mércores, 25 de novembro de 2015
luns, 23 de novembro de 2015
domingo, 22 de novembro de 2015
10 Conclusións sobre o que está a acontecer no Ártico

actualidade a un ritmo veloz e prevense cambios de moito maior alcance.
2- O quecemento do Ártico e as súas consecuencias teñen un impacto mundial.
3- É probable que se produzan transformacións na cobertura vexetal do Ártico, o que tería repercusións de gran alcance.
4- Produciranse cambios na diversidade e distribución das especies animais.
5- Moitas comunidades e instalacións costeiras están cada vez máis a mercé das tormentas.
6- É moi probable que a diminución das banquisas facilite o transporte marítimo e o acceso aos recursos.
7- O desxeo da superficie afectará o transporte, as construcións e outras infraestruturas.
8- As comunidades indíxenas enfróntanse a repercusións económicas e culturais de gran importancia.
9- Os altos niveis de radiación ultravioleta afectarán a persoas, plantas e animais.
10- Os efectos que sofren as persoas e os ecosistemas prodúcense pola interacción de múltiples factores.
Fonte: GreenFact
Máis "O Ártico racha"
Fonte: GreenFact
Máis "O Ártico racha"
venres, 20 de novembro de 2015
Dereitos dos nenos
A Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN) recoñece claramente o dereito de todos os nenos e nenas (menores de 18 anos) a un nivel de vida axeitado. E é un tratado xuridicamente vinculante, ou o que é o mesmo de obrigado cumprimento. O 20 de novembro é o día da súa celebración.Aquí temos os dereitos ampliados ou a partir da Declaración dos Dereitos do Neno deseñada por Eglantyne Jebb:
1- Todos os nenos e nenas do mundo deben desfrutar dos mesmos dereitos sen que haxa discriminación pola súa orixe, sexo, idioma, relixión, posición económica ou familiar. (igualdade)
2- Todas as nenas e nenos teñen dereito a ter un nome e unha nacionalidade dende o momento do seu nacemento para identificalos e diferencialos doutras persoas.
3- Teñen dereito a ter acceso aos servizos sanitarios precisos, así coma á alimentación e vivenda. (saúde)
4- Teñen dereito a ter unha familia que lles ofreza apoio e orientación segundo a súa idade. No caso de non existir esta familia, serán as autoridades as encargadas de coidar deles.
5- Recoñécelles o seu dereito a recibir unha educación que lles garanta as mesmas oportunidades a todos.
6- Dereito a xogar e a desfrutar da cultura e do arte.
7- Dereito a recibir coidados especiais, sanitarios, de atención e educativos no caso de que os menores teñan algún tipo de discapacidade.
8- Teñen o dereito de seren especialmente protexidos para poder desenvolverse axeitadamente tanto física, coma mental, moral e socialmente.
9- Deben ser os primeiros en recibir protección e auxilio.
10- Teñen o dereito a ser protexidos de calquer forma de explotación, crueldade e abandono.
11- Dereito a seren educados na solidariedade, comprensión, amizade e xustiza entre os pobos.
12- Teñen o dereito a denunciar, sós ou con axuda, todo o que lles fagan, a eles mesmos ou a outros nenos, e todo o que está mal ó seu arredor.
Ver Dereitos do neno na wikipedia
Ver Dereitos do neno na wikipedia
20 de novembro - Día Universal do Neno - Mensaxe do Secretario Xeral da ONU

O Día Universal do Neno está dedicado a promover o benestar e os dereitos humanos dos nenos do mundo, especialmente os que sofren os efectos da pobreza, os conflitos armados, a discriminación e a explotación. O 20 de novembro, data en que se celebra, conmemora o día en que en 1989 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou a Convención sobre os Dereitos do Neno. Hoxe reafirmamos a nosa obrigación de facer todo o que estea ao noso alcance para que todos os nenos poidan sobrevivir e prosperar, aprender e crecer, facer oír a súa voz e alcanzar o seu pleno potencial.
Este ano, desexo facer fincapé na importancia de asegurar que os compromisos contraídos pola comunidade internacional cos nenos do mundo esténdense a un grupo de nenos que a miúdo queda no esquecemento ou non se adoita ter en conta: os dos que están privados da súa liberdade.
mércores, 18 de novembro de 2015
2ª Xuntanza REGAU do curso 2015-16 (Rede de Escolas Galegas Asociadas a Unesco)
Este mércores 18 de novembro celebramos no CEIP San Benito de Lérez a segunda xuntanza REGAU. Nesta estivemos case todas as escolas, incluíndo o Conservatorio de Música, que por traballar polas tardes a moitas xuntanzas non pode asistir.
Repasáronse os proxectos e traballos que se están a facer e xa comentados na 1ª Xuntanza e outros que aínda están no forno esperando para poñerse a andar.
Que son os legumes e por que son importantes?
Os legumes son cultivos leguminosos anuais que producen entre un e doce grans ou sementes de tamaño, forma e cor variables dentro dunha vaina, os que se utilizan para alimento e forraxe. O termo legumes limítase aos cultivos cultivados de maneira exclusiva para gran seco, polo que quedan excluídos os cultivos cultivados verdes para alimento, que se clasifican como hortalizas, así como os cultivos utilizados principalmente para a extracción de aceite e os cultivos leguminosos, que se utilizan exclusivamente para fins de sementa (baseado na definición de ?legumes e produtos derivados? da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura).
Os cultivos leguminosos como as lentellas, as fabas, os chícharos e os garavanzos son un elemento fundamental do cesto de alimentos. Os legumes son unha fonte esencial de proteínas e aminoácidos de orixe vexetal para a poboación de todo o mundo, e débense consumir como parte dunha dieta saudable para combater a obesidade e previr e axudar a controlar enfermidades como a diabetes, as afeccións coronarias e o cancro; tamén son unha importante fonte de proteína de orixe vexetal para os animais.
Ademais, os legumes son plantas leguminosas que teñen a propiedade de fixar o nitróxeno, o que pode contribuír a aumentar a fertilidade do chan e que teñen efectos positivos no medio ambiente
Artigo relacionado:
2016 Ano Internacional dos Legumes
Artigo relacionado:
2016 Ano Internacional dos Legumes
2016 Ano Internacional das legumes
O Ano Internacional dos Legumes 2016 proponse sensibilizar á opinión pública sobre as vantaxes nutricionais dos legumes como parte dunha produción de alimentos sustentable encamiñada a lograr a seguridade alimentaria e a nutrición. O Ano brindará unha oportunidade única de fomentar conexións ao longo de toda a cadea alimentaria para aproveitar mellor as proteínas derivadas dos legumes, incrementar a produción mundial de legumes, utilizar de maneira máis apropiada a rotación de cultivos e facer fronte aos retos que existen no comercio de legumes.
Que son os legumes?
Máis información na FAO
Que son os legumes?
Máis información na FAO
luns, 2 de novembro de 2015
domingo, 1 de novembro de 2015
2ª Circular Estatal REAU
Na circular poderás atopar:
- Vídeo do 70ª Aniversario da ONU.
- Obxectivos da ODS (Desenvolvemento Sostetible)
- Celebracións do mes de novembro.
- Ficha de recollida de actividades.
- I Encontro UNESMUN
domingo, 25 de outubro de 2015
Citas sobre a ONU
Artigo relacionado:
xoves, 15 de outubro de 2015
Páxina oficial do IYGU (Internacional Year Global Undertanding)
Eventos
Publicações
Comer/Beber – Sobrevivência
Trabalhar/Habitar – Urbanização
Mover-se/Ficar – Pertencimento
Comunicar/Relacionar-se – Interacção
Desperdiçar/Reciclar – Preservação
Desporto/Entretenimento – Recuperação
Materiais pedagógicos
Fórum de discussão
Rede social
venres, 9 de outubro de 2015
Queixa española na ONU pola excesiva atención ós desparecidos no Franquismo
O Governo Español quéixase pola excesiba atención ós desaparecidos no Franquismo.
España é o segundo país, por detrás de Camboya con máis fosas comúns.
Ver nova na RTVE
España é o segundo país, por detrás de Camboya con máis fosas comúns.
Ver nova na RTVE
70th Aniversario da ONU - "A ONU é a esperanza e o fogar de toda a humanidade" - "A Carta é o noso compás"
Presentación colectiva, en Yogote, dos estudantes do IES Pedra da Auga para commemorar o 70 aniversario da ONU. A mensaxe da Secretaria Xeral (Ban Ki-Moon`s) é presentada en 16 linguas.
"A collective presentation by students from IES Pedra da Auga Secondary School (Galice, Spain) for the commemoration of the UN 70 th Anniversary.
The message of UN Secretary-General is presented in 16 languages with international signs".
Artigos relacionados:
Preámbulo da Carta das Nacións Unidas en Yogote
Conmemoración do 70 Aniversario da Fin da II Guerra Mundial
Artigos relacionados:
Preámbulo da Carta das Nacións Unidas en Yogote
Conmemoración do 70 Aniversario da Fin da II Guerra Mundial
luns, 5 de outubro de 2015
2016, O Ano do Entendemento Global
O 2016 é o ano marcado como o Ano Internacional do Entendemento Global, todo isto co obxectivo de mostrar desde unha visión científica os estilos de vida máis sustentables. Unha iniciativa que está a ser apoiada polo Consello Internacional para a Ciencia, o Consello Internacional de Ciencias Sociais e o Consello Internacional de Filosofía e Ciencias Humanas.
Preténdese facer fincapé no vínculo entre as accións cotiás, locais e problemas globais como o cambio climático e a seguridade alimentaria. ?Cada día no ano 2016, o IYGU destacará un cambio nunha actividade cotiá que foi cientificamente demostrado para ser máis sustentable que a práctica actual?, di o comunicado.
Máis
domingo, 4 de outubro de 2015
Logo antigo do Proxecto Atlántico
En azul podes ver nesta diapositiva o logo antigo do Proxecto Atlántico.
A imaxe é a diapositiva da Presentación sobre que son as Escolas Asociadas á Unesco que fixo o IES Seoane.
Ver blogue galego do Proxecto Atlántico
A imaxe é a diapositiva da Presentación sobre que son as Escolas Asociadas á Unesco que fixo o IES Seoane.
Ver blogue galego do Proxecto Atlántico
Concurso Logo do "Projecto Atlántico"
Clica na imaxe para ver as bases do Concurso do Logo do "Projecto Atlántico".
Cores permitidas utilizar: laranja, azul e amarelo
Letras: A única letra permitida utilizar será o “A” de “Atlântico”
Tamanho: A5
Documentos a entregar: Documentação de autorização de uso de imagem
Prazo de entrega: 10 de dezembro de 2015 – Dia Internacional dos Direitos Humanos
Premio: unha figura alegórica sobre o Atlântico; um certificado de participação a todas as escolas.
Regulamento:
Cores permitidas utilizar: laranja, azul e amarelo
Letras: A única letra permitida utilizar será o “A” de “Atlântico”
Tamanho: A5
Documentos a entregar: Documentação de autorização de uso de imagem
Prazo de entrega: 10 de dezembro de 2015 – Dia Internacional dos Direitos Humanos
Premio: unha figura alegórica sobre o Atlântico; um certificado de participação a todas as escolas.
Rexeitamento do Premio da Cultura Galega 2015 da CGEDNL
Premios da Cultura Galega 2015.
No apartado de Lingua, o premio concecido a CGEDNL foi rexeitado pola mesma pois considerouse "unha incongruencia aceptalo de mans dun Goberno que ten actuado, por obra ou omisión, en contra de todos os principios que defendemos a prol dunha normalización efectiva da lingua galega".
sábado, 3 de outubro de 2015
1ª Circular Estatal - Curso 2015-16
Xúntase
1- "Declaración de Incheón" sobre Educación.
2- Declaración de Aichi-Nagoya sobre D. Sostible
Clica na imaxe para ver a 1ª Circular Estatal da REAU
1- "Declaración de Incheón" sobre Educación.
2- Declaración de Aichi-Nagoya sobre D. Sostible
Clica na imaxe para ver a 1ª Circular Estatal da REAU
5 de outubro - Día mundial dos docentes
5 de Outubro: "Día Mundial dos docentes"
Lema do 2015: "Empoderar al profesorado para construir sociedades sustentables" Ver lemas de anos anteriores
Queres inscribir un evento ou mandar unha mensaxe para o teu mestre?
Ver na wikipedia
Declaración de Incheon: "Velaremos por que os docentes e os educadores estean empoderados, sexan debidamente contratados, reciban unha boa formación, estean cualificados profesionalmente, motivados e apoiados dentro de sistemas que dispoñan de recursos suficientes, que sexan eficientes e que estean dirixidos de maneira eficaz"
Lema do 2015: "Empoderar al profesorado para construir sociedades sustentables" Ver lemas de anos anteriores
Queres inscribir un evento ou mandar unha mensaxe para o teu mestre?
Ver na wikipedia
Declaración de Incheon: "Velaremos por que os docentes e os educadores estean empoderados, sexan debidamente contratados, reciban unha boa formación, estean cualificados profesionalmente, motivados e apoiados dentro de sistemas que dispoñan de recursos suficientes, que sexan eficientes e que estean dirixidos de maneira eficaz"
domingo, 27 de setembro de 2015
venres, 25 de setembro de 2015
1ª Xuntanza REGAU do curso 2015-16 (Rede de Escolas Galegas Asociadas a Unesco)
Este mércores pasado, 23 de setembro de 2015, no IES Seoane, iniciose o traballo das Escolas Asociadas Unesco Galegas para este curso 2015-16. Algúns dos puntos que se trataron foron:
1- Reflexións do XXVIII Congreso Estatal na Liña da Concepción (Cádiz)
2-Proposta para o día da Paz : As Patronas Mexicanas.
3- Congreso en Pontevedra: As fronteiras, focos de cooperación e conflito en constante cambio
4- 70 Aniversario ONU, (Dar a coñecer o texto do preámbulo: fins deste organismo).
5- Proxecto Atlántico: cambio climático. Concurso do logo do Proxecto Atlántico. Data de entrega:10 de decembro. O Bosque . Secuoias en Poio.
5- Proxecto Atlántico: cambio climático. Concurso do logo do Proxecto Atlántico. Data de entrega:10 de decembro. O Bosque . Secuoias en Poio.
6- Proxecto Faro. Turismo-Patrimonio en risco.
7- IV Centenario da morte de Miguel de Cervantes: "O Quixote" e "Los trabajos de Persiles y Sigismunda".
7- IV Centenario da morte de Miguel de Cervantes: "O Quixote" e "Los trabajos de Persiles y Sigismunda".
8- 2016 Ano internac das leguminosas . As comidas no Quixote.
9- 2016
Ano Internacional do Entendemento Global . Propostas: Infantil:
Poesía. Primaria, ver propostas en (http://www.unaiglobalcitizen.org/) .. Secundaria: Clube de linguas, aprendizaxe. Data: 24 de outubro. Día internacional das bibliotecas.
Buscar eslógans sobre o entendemento global e subilos ó blogue.
10- Proposta da Facultade de Ciencias da Educación: Unidade Didáctica 5-6 : Tratamento problemática de convivencia, conflitos. Traballar a linguaxe amigable, Empatía. Xerar materiais.
11- Encontro Atlántico: Ibarrola ?.
12 - Congreso sobre a Pobreza, 14 xaneiro (?) en Pontevedra . Ver se quere apuntar algún grupo escolar.
13- Congreso Galego Unesco: 25-26 febreiro. Propostas Obradoiros: Presentacións, Mediación, relatividade. Un externo sobre "As pontes" ....
14- Art postal - COP1. Campaña de sensibilización sobre os efectos do cambio climático, mandando postais ó enderezo que que se indica na ligazón. As mensaxes das postais serán sobre un destas tres opcións:
a- A alerta dos efectos do cambio climático nos territorios críticos (afectados)
b- Propostas de solución para limitar o quecemento climático.
c ....
Terán que ser entregadas antes do 24 de outubro.
Ver acta da xuntanza
14- Art postal - COP1. Campaña de sensibilización sobre os efectos do cambio climático, mandando postais ó enderezo que que se indica na ligazón. As mensaxes das postais serán sobre un destas tres opcións:
a- A alerta dos efectos do cambio climático nos territorios críticos (afectados)
b- Propostas de solución para limitar o quecemento climático.
c ....
Terán que ser entregadas antes do 24 de outubro.
Ver acta da xuntanza
sábado, 15 de agosto de 2015
Traballos presentados no XXVIII Congreso da Rede PEA UNESCO - A Liña da Concepción - Cádiz
Descargar traballos do congreso relacionados co Desenvolvemento Sostible
Descargar traballos do congreso relacionados co Patrimonio
Ver algunhas das fotos
Máis sobre os traballos Galegos neste blog:
Etiquetas:
2015 - Ano Internacional da Luz
2015 - Ano Internacional do Solo
Atlántico - Xornada Atlántica
Palestina (2015 Ano Internacional de solidaridade co povo Palestino)
Caddy Addzuba
XXVIII Encontro Rede Pea Unesco
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



