Clica na imaxe da esquerda para ver todo o que IES Pedra da Auga fixo neste encontro (VI Congreso Galego de Escolas Asociadas Unesco)
xoves, 3 de marzo de 2016
A Caixa dos Soños
Cada neno/nena do VI Congreso Galego das Escolas Asociadas Unesco deixou escrito ou seu soño sobre cal sería o mundo que lle gustaría ter e que cousas está a facer para que ese soño se poida cumprir.
Estos soños serán mensaxes que chegarán os nosos governantes para que os teñan en conta. París será o seu destino.
mércores, 2 de marzo de 2016
Lista de afogados no Mediterráneo no Parlamento Europeo
Lista de 100 metros de longo cos nomes das 17306 persoas afogadas no Mediterráneo no intento de emigrar. A lista foi depositada no chan para que os deputados europeos se vexan obrigados a camiñar sobre ela ao entrar ao Parlamento.
martes, 1 de marzo de 2016
luns, 29 de febreiro de 2016
Fotos do VI Congreso Galego das Escolas Asociadas Unesco
Clica na imaxe para ver unha selección de fotos do VI Congreso Galego das Escolas Asociadas Unesco.
Máis novas na Etiqueta Congresos Galegos
domingo, 28 de febreiro de 2016
Conclusións do Obradoiro "Presentacións"
O IES Pazo da Mercé , coa temática de Sostenibilidade , falou do proxecto sobre o "Os incendios e as súas consecuencias". Puxeron como obxectivo mellorar a concienza da conservación da natureza.
O IES Luís Seoane presentaron dous traballos , un sobre a "Igualdade de xénero" e outro sobre o "Patrimonio Mundial". No primeiro, nas investigacións que fixeron atoparon aínda no século XXI, bastantes descompensacións en diferentes ámbitos do traballo. No segundo insistiron na necesidade de conservar o patrimonio para que as seguintes xeracións poideran desfrutar del.
O Colexio Eduardo Pondal trouxo cinco obras representadas con títeres con diferentes temáticas e cos guións elaborados polo propio alumnado. Valorouse en especial o diálogo e a representación dos rapaces participando en todo o proceso das obras.
O CEIP Isidora Riestra apostou pola Solidaridade, homenaxeando ás Patroas Mexicanas, mulleres estas que levan máis de 20 anos axudando ós emigrantes que intentan buscar unha nova vida en Norte América.
O CEP Campolongo presentou tres traballos do ámbito da Sostenibilidade, da conservación do medio, dos animais, uns xa extintos e outros moitos que hai en perigo de extinción, e por último das consecuencias do desxeo do Ártico.
O CEIP San Bieito de Lérez, deleitounos cun fermoso proxecto da "Discrimación contra a raza xitana", pois o dicionario da RAE fala desta en tono ofensivo nunha das súas acepcións, aspecto este que non se pode consentir por ser totalmente inxusto, pois trapaceros " Que con astucias, falsedades y mentiras procura engañar a alguien en un asunto" hainos en todas as razas.
venres, 26 de febreiro de 2016
"Coidando o monte" - IES PAZO DA MERCÉ
Traballo presentado no VI Congreso Galego das Escolas Asociadas Unesco polo IES Pazo da Mercé das Neves (Pontevedra).
Proxecto para concienciar a todos da importancia que ten conservar a natureza, neste caso os nosos montes.
Ver máis traballos do Congreso.
Ver máis traballos do Congreso.
Eu non son trapacero - CEIP San Bieito de Lérez
Brincaletras - O Ártico rompe
Feito con preguntas do alumnado do Ciclo Superior do CEP Campolongo durante o curso 2015-16.
Se primeiro te queres informar antes de xogar podes ver as presentacións: O Ártico rompe - Máis traballos
Se primeiro te queres informar antes de xogar podes ver as presentacións: O Ártico rompe - Máis traballos
Clica na imaxe para xogar
xoves, 25 de febreiro de 2016
Algúns animais Extinguidos do Século XX
Traballos feitos polos irmáns Raposeiras (6ºA) , por Cristian P. S. , Mario Verdeal (6ºD) , Aldara (6ºC)e Cloe R. G (5ºD) (durante o curso 2015-16. Debaixo un vídeo resumo de todos os traballos.
Ver máis
mércores, 24 de febreiro de 2016
VI Congreso Galego da REGAU- "Identidade, Cultura e Diálogo"
Mañá comeza o VI Congreso Escolas Galegas Asociadas á Unesco (REGAU) que se celebrará no Pazo de Cultura de Pontevedra.
Participan as seguintes escolas: Facultade de Educación da UVIGO, Conservatorio de Música de Pontevedra (CMUS) , IES Pedra da Auga, IES Pazo da Mercé, IES Seoane, CPI Eduardo Pondal, CEIP San Bieito de Lérez, CEIP Isidora Riestra, CEP Marcos da Portela e CEP Campolongo.
Participan as seguintes escolas: Facultade de Educación da UVIGO, Conservatorio de Música de Pontevedra (CMUS) , IES Pedra da Auga, IES Pazo da Mercé, IES Seoane, CPI Eduardo Pondal, CEIP San Bieito de Lérez, CEIP Isidora Riestra, CEP Marcos da Portela e CEP Campolongo.
O lema deste Congreso é; "Identidade, Cultura e Diálogo".
Ver o Programa - Obradoiros previstos - Reparto dos obradoiros
Ver máis na Etiqueta Congresos Galegos
sábado, 20 de febreiro de 2016
Cambio Climático - Traballos - O Ártico rompe
Aquí temos varios traballos, un de Diego R. G (6ºD) , outro de Sara S. F. (6ºC), outro de Sara G. de 6ºB, e despois algunhas das preguntas elaboradas para facer un xogo sobre este tema ( Xogo Brincaletras).
Para respostar as preguntas que seguen podes investigar primeiro se queres neste artigo relacionado.
Ver traballo de Sara S. F.
Ver traballo de Sara S. F.
venres, 19 de febreiro de 2016
Rueiro de Pontevedra - Con nome de muller
Traballo feito por Teresa C. de 6ºC do CEP Campolongo durante o curso 2015-16.
Investigando as rúas de Pontevedra vese como as mulleres ata fai pouco tempo foron as esquecidas tamén no rueiro da cidade.
Grupos para os obradoiros do VI Congreso da REGAU (Rede Escolas Galegas Asociadas a UNESCO)
mércores, 17 de febreiro de 2016
Can de Palleiro
Traballo presentado en Word e en Power Point, sobre o Can de Palleiro, can galego en perigo de extinción.
martes, 16 de febreiro de 2016
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)













