luns, 25 de novembro de 2013

Fotos e comentarios do V Congreso Galego da Rede PEA UNESCO


Clica na imaxe para ver as fotos do 1º día (25 de novembro de 2013)

A primeira xornada foi moi intensa. Tivemos que montar todo a contrarreloxo pois os taboleiros dos os experimentos  chegaron ás 09:00 h.
Despois do acto inagural, onde un grupo do IES Seoane nos deleitou cun par de cancións,  presentaron o acto diferentes  personalidades.
Rematamos a xornada matutina cun paseo pola Illa das Esculturas e xogando no parque que alí preto se encontra para ir xantar logo ó comedor do CEIP Manuel Vidal Portela.
Pola tarde xa comezaron os experimentos  e os obradoiros, palilleiras, yogote, pandereteiras, e xogos de mesa (xadrez e muíño). Este último sustituiu ó de vídeo-matón que estaba previsto pero  que houbo problemas para poñelo a andar.
Ás 19:00 h tivemos un apagón repentino de electricidade que fixo que adiantáramos o final da xornada.
Mañá comezaremos cun paseo polo Centro Histórico da nosa cidade facendo  a Xincana do Patrimonio que temos preparada.

2 comentarios:

  1. Estoy muy feliz y orgullosa de la participación de mi hijo en este hermoso evento. Gracias por tan edificante experiencia

    ResponderEliminar
  2. A nosa familia quere darvos as grazas por ofrecerlle a Quique, de 5ºB, a oportunidade de asistir ao V Congreso Galego Rede PEA UNESCO. Para el foi unha boa experiencia na que puido, non só aprender novas cousas, senón tamén experimentar, compartir, investigar e relacionarse con outras persoas. Grazas a todos os profes de Campolongo e especialmente á súa profe Alicia, por deixalo ir, e a Nito, Xavier e Pachú, pola súa implicación e por acompañalo estes días.

    Nuria Luque

    ResponderEliminar