  O de Mediación pola  UVIGO - O de Relatividade polo IES Pedra da Auga - O de Presentacións polo CEP Campolongo - O do Atlántico polo IES Seoane e o IES Isidora Riestra - O das Pontes (con guías do Concello de Pontevedra) polo profesorado participante rotando. 
7- Presentación do Programa. (Axiña o poremos no blog)

Quedouse para o 5 de Febreiro, como última data  para confirmar a asistencia ó Congreso e presentar as idades dos nenos e nenas participantes para poder organizar os grupos e os obradoiros.

domingo, 10 de xaneiro de 2016

Concurso Escolar sobre os Dereitos Humanos

Co fin de promover o coñecemento dos dereitos humanos entre os escolares españois, a Defensora do Pobo e a ONG Globalización dos Dereitos Humanos convocan o XIII Concurso Escolar de debuxos Defensor do Pobo 2015-16.

O prazo de entrega remata o 31 de marzo.

Ver as bases

Ver cales son Os Dereitos Humanos. (Na páxina da ONU)

luns, 28 de decembro de 2015

Celebracións de Días, Semanas, Anos e Decenios Internacionais da UNESCO


Os problemas mundiais e o papel do Sistema de Nacións Unidas 

Semana de acción mundial-EPT (educación para todos)

5 de outubro- Día Mundial do Mestre
1 de decembro- Día Mundial da loita contra a SIDA

A Educación para O Desenvolvemento Sostible

22 de marzo- Día Mundial da Agua

22 de abril- Día Mundial da Nai Terra

5 de xuño-Día del Medio Ambiente

*16 de setembro - Día Mundial da Preservación da Capa de Ozono

A Paz e os Dereitos Humanos

21 de marzo- Día Internacional da eliminación da discriminación racial

21 de setembro- Día Internacional da Paz

16 de novembro- Día Internacional  da Tolerancia

10 de decembro- Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos

O Aprendizaxe e o Diálogo Intercultural

21 de febreiro- Día Internacional da Lingua Materna

21 de maio- Día Internacional da diversidade cultural para o dialogo e o desenvolvemento

23 de agosto- Día Internacional de Recordo da Trata de escravos  e a súa abolición (TST)

2013-2022- Decenio Internacional do acercamento das culturas

Xa pasados:

2015- Ano Internacional da Luz e das tecnoloxías da luz
2014- Ano Internacional de Solidaridade co Povo Palestino

mércores, 2 de decembro de 2015

10 de Decembro - Día Internacional dos Dereitos Humanos

O documento da "Declaración dos Dereitos Humanos" foi probado e proclamado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, o 10 de decembro de 1948.
É o documento máis traducido a outras linguas (463). (Ver a versión en Galego en PDF  na paxina web da ONU).  Nós tamén os deixamos aquí:

Artigo 1.- Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e, dotados como están de razón e conciencia, deben comportarse fraternalmente os uns cos outros.
Artigo 2.- 1.- Toda persoa ten todos os dereitos e liberdades proclamadas nesta Declaración, sen distinción algunha de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición. 2. Ademais, non se fará distinción algunha fundada na condición política, xurídica ou internacional do país ou territorio de cuxa xurisdición dependa unha persoa, tanto se se trata dun país independente, como dun territorio baixo administración fiduciaria, non autónomo ou sometido a calquera outra limitación de soberanía.

luns, 30 de novembro de 2015

Desenvolvemento Sustentable - Presentación


Puntos a destacar pola UNESCO dos novos ODS

Os Obxectivos do Desenvolvemento Sustentable (ODS) constitúen unha axenda (ata 2030), para o desenvolvemento sustentable de carácter  universal, unha axenda "das persoas, polas persoas e para as persoas", elaborada coa participación activa da UNESCO. 
Neste contexto, a UNESCO destacará e reafirmará a importancia de: 
- a educación de calidade e inclusiva para todos e para conseguir o desenvolvemento sustentable. O Desenvolvemento Sustentable comeza na escola
- a protección do patrimonio cultural e a loita contra o tráfico ilícito de bens culturais,
- resolver os problemas educativos nas áreas de ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas que afronta o mundo hoxe en día,
- investir na mocidade e o acceso á educación para loitar contra o extremismo violento,
- o papel da liberdade de expresión e o acceso á información e o coñecemento no desenvolvemento sustentable, e
- a igualdade de xénero e a emancipación das mulleres no desenvolvemento sustentable e unha paz duradeira

Elixe cales son para ti os 6 primeiros obxectivos para un bo Desenvolvemento Sostible.

Clica na primeira imaxe se queres votar para elixir cales son para ti os 6 primeiros ou prioritarios obxectivos dos 17 que foron elixidos na cumbre  o 25-27 de setembro en Nova York durante o 70º periodo de sesións da Asamblea Xerall da ONU, para a histórica adopción dos novos Obxectivos de Desenvolvemento Sostenible (ODS).
  Na segunda imaxe podes ver como vai a votación a día de hoxe (30-11-2015).

Novos Obxectivos (17) do Desenvolvemento Sustentable (ODS) NO 70ª Aniversario da ONU

Antecedentes: A nova axenda sobre o desenvolvemento sustentable baséase nos resultados do Cume Mundial sobre o Desenvolvemento Sustentable de 2002, o Cume de 2010 sobre os ODM, os resultados da Conferencia das Nacións Unidas sobre o Desenvolvemento de 2012 (Río+20) e a posición de persoas  de todo o mundo. 
Recoñecendo os éxitos dos ODM, os países acordaron en  "O futuro que queremos", o documento final de Río+20, establecer un grupo de traballo de composición aberta que formulase un conxunto de obxectivos do desenvolvemento sustentable co fin de examinalo e adoptar as medidas  apropiadas 
Por este motivo os Xefes de Estado, representantes de alto rango das Nacións Unidas dirixentes gobernamentais e organizacións da sociedade civil reuníronse do 25 ao 27 de setembro en Nova York durante o 70º período de sesións da Asemblea Xeral da ONU, para a histórica adopción dos novos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS):  https://myworld2030.org 
Obxectivos do Desenvolvemento Sustentable (ODS) . Estes son:
Obxectivo 1: FIN Á POBREZA 
Poñer fin á pobreza en todas as súas formas en todo o mundo 
Obxectivo 2: FAME CERO 
 Poñer fin á fame, lograr a seguridade alimentaria e a mellora da nutrición e promover a agricultura sustentable 
Obxectivo 3: SAÚDE E BENESTAR 
Garantir unha vida sa e promover o benestar para todos en todas as idades 
Obxectivo 4: EDUCACION DE CALIDADE 
Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe 
durante toda a vida para todos 
Obxectivo 5: IGUALDADE DE XÉNERO 
Lograr a igualdade entre os xéneros e o empoderamiento de todas as mulleres e nenas 
Obxectivo 6: AUGA LIMPA E SANEAMENTO 
Garantir a dispoñibilidade de auga e a súa ordenación sustentable e o saneamento para todos 
Obxectivo 7: ENERXIA ALCANZABLE E NON CONTAMINANTE 
Garantir o acceso a unha enerxía alcanzable, segura, sustentable e moderna para Todos 
Obxectivo 8: TRABALLO DECENTE E CRECEMENTO ECONOMICO 
 Promover o crecemento económico sostido, inclusivo e sustentable, o emprego pleno e 
produtivo e o traballo decente para todos 
Obxectivo 9: INDUSTRIA, INNOVAVION E INFRAESTRUTURA 
Construír infraestrutura resiliente, promover a industrialización inclusiva e sustentable e 
fomentar a innovación 
Obxectivo 10: REDUCIÓN DAS DESIGUALDADES 
Reducir a desigualdade en e entre os países
Obxectivo 11: CIDADES E COMUNIDADES SUSTENTABLES 
Lograr que as cidades e os asentamentos humanos sexan inclusivos, seguros, resilientes e sustentables
Obxectivo 12: PRODUCIÓN E CONSUMO RESPONSABLES 
Garantir modalidades de consumo e produción sustentables
Obxectivo 13: ACCION POLO CLIMA
Adoptar medidas urxentes para combater o cambio climático e os seus efectos
Obxectivo 14: VIDA SUBMARINA 
Conservar e utilizar en forma sustentable os océanos, os mares e os recursos mariños para o desenvolvemento sustentable
Obxectivo 15: VIDA DE ECOSISTEMAS TERRESTRES
Protexer, restablecer e promover o uso sustentable dos ecosistemas terrestres, efectuar unha ordenación sustentable dos bosques, loitar contra a desertificación, deter e reverter a
degradación das terras e poñer freo á perda da diversidade biolóxica
Obxectivo 16: PAZ, XUSTIZA E INSTITUCIÓNS  SÓLIDAS 
https://drive.google.com/file/d/0Bzq3J0RIPD9KR0h3ZVYtLVJ1TlQ4Qk5vWDJ4b2dXVS1nUVpz/view?usp=sharingPromover sociedades pacíficas e inclusivas para o desenvolvemento sustentable, facilitar o acceso á xustiza para todos e crear institucións eficaces, responsables e inclusivas a todos os niveis
Obxectivo 17: ALIANZAS PARA LOGRAR Os OBXECTIVOS
 Fortalecer os medios de execución e revitalizar a alianza mundial para o desenvolvemento sustentable
Ver en castelán
Puntos a destacar pola UNESCO

Queres votar facendo unha enquisa cales son para ti os 6 prioritarios?

domingo, 29 de novembro de 2015

Cambio climático: 12 claves da cumbre de París (30-11-2015/11-12-2015)

Os representantes de 195 países,
a maioría dos Estados do mundo,reúnense no cume do Clima de París entre o 30 de novembro e o 11 de decembro. Neste encontro tratarase de pechar o primeiro acordo global para tentar frear o cambio climático.
1-Que é o cambio climático?


Os chamados gases de efecto invernadoiro, principalmente o dióxido de carbono (CO2), acumúlanse na atmosfera e impiden que as radiacións infravermellas que emite o planeta ao quentarse saian ao espazo. Isto fai que a temperatura do planeta suba. Estes gases sempre estiveron presentes na atmosfera. O problema, segundo o consenso científico (case absoluto), é que as actividades humanas están a  contribuir a romper o equilibrio existente. A industria, o transporte e os usos do chans aumentaron a concentración destes gases. Segundo a segundo a Organización Meteorolóxica Mundial (OMM), a concentración de CO2 na atmosfera alcanzou en 2014 as 397,7 partes por millón (ppm). Antes da Revolución Industrial era de 278 ppm.    
2-Que consecuencias ten o cambio climático?
Os científicos do grupo IPCC da ONU sinalaban que se o ser humano continúa co ritmo de emisión de gases sen tomar medidas de mitigación a temperatura media global subirá entre 3,7 e 4,8 graos en 2100 respecto ao nivel preindustrial. Ademais do aumento da temperatura e do nivel do mar, os científicos sosteñen que tamén afectará os fenómenos climáticos extremos, como inundacións, secas e ciclóns. A Administración Nacional Oceánica e Atmosférica de EE UU analizou 28 fenómenos extremos rexistrados no planeta en 2014. E conclúe que en 14 casos o cambio global fixo que sexan máis probables ou máis fortes.

venres, 27 de novembro de 2015

Os segredos dunha presa de terra

O alumnado de 5º da nosa escola, CEP Campolongo,  exercen estes días de pequenos investigadores tratando de descubrir a que tipo de solo  e ecosistema pertencen as mostras de materiais recollidos para a investigación: terra, area, follas, bichería e incluso residuos inorgánicos- recollidas polo profesor Amancio Castro, de Vaipolorío, en sotos, praias e ríos.

Protexidos con luvas, os escolares, divididos en equipos, clasifican as mostras, aparentemente sen moita dificultade, a pesar das trampas que lle pon o profesor Castro para facerlles pensar. Os ourizos das castañas non deixan lugar a dúbidas. Proceden dun soto de castiñeiros. Pero que fai entón no medio unha folla de carballo, si non hai landras entre os restos. A conclusión á que chegan é que o vento puxo arrastrala desde unha carballeira próxima.

Outro equipo trata de identificar polo cheiro unha folla de loureiro. «Cheira a marisco», din. Efectivamente, as súas nais utilízano para cocelo e hoxe aprenderon que esta especie autóctona se dá na ribeiras dos ríos. Neste caso pertence ao ecosistema do Gafos, igual que outras follas de amieiros, vidueiros ou salgueiros que teñen sobre a mesa.

A area de praia tampouco deixa lugar a dúbidas sobre o ecosistema litoral do que procede , pero vén mesturada con outros restos que permiten intuír que hai piñeirais e eucaliptales próximos.

Con esta actividade, titulada "Os segredos dunha presa de terra", participa Vaipolorío no programa Voz Natura de La Voz de Galicia, desenvolvido pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, neste ano 2015  dedicado ó solo.

Ver máis fotos

Ver nova na prensa

domingo, 22 de novembro de 2015

10 Conclusións sobre o que está a acontecer no Ártico

1- O quecemento do Ártico prodúcese na
actualidade  a un ritmo veloz e prevense cambios de moito maior alcance.
2- O quecemento do Ártico e as súas consecuencias teñen un impacto mundial.
3- É probable que se produzan transformacións na cobertura vexetal do Ártico, o que tería repercusións de gran alcance.
4- Produciranse cambios na diversidade e distribución das especies animais.
5- Moitas comunidades e instalacións costeiras están cada vez máis a mercé das tormentas.
6- É moi probable que a diminución das banquisas facilite o transporte marítimo e o acceso aos recursos.
7- O desxeo da superficie afectará o transporte, as construcións e outras infraestruturas.
8- As comunidades indíxenas enfróntanse a repercusións económicas e culturais de gran importancia.
9- Os altos niveis de radiación ultravioleta afectarán a persoas, plantas e animais.
10- Os efectos que sofren as persoas e os ecosistemas prodúcense pola interacción de múltiples factores.

Fonte: GreenFact

Máis "O Ártico racha"

venres, 20 de novembro de 2015

Dereitos dos nenos

A Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN) recoñece claramente o dereito de todos os nenos e nenas (menores de 18 anos) a un nivel de vida axeitado. E é un tratado xuridicamente vinculante, ou o que é o mesmo de obrigado cumprimento. O 20 de novembro é o día da súa celebración.
Aquí temos os dereitos ampliados   ou  a partir da  Declaración dos Dereitos do Neno  deseñada por Eglantyne Jebb:

1- Todos os nenos e nenas do mundo deben desfrutar dos mesmos dereitos sen que haxa discriminación pola súa orixe, sexo, idioma, relixión, posición económica ou familiar. (igualdade)

2- Todas as nenas e nenos teñen dereito a ter un nome e unha nacionalidade dende o momento do seu nacemento para identificalos e diferencialos doutras persoas.

3- Teñen dereito a ter acceso aos servizos sanitarios precisos, así coma á alimentación e vivenda. (saúde)

4- Teñen dereito a ter unha familia que lles ofreza apoio e orientación segundo a súa idade. No caso de non existir esta familia, serán as autoridades as encargadas de coidar deles.

5- Recoñécelles o seu dereito a recibir unha educación que lles garanta as mesmas oportunidades a todos.

6- Dereito a xogar e a desfrutar da cultura e do arte.

7- Dereito a recibir coidados especiais, sanitarios, de atención e educativos no caso de que os menores teñan algún tipo de discapacidade.

8- Teñen o dereito de seren especialmente protexidos para poder desenvolverse axeitadamente tanto física, coma mental, moral e socialmente.

9- Deben ser os primeiros en recibir protección e auxilio.

10- Teñen o dereito a ser protexidos de calquer forma de explotación, crueldade e abandono.

11- Dereito a seren educados na solidariedade, comprensión, amizade e xustiza entre os pobos.

12- Teñen o dereito a denunciar, sós ou con axuda, todo o que lles fagan, a eles mesmos ou a outros nenos, e todo o que está mal ó seu arredor.

Ver Dereitos do neno na wikipedia