venres, 20 de novembro de 2015

Dereitos dos nenos

A Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN) recoñece claramente o dereito de todos os nenos e nenas (menores de 18 anos) a un nivel de vida axeitado. E é un tratado xuridicamente vinculante, ou o que é o mesmo de obrigado cumprimento. O 20 de novembro é o día da súa celebración.
Aquí temos os dereitos ampliados   ou  a partir da  Declaración dos Dereitos do Neno  deseñada por Eglantyne Jebb:

1- Todos os nenos e nenas do mundo deben desfrutar dos mesmos dereitos sen que haxa discriminación pola súa orixe, sexo, idioma, relixión, posición económica ou familiar. (igualdade)

2- Todas as nenas e nenos teñen dereito a ter un nome e unha nacionalidade dende o momento do seu nacemento para identificalos e diferencialos doutras persoas.

3- Teñen dereito a ter acceso aos servizos sanitarios precisos, así coma á alimentación e vivenda. (saúde)

4- Teñen dereito a ter unha familia que lles ofreza apoio e orientación segundo a súa idade. No caso de non existir esta familia, serán as autoridades as encargadas de coidar deles.

5- Recoñécelles o seu dereito a recibir unha educación que lles garanta as mesmas oportunidades a todos.

6- Dereito a xogar e a desfrutar da cultura e do arte.

7- Dereito a recibir coidados especiais, sanitarios, de atención e educativos no caso de que os menores teñan algún tipo de discapacidade.

8- Teñen o dereito de seren especialmente protexidos para poder desenvolverse axeitadamente tanto física, coma mental, moral e socialmente.

9- Deben ser os primeiros en recibir protección e auxilio.

10- Teñen o dereito a ser protexidos de calquer forma de explotación, crueldade e abandono.

11- Dereito a seren educados na solidariedade, comprensión, amizade e xustiza entre os pobos.

12- Teñen o dereito a denunciar, sós ou con axuda, todo o que lles fagan, a eles mesmos ou a outros nenos, e todo o que está mal ó seu arredor.

Ver Dereitos do neno na wikipedia

20 de novembro - Día Universal do Neno - Mensaxe do Secretario Xeral da ONU

O Día Universal do Neno está dedicado a promover o benestar e os dereitos humanos dos nenos do mundo, especialmente os que sofren os efectos da pobreza, os conflitos armados, a discriminación e a explotación. O 20 de novembro, data en que se celebra, conmemora o día en que en 1989 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou a Convención sobre os Dereitos do Neno. Hoxe reafirmamos a nosa obrigación de facer todo o que estea ao noso alcance para que todos os nenos poidan sobrevivir e prosperar, aprender e crecer, facer oír a súa voz e alcanzar o seu pleno potencial.

Este ano, desexo facer fincapé na importancia de asegurar que os compromisos contraídos pola comunidade internacional cos nenos do mundo esténdense a un grupo de nenos que a miúdo queda no esquecemento ou non se adoita ter en conta: os dos que están privados da súa liberdade.

mércores, 18 de novembro de 2015

2ª Xuntanza REGAU do curso 2015-16 (Rede de Escolas Galegas Asociadas a Unesco)



 Este  mércores 18 de novembro celebramos no CEIP San Benito de Lérez a segunda xuntanza REGAU.  Nesta estivemos case todas as escolas, incluíndo o Conservatorio de Música, que por traballar polas tardes a moitas xuntanzas non pode asistir.
Repasáronse os proxectos e traballos  que se están a facer e xa comentados na 1ª Xuntanza e outros que aínda están no forno esperando para poñerse a andar.

Que son os legumes e por que son importantes?

Os legumes son cultivos leguminosos anuais que producen entre un e doce grans ou sementes de tamaño, forma e cor variables dentro dunha vaina, os que se utilizan para alimento e forraxe. O  termo legumes  limítase aos cultivos cultivados de maneira exclusiva para gran seco, polo que quedan excluídos os cultivos cultivados verdes para alimento, que se clasifican como hortalizas, así como os cultivos utilizados principalmente para a extracción de aceite e os cultivos leguminosos, que se utilizan exclusivamente para fins de sementa (baseado na definición de ?legumes e produtos derivados? da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura).

Os cultivos leguminosos como as lentellas, as fabas, os chícharos e os garavanzos son un elemento fundamental do cesto de alimentos. Os legumes son unha fonte esencial de proteínas e aminoácidos de orixe vexetal para a poboación de todo o mundo, e débense consumir como parte dunha dieta saudable para combater a obesidade e previr e axudar a controlar enfermidades como a diabetes, as afeccións coronarias e o cancro; tamén son unha importante fonte de proteína de orixe vexetal para os animais.

Ademais, os legumes son plantas leguminosas que teñen a propiedade de fixar o nitróxeno, o que pode contribuír a aumentar a fertilidade do chan e que teñen efectos positivos no medio ambiente

Artigo relacionado:

2016 Ano Internacional dos Legumes

2016 Ano Internacional das legumes

O Ano Internacional dos Legumes 2016 proponse sensibilizar á opinión pública sobre as vantaxes nutricionais dos legumes como parte dunha produción de alimentos sustentable encamiñada a lograr a seguridade alimentaria e a nutrición. O Ano brindará unha oportunidade única de fomentar conexións ao longo de toda a cadea alimentaria para aproveitar mellor as proteínas derivadas dos legumes, incrementar a produción mundial de legumes, utilizar de maneira máis apropiada a rotación de cultivos e facer fronte aos retos que existen no comercio de legumes.

Que son os legumes?

Máis información na FAO

domingo, 25 de outubro de 2015

Citas sobre a ONU

 Citas  sobre a ONU Organización das Nacións Unidas, acompañadas cos acenos internacionais conmemorando o 70 aniversario da súa creación.

Artigo relacionado:


xoves, 15 de outubro de 2015

Páxina oficial do IYGU (Internacional Year Global Undertanding)


Páxina en varias linguas, entre elas temos tamén a do Portugués. Nela podemos atopar temas diferentes como os que aquí sinalamos (algunhas están aínda en construcción):

Eventos
Publicações
Comer/Beber – Sobrevivência
Trabalhar/Habitar – Urbanização
Mover-se/Ficar – Pertencimento
Comunicar/Relacionar-se – Interacção
Desperdiçar/Reciclar – Preservação
Desporto/Entretenimento – Recuperação
Materiais pedagógicos
Fórum de discussão
Rede social

venres, 9 de outubro de 2015

Queixa española na ONU pola excesiva atención ós desparecidos no Franquismo

O Governo Español quéixase pola excesiba atención ós desaparecidos no Franquismo.
España é o segundo país, por detrás de Camboya con máis fosas comúns.

Ver nova na RTVE


Conmeración do 70 aniversario da fin da II Guerra Mundial


Artigos relacionados

70th Aniversario da ONU - "A ONU é a esperanza e o fogar de toda a humanidade" - "A Carta é o noso compás"


Presentación colectiva, en Yogote,  dos estudantes do IES Pedra da Auga para commemorar o 70 aniversario da ONU. A mensaxe da Secretaria Xeral (Ban Ki-Moon`s) é presentada en 16 linguas.

"A collective presentation by students from IES Pedra da Auga Secondary School (Galice, Spain) for the commemoration of the UN 70 th Anniversary. The message of UN Secretary-General is presented in 16 languages with international signs".
Artigos relacionados:
Preámbulo da Carta das Nacións Unidas en Yogote

Conmemoración do 70 Aniversario da Fin da II Guerra Mundial

luns, 5 de outubro de 2015

2016, O Ano do Entendemento Global

O 2016 é o ano marcado como o Ano Internacional do Entendemento Global, todo isto co obxectivo de mostrar desde unha visión científica os estilos de vida máis sustentables. Unha iniciativa que está a ser apoiada polo Consello Internacional para a Ciencia, o Consello Internacional de Ciencias Sociais e o Consello Internacional de Filosofía e Ciencias Humanas.
Preténdese facer fincapé no vínculo entre as accións cotiás, locais e problemas globais como o cambio climático e a seguridade alimentaria. ?Cada día no ano 2016, o IYGU destacará un cambio nunha actividade cotiá que foi cientificamente demostrado para ser máis sustentable que a práctica actual?, di o comunicado.

Máis

domingo, 4 de outubro de 2015

Preámbulo da Carta das Nacións Unidas


Ver a Carta das Nacións Unidas Completa

Ver citas sobre a  ONU

Artigo relacionado:
Mensaxe do Secretario da ONU no 70  Aniversario.

Logo antigo do Proxecto Atlántico

En azul podes ver nesta diapositiva o logo antigo do Proxecto Atlántico.

A imaxe é a diapositiva da Presentación sobre que son as Escolas Asociadas á Unesco que fixo o IES Seoane.

Ver blogue galego do Proxecto Atlántico

Que son as Escolas Asociadas á Unesco ?


Máis

Concurso Logo do "Projecto Atlántico"

Clica na imaxe para ver as bases do Concurso do Logo do "Projecto Atlántico".
Regulamento:

Cores permitidas utilizar: laranja, azul e amarelo
Letras: A única letra permitida utilizar será o “A” de “Atlântico”
Tamanho: A5
Documentos a entregar: Documentação de autorização de uso de imagem
Prazo de entrega: 10 de dezembro de 2015 – Dia Internacional dos Direitos Humanos
Premio: unha figura alegórica sobre o Atlântico; um certificado de participação a todas as escolas.

Rexeitamento do Premio da Cultura Galega 2015 da CGEDNL

 Premios da Cultura Galega 2015.

No apartado de Lingua, o premio concecido a CGEDNL foi rexeitado pola mesma pois considerouse  "unha incongruencia aceptalo de mans dun Goberno que ten actuado, por obra ou omisión, en contra de todos os principios que defendemos a prol dunha normalización efectiva da lingua galega".

sábado, 3 de outubro de 2015

Declaración Aichi-Nagoya para o Desenvolvemento Sostible



1ª Circular Estatal - Curso 2015-16

  Xúntase

1-  "Declaración de Incheón" sobre Educación.

2- Declaración de Aichi-Nagoya sobre D. Sostible

Clica na imaxe para ver a 1ª Circular Estatal da REAU


Declaración de Incheón sobre a Educación


5 de outubro - Día mundial dos docentes


5 de Outubro:  "Día Mundial dos docentes"

     Lema do 2015:  "Empoderar al profesorado para construir sociedades sustentables"    Ver lemas de anos anteriores

Queres inscribir un evento ou mandar unha mensaxe para o teu mestre?     

Ver na wikipedia

 Declaración de Incheon: "Velaremos por que os docentes e os educadores estean empoderados, sexan debidamente contratados, reciban unha boa formación, estean cualificados profesionalmente, motivados e apoiados dentro de sistemas que dispoñan de recursos suficientes, que sexan eficientes e que estean dirixidos de maneira eficaz"



venres, 25 de setembro de 2015

Que é a COP1 ?


1ª Xuntanza REGAU do curso 2015-16 (Rede de Escolas Galegas Asociadas a Unesco)

Este mércores pasado,  23 de setembro de 2015, no IES Seoane,  iniciose o traballo das Escolas Asociadas Unesco Galegas para este curso  2015-16. Algúns dos puntos que se trataron foron:
1- Reflexións do XXVIII Congreso Estatal na Liña da Concepción (Cádiz)
2-Proposta para o día da Paz :  As Patronas Mexicanas
4- 70 Aniversario  ONU, (Dar a coñecer  o texto do preámbulo: fins deste organismo).
5-  Proxecto Atlántico: cambio climático. Concurso do logo do Proxecto Atlántico.  Data de entrega:10 de decembro. O Bosque . Secuoias en Poio.
 6- Proxecto Faro. Turismo-Patrimonio en risco.
7- IV Centenario da morte de Miguel de Cervantes:  "O Quixote" e "Los trabajos de Persiles y Sigismunda".
8- 2016 Ano internac das leguminosas . As comidas no Quixote.
9- 2016 Ano Internacional do  Entendemento Global . Propostas: Infantil: Poesía.  Primaria, ver propostas en  (http://www.unaiglobalcitizen.org/)   .. Secundaria: Clube de linguas, aprendizaxe. Data: 24 de outubro. Día internacional das bibliotecas. Buscar eslógans sobre o entendemento global e subilos ó blogue.
 10- Proposta da Facultade de Ciencias da Educación: Unidade Didáctica 5-6 : Tratamento problemática de convivencia, conflitos. Traballar a linguaxe amigable, Empatía. Xerar materiais.
11- Encontro Atlántico:  Ibarrola  ?.  
12 - Congreso sobre a Pobreza, 14 xaneiro  (?) en Pontevedra .  Ver se quere apuntar algún grupo escolar.
13- Congreso Galego Unesco: 25-26 febreiro.  Propostas Obradoiros: Presentacións, Mediación, relatividade.  Un  externo sobre  "As pontes" ....

14- Art postal - COP1. Campaña de sensibilización sobre os efectos do cambio climático, mandando postais ó enderezo que que se indica na ligazón.  As mensaxes das postais serán sobre un destas tres opcións:
a- A alerta dos efectos do cambio climático nos territorios críticos (afectados)
b- Propostas de solución para limitar  o quecemento climático.
c ....

Terán que ser entregadas antes do 24 de outubro.

Ver acta da xuntanza


sábado, 15 de agosto de 2015

Traballos presentados no XXVIII Congreso da Rede PEA UNESCO - A Liña da Concepción - Cádiz

Descargar traballos do  congreso relacionados coa Cultura de Paz

Descargar traballos do congreso relacionados co Desenvolvemento Sostible

Descargar traballos do congreso relacionados co Patrimonio

Outros

Ver algunhas das fotos

Máis sobre os traballos Galegos neste blog:

Etiquetas:

2015 - Ano Internacional da Luz

2015 - Ano Internacional do Solo

Atlántico - Xornada Atlántica

Palestina  (2015 Ano Internacional de solidaridade co povo Palestino)

Caddy Addzuba

XXVIII Encontro Rede Pea Unesco


Fotos do XXVIII Congreso Estatal da Rede Pea Unesco - A Liña da Concepción - Cádiz



Clica nas imaxes, a da esquerda para ver as fotos de Xibraltar (excursion feita en xullo no XXVIII Congreso Estatal da Rede  Pea Unesco).
Á dereita algunhas fotos do congreso e dos lugares por onde andamos (A Liña da Concepción  eAlgeciras )
Máis fotos:

Antes de chegar á Cádiz, en Madrid, coincidindo coa Marcha do Orgullo Gay

Descargar os traballos presentados no Congreso

Artigos relacionados con este Congreso