sábado, 23 de abril de 2016

Mensaxe da Sra. Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO, con motivo do Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor



Non hai nada como un libro.  Un libro é un vínculo entre o pasado e o futuro. É unha ponte entre xeracións e entre culturas. É unha forza para crear e compartir a sabedoría e o coñecemento.

Frank Kafka dixo unha vez: " Un libro debe ser un machada para romper os mares conxelados dentro da nosa alma" .

Xanelas á nosa vida interior, os libros son tamén a porta á comprensión e o respecto entre os pobos, máis aló das fronteiras e as diferenzas. En todas as súas formas, os libros encarnan a diversidade do enxeño humano, dando corpo á riqueza da experiencia humana, verbalizando a procura de sentido e de expresión que comparten todas as mulleres e todos os homes, que fai avanzar a todas as sociedades. Os libros contribúen a unir á humanidade como unha soa familia, compartindo un pasado, unha historia e un patrimonio, para forxar un destino común onde todas as voces sexan escoitadas no gran coro das aspiracións humanas.

No Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, en colaboración coa Unión Internacional de Editores, a Federación Internacional de Libreiros e a Federación Internacional de Asociacións de Bibliotecarios e Bibliotecas, isto é o que celebramos: o poder dos libros para fomentar a creatividade e promover o diálogo entre as mulleres e os homes de todas as culturas. Dou as grazas a Wroclaw (Polonia), Capital Mundial do Libro 2016, polo seu compromiso coa difusión desta mensaxe en todo o mundo.

Isto nunca foi máis importante, nun momento en que a cultura é obxecto de ataques, en que a liberdade de expresión se ve ameazada e en que a diversidade afronta un auxe da intolerancia. En tempos revoltos, os libros representan a capacidade humana de evocar mundos reais e imaxinarios e expresalos en palabras de entendemento, diálogo e tolerancia. Son símbolos de esperanza e de diálogo que debemos valorar e defender.

William Shakespeare morreu o 23 de abril de 1616, só un día despois que Cervantes. Neste día, fago un chamamento a todos os asociados da UNESCO para compartir esta mensaxe: os libros teñen o poder de contrarrestar o que Shakespeare chamou «a maldición común do xénero humano, a necedad e a ignorancia».

xoves, 3 de marzo de 2016

VI Congreso Galego das Escolas Asociadas Unesco



  1. Fotos dos grupos 
  2. Fotos en xeral
  3. Programa do Congreso
  4. Actuación do CMUS (Conservatorio de Música)
  5. O Ártico Rompe  (Presentacións e Brincaletras) (CEP Campolongo)
  6. Animais Extinguidos do Século XX (CEP Campolongo)
  7. Espazos Protexidos Galegos (CEP Campolongo)
  8. Obradoiro de Relatividade (IES Pedra da Auga)
  9.  Patrimonio en Risco (IES Seoane)
  10. Patrimonio Atlántico (IES Seoane)
  11.  As Patroas Mexicanas (CEIP Isidora Riestra)
  12.  Falando de Igualdade  (IES Seoane)
  13.  Coidando o monte (IES Pazo da Mercé)
  14. Eu non son trapacero (CEIP San Bieito de Lérez)
  15. Títeres. Colexio Eduardo Pondal
  16. Conclusións do Obradoiro "Presentacións"
  17. A Caixa dos Soños
  18. Canción Baixo o mesmo Sol
  19. Invitados sudamericanos cantando unha canción
  20. Diploma do Congreso
  21. Reportaxes de Prensa
Máis na   Etiqueta VI Congreso Galego

AÍNDA FALTA  ALGÚN MATERIAL POR SUBIR Ó BLOG

Diploma do VI Congreso Galego das Escolas Asociadas Unesco


Obradoiro de Relatividade - IES Pedra da Auga

 Clica na imaxe da esquerda para ver todo o que IES Pedra da Auga fixo neste encontro (VI Congreso Galego de Escolas Asociadas Unesco)

Baixo o mesmo sol

Invitados sudamericanos no Congreso agasallando cunha canción, "Amistad"

A Caixa dos Soños

Cada neno/nena do VI Congreso Galego das Escolas Asociadas Unesco deixou escrito ou seu soño sobre cal sería o mundo que lle gustaría ter e que cousas está a facer para que ese soño se poida cumprir.
Estos soños serán mensaxes que chegarán os nosos governantes para que os teñan en conta. París será o seu destino.

mércores, 2 de marzo de 2016

Lista de afogados no Mediterráneo no Parlamento Europeo

Lista de 100 metros de longo cos nomes das 17306 persoas afogadas no Mediterráneo no intento de emigrar. A lista foi depositada no chan para que os deputados europeos  se vexan obrigados a camiñar sobre ela ao entrar ao Parlamento.

domingo, 28 de febreiro de 2016

Fotos dos Grupos Participantes no VI Congreso Galego da Rede de Escolas Asociadas Unesco



Títeres co Colexio Eduardo Pondal - Cangas do Morrazo


Ver máis fotos do CIP Eduardo Pondal

418 afogados e un violín

Mártires a la búsqueda dunha patria

Falando de igualdade - IES Seoane


Clica na primeira imaxe se queres ver a presentación

Conclusións do Obradoiro "Presentacións"

O  IES Pazo da Mercé ,  coa temática de Sostenibilidade ,  falou do  proxecto sobre o "Os incendios e as súas consecuencias". Puxeron como obxectivo mellorar a concienza  da  conservación da natureza.

O IES Luís Seoane presentaron dous  traballos , un  sobre a "Igualdade de xénero" e outro sobre o "Patrimonio Mundial".  No primeiro, nas investigacións que fixeron atoparon aínda no século XXI, bastantes descompensacións en diferentes ámbitos do traballo.  No segundo insistiron na necesidade de conservar o patrimonio para que as seguintes xeracións poideran desfrutar del.

O Colexio  Eduardo Pondal trouxo cinco obras representadas con títeres con diferentes temáticas e cos guións elaborados polo propio alumnado. Valorouse en especial o diálogo e a representación dos rapaces participando en todo o proceso das obras.

O CEIP Isidora Riestra apostou pola Solidaridade, homenaxeando ás Patroas Mexicanas, mulleres estas que levan máis de 20 anos axudando ós emigrantes que intentan buscar unha nova vida en Norte América.

O CEP Campolongo presentou tres traballos do ámbito da Sostenibilidade, da conservación do medio, dos  animais, uns xa extintos e outros moitos que  hai en perigo de extinción, e por último das consecuencias do  desxeo do Ártico.

O CEIP San Bieito de Lérez, deleitounos cun fermoso proxecto da "Discrimación contra a raza xitana", pois o dicionario da RAE fala desta en tono ofensivo nunha das súas acepcións, aspecto este que non se pode consentir por ser totalmente inxusto, pois trapaceros  " Que con astucias, falsedades y mentiras procura engañar a alguien en un asunto" hainos en todas as razas.

venres, 26 de febreiro de 2016

"Coidando o monte" - IES PAZO DA MERCÉ


Traballo presentado no VI Congreso Galego das Escolas Asociadas Unesco polo IES Pazo da Mercé das Neves (Pontevedra).
Proxecto para concienciar a todos da importancia que ten conservar a natureza, neste caso os nosos montes.

Ver máis traballos do Congreso.

Eu non son trapacero - CEIP San Bieito de Lérez






O CEIP San Bieito de Lérez presentou no VI Congreso Galego das Escolas Asociadas Unesco  o traballo "Eu non son trapacero".  Trata da discriminación que se produce coa palabra "trapacero" ó incluíla no dicionario da RAE   definindo tamén con esta  palabra a un "gitano". Eles, os gitanos, din que un dicionario non debe dicir mentiras: eles non son "trapaceros"
Ver a presentación en Prezzi

O VI Congreso Galego das Escolas Asociadas Unesco na Prensa

l

Máis sobre o VI Congreso Galego das Escolas Asociadas Unesco

Brincaletras - O Ártico rompe

Traballando na escola coas consecuencias do  Cambio Climático 
Feito con preguntas do alumnado do Ciclo Superior do CEP Campolongo durante o curso 2015-16.
Se primeiro te queres informar antes de xogar podes ver as presentacións:  O Ártico rompe -  Máis traballos

Clica na imaxe para xogar

xoves, 25 de febreiro de 2016

Algúns animais Extinguidos do Século XX







Traballos  feitos polos irmáns Raposeiras (6ºA) ,   por Cristian P. S. , Mario Verdeal  (6ºD) , Aldara (6ºC)e   Cloe R. G (5ºD) (durante o curso 2015-16. Debaixo un vídeo resumo de todos os traballos.
 Ver  máis