sábado, 2 de novembro de 2019
Anticonxelante
Primeira parte
1 Enchemos un dos vasos con auga
2 Noutro vaso poñemos unha disolución concentrada de auga e alcol.
3 E no terceiro vaso poñemos unha disolución concentrada de auga e sal.
4 Logo metemos os tres vasos no conxelador e esperamos unha hora.
Sacamos os tres vasos do conxelador e vemos que o vaso con auga está conxelado, o vaso con auga e sal está parcialmente conxelado e o vaso con auga e alcol permanece en estado líquido.
Segunda parte
1 Enchemos un dos vasos con auga
2 Noutro vaso poñemos auga e unhas pingas de alcol.
3 E no terceiro vaso poñemos unha mestura concentrada de auga e alcol.
4 Logo metemos os tres vasos no conxelador e esperamos unha hora.
Sacamos os tres vasos do conxelador e vemos que o vaso con auga está conxelado, o vaso coa mestura diluída de auga e alcol está parcialmente conxelado e o vaso coa mestura concentrada de auga e alcol permanece en estado líquido.
Explicación
Ao mesturar sal ou alcol con auga prodúcese un descenso da temperatura de fusión. Coñécese como descenso crioscópico á diminución que experimenta a temperatura de fusión dunha disolución respecto a a temperatura de fusión da auga pura (0 º C).
Na primeira parte do experimento vemos que a auga non se conxela ao engadir sal ou alcol. Con axuda dun termómetro podemos ver que a mestura permanece en estado líquido por baixo dos 0º C.
Por outra banda, a magnitude do descenso crioscópico (o descenso da temperatura de fusión) depende da concentración da disolución.
Na segunda parte do experimento vemos que a mestura concentrada permanece en estado líquido pero a mestura diluída está parcialmente conxelada.
Mezclar leite con coca cola
Para facer o noso experimento deixamos caer un pouco de leite nun vaso con coca cola. Despois dunhas horas vemos que unha substancia se precipita no fondo do vaso.
Explicación
A caseína é unha proteina que se atopa no leite. Nun medio ácido prodúcese unha reacción química e a caseína precipita. Engadindo ó leite coca cola que contén ácido fosfórico podemos lograr que precipite o leite ao fondo do vaso. Na parte superior do vaso queda un líquido transparente.
Cáusticas con coca cola
Para facer o noso experimento necesitamos unha copa con coca cola, luz do sol ou luz artificial.
As cáusticas son concentracións dos raios de luz reflectidos ou refractados por unha superficie curva ou obxecto.
Unha forma sinxela de observar cáusticas é interceptar os raios de sol cunha copa con coca cola.
Cando a luz do sol atravesa a copa con coca cola se refracta (cambia a dirección de propagación dos raios) e produce unha sombra e unha concentración de luz (a cáustica).
Movendo a copa pódense obter unhas imaxes moi curiosas.
O diablillo de Descartes
Para facer o noso experimento necesitamos auga, un tubiño pequeno de cristal (por exemplo un frasco de mostra de perfume) e unha probeta ou un vaso de tubo.
En primeiro lugar enchemos de auga a probeta e logo botamos algo de auga no tubiño de cristal. Colocamos o tubiño boca a baixo na probeta procurando que quede flotando case enteiramente afundido. Se logo aplicamos a palma da man á boca da probeta e exercemos presión o tubiño afundirase e ao retirar a man o tubito regresará á superficie.
Explicación
Ao colocar a palma da man sobre a boca da probeta incrementamos a presión que, polo Principio de Pascal, transmítese pola auga a todos os puntos do fluído. A auga é incompresible pero o aire atrapado no tubiño se se pode comprimir. Por tanto, co incremento de presión diminúe o volume do aire atrapado no tubiño, entra máis auga e aumenta o peso. Finalmente o tubiño afúndese.
Se retiramos a palma da man diminúe a presión e o aire atrapado no interior do tubiño recupera o seu volume orixinal desaloxando algo de auga do tubiño. Agora diminúe o peso e o tubiño regresa á superficie.
Minisubmarinos para nenos
O noso mini submarino consta dunha porca e tres globos pequenos.
En primeiro lugar deixamos caer a porca cos globos nunha botella de plástico con auga. Para que o submarino funcione correctamente é necesario que os globos e a porca queden flotando na superficie da auga pero practicamente mergullados. Finalmente ponse o tapón da botella.
Cando apertamos a botella obsérvase que os globos se afunden ata chegar ao fondo. Se deixamos de apertar a botella os globos ascenden á superficie.
Explicación
Os principios de Pascal e de Arquímedes permítennos explicar o experimento:
Principio de Pascal: un aumento de presión nun punto calquera dun fluído encerrado transmítese a todos os puntos do mesmo.
Principio de Arquímedes: todo corpo mergullado nun fluído experimenta un empuxe vertical ascendente que é igual ao peso do fluído desaloxado.
Antes de presionar a botella, os globos e a porca flotan debido a que o seu peso queda contrarrestado pola forza de empuxe exercida pola auga. Ao apertar a botella a presión transmítese á parte inferior dos globos e entra auga no interior, polo que se produce un aumento do peso e os globos afúndense. Ao deixar de apertar a botella diminúe a presión, a auga sae dos globos que perden peso e ascenden á superficie.
Para variar o seu peso e modificar a flotabilidad, os submarinos están equipados con tanques de lastre que poden encherse con auga tomada do exterior ou aire a presión. Para mergullarse os submarinos abren os tanques de lastre que se enchen completamente de auga. Para emerxer énchense os tanques con aire a presión que despraza a auga.
Fantasma atrapado nunha botella
Para facer o experimento necesitamos unha botella de plástico con auga, unha luva de látex, tesoiras, rotulador permanente e unha arandela metálica do tamaño dos dedos da luva.
Recortamos un dos dedos da nosa luva, decoramos o dedo co rotulador e logo metemos a arandela metálica na parte inferior. Pódese substituír a arandela por outro contrapeso.
Logo metemos o dedo na botella de plástico chea de auga. Para que o experimento funcione correctamente é necesario que quede algo de aire atrapado no dedo e que flote na auga pero practicamente mergullado. Finalmente tápase a botella co tapón.
Cando apertamos a botella obsérvase que o dedo se afunde ata chegar ao fondo. Se deixamos de apertar a botella o dedo ascende á superficie.
Explicación
Antes de presionar a botella, o dedo co peso flota debido a que o seu peso queda contrarrestado pola forza de empuxe exercida pola auga (principio de Arquímedes). Ao apertar a botella comprímese o aire atrapado na parte superior da botella e no interior do dedo. Entra auga no interior do dedo, polo que se produce un aumento do peso e o dedo afúndese. Ao deixar de apertar a botella a auga sae do dedo que perde peso e ascende á superficie.
Para variar o seu peso e modificar a flotabilidad, os submarinos están equipados con tanques de lastre que poden encherse con auga tomada do exterior ou aire a presión. Para mergullarse os submarinos abren os tanques de lastre que se enchen completamente de auga. Para emerxer énchense os tanques con aire a presión que despraza a auga.
Porcentaxe de osíxeno no aire
Para facer o experimento necesitamos un vaso, un prato, lá de aceiro e auga.
En primeiro lugar metemos un anaco de la de aceiro no vaso. Logo enchemos con auga o prato e colocamos o vaso coa la de aceiro boca abaixo sobre o prato con auga.
Se esperamos unhas horas vemos que a la de aceiro cambia de cor e o nivel de auga no interior do vaso sobe uns centímetros.
Explicación
A lá de aceiro en contacto coa auga e co osíxeno do aire oxídase. Esta reacción química consome o osíxeno do aire atrapado no interior do vaso, por tanto, diminúe a presión interna. A presión externa superior fai que entre auga no vaso.
Se medimos cunha regra podemos ver que ao subir o nivel da auga o volume de aire atrapado no interior do vaso diminuíu, aproximadamente, nun 20 %. Esta é a porcentaxe de osíxeno no aire.
Lámpada de lava caseira
Para realizar o experimento necesitamos auga, aceite, colorante, un vaso longo e unhas pastillas efervescentes. No vaso poñemos auga e aceite na proporción 1:3 (aproximadamente). Logo engadimos o colorante (por exemplo unhas pingas de tinta). Por último, deixamos caer un par de pastillas efervescentes. Inmediatamente prodúcese un desprendemento de gases e unhas burbullas que ascenden e descenden no interior do aceite.
Explicación
A pastilla efervescente disólvese en auga desprendendo dióxido de carbono.
As burbullas do gas ascenden arrastrando auga á superficie do aceite. Alí despréndese o gas e a auga, máis densa que o aceite, descende. O proceso repítese e prodúcese un movemento ascendente e descendente no interior o aceite.
venres, 1 de novembro de 2019
Refracción e lápis quebrado.
Para realizar o noso experimento necesitamos un vaso, auga, aceite Johnson, alcol e un pauciño.
En primeiro lugar enchemos medio vaso con auga e logo metemos o pauciño. Ao desprazar o pauciño parece romper.
Logo repetimos o experimento deixando sobre a auga unha capa de aceite Johnson e outra capa de alcol. Os resultado son parecidos.
O aceite Johnson impide que a auga e o alcol se mesturen. O alcol déixase caer con coidado polas paredes do vaso para impedir que entre en contacto coa auga.
Explicación
A auga é máis densa e permanece no fondo do vaso. O aceite é menos denso e flota sobre a auga sen mesturarse (son líquidos inmiscibles). O alcol é o menos denso dos tres líquidos e permanece sobre o aceite sen mesturarse,
A luz desvíase ao cambiar de medio ( refracción da luz) e por ese motivo o pauciño parece crebado. A refracción prodúcese se a luz incide oblicuamente sobre a superficie de separación dos dous medios e orixínase polo cambio de velocidade de propagación da luz ao pasar dun medio a outro (por exemplo da auga ao aire).
mércores, 25 de setembro de 2019
venres, 6 de setembro de 2019
mércores, 3 de xullo de 2019
2019 Ano Internacional das Linguas Indíxenas
| Mundo |
| Vida |
| Cultura |
| Ecoloxía |
| Transmisión |
| Acción |
| Ameazas |
| Riscos |
| Local |
| Utilidade |
xoves, 7 de febreiro de 2019
DENEP 2019 - CEP Campolongo
| Juan XXIII |

- Ler o Manifesto - Ver frases en Yogote (ensaiando antes da festa) - Só as frases na festa
- Murais (As cores de Taliz) - Artigo relacionado (frases, manifesto...)
domingo, 16 de decembro de 2018
Día Internacionas dos Dereitos Humanos
O alumnado de 3º, preparou unha versión en Galego da Banda Sonora do filme de debuxos animados "El Extraordinario Viaje De Lucius Dumb”
Na canción participan: Bebe, cira, Enrique Fernández, Gabriel Echave, Gene García, Mili Vizcaíno, Miriam Solís, Modesto Peña “Tato”, Nacho Campillo y Ulises Fernández.
De seguido podedes ver os vídeos co resultado final, esperamos que vos gusten...
Graciñas a teacher Silvia polas orixinais pancartas e a Pachú pola gravación e montaxe final;
e por suposto a todo o alumnado participante!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)